Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33216

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2023.

Tanto no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público (Lei 7/2007, do 12 de abril-texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; BOE núm. 261, do 31 de outubro) como o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), establecen a oferta de emprego público como o instrumento de planificación das necesidades de recursos humanos no sector público.

No artigo 12 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), establécese o seguinte:

«Artigo 12. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal

Un. Durante o ano 2023 só se poderá proceder no sector público delimitado no artigo anterior, e no marco do disposto ao respecto na lexislación básica estatal, á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e requisitos establecidos na normativa básica que se estableza ao respecto, e en particular no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.

Dous. Para dar cumprimento aos obxectivos sobre a estabilización do persoal no emprego público, dentro dos acordos asinados pola Administración xeral do Estado e pola Administración xeral da Comunidade Autónoma, aplicaranse as disposicións que se establezan na normativa básica do Estado e o previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Tres. Para a aplicación do disposto neste artigo, a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal adaptarase aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal, así como ao disposto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Catro. Durante o ano 2023 a cobertura de postos de persoal nalgunha das entidades do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, estará suxeita ás limitacións e aos requisitos establecidos na normativa básica.

Co obxecto de posibilitar a adecuada optimización dos recursos humanos existentes no sector público autonómico, e conforme dispón a normativa básica, as mencionadas entidades instrumentais do sector público autonómico poderán efectuar a cobertura de postos con persoal funcionario de carreira, estatutario ou laboral con destino nas consellerías ou nos organismos públicos do sector público estatal, autonómico ou local que dispoña da titulación requirida para o desempeño do posto, garantindo en todo caso a publicidade e a libre concorrencia.

Esta mobilidade xerará o dereito para o persoal do sector público autonómico a seguir percibindo e consolidando, desde a data da toma de posesión no ente, o complemento de antigüidade e a retribución adicional ao complemento de destino na mesma contía que se viña percibindo ou que se teña dereito a percibir no posto de procedencia, así como o cumprimento dos requirimentos e das prescricións contidas nos artigos 58 e 59 da citada lei.

A dita adscrición terá unha duración de dous anos prorrogables, será voluntaria e a persoa funcionaria continuará en activo no seu posto de orixe.

Esta mobilidade xerará o dereito para o persoal do sector público estatal e local a seguir percibindo, desde a data da toma de posesión no ente, o complemento de antigüidade na mesma contía que se viña percibindo ou que se teña dereito a percibir no posto de procedencia, así como o que se estableza nos acordos de reciprocidade entre administracións.

Cinco. A oferta de emprego público, no ámbito a que se refiren as alíneas b), c), d), f), g), h) e i) do artigo 11.un desta lei, aprobaraa o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia, e co informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Seis. A contratación de persoal laboral, así como os nomeamentos de persoal funcionario e estatutario, deben realizarse con carácter fixo, indefinido ou permanente, conforme proceda.

Durante o ano 2023 non se procederá, no sector público da Comunidade Autónoma delimitado no artigo anterior, á contratación de persoal temporal nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal nin de persoal funcionario interino, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, de acordo coas modalidades previstas polo texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, na redacción dada polo Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, polo texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na redacción da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como na restante normativa aplicable. Estas contratacións e nomeamentos restrinxiranse aos sectores, ás funcións e ás categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais.

No ámbito a que se refiren as alíneas b), c), d), f), g), h) e i) do artigo 11.un desta lei será precisa a autorización previa e expresa da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, sen prexuízo do establecido nos artigos seguintes. Para estes efectos, o departamento ou a entidade solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a cobertura do posto non se pode realizar mediante outro sistema e de que resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo».

No artigo 36 do mesmo texto legal, establécese o seguinte:

«Artigo 36. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal do Sistema universitario de Galicia

Un. As universidades públicas integrantes do Sistema universitario de Galicia, respectando as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos, aplicarán a taxa de reposición máxima establecida na normativa básica ditada ao respecto e con suxeición aos límites e requisitos establecidos para os corpos de catedráticas e catedráticos de universidade e de profesores e profesoras titulares de universidade e ás prazas de persoal de administración e servizos.

As correspondentes ofertas de emprego público deberaas autorizar a Consellería de Facenda e Administración Pública, logo de acreditar que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a correspondente universidade nin dos demais límites fixados na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Dous. Dentro das contías máximas autorizadas no artigo 34 desta lei, e de acordo co que dispón a normativa básica en materia de taxa de reposición de efectivos, as universidades do Sistema universitario de Galicia poderán proceder de xeito excepcional á contratación de persoal laboral temporal para cubrir necesidades docentes urxentes e inaprazables.

Substitúese o réxime de autorización previa conxunta polo de comunicación mensual que determinen as consellerías competentes en materia de universidades e orzamentos. Mediante unha resolución destes centros directivos poderase volver ao sistema anterior no caso de que non se realizasen as mencionadas comunicacións ou se incumprisen as condicións recollidas no parágrafo anterior para a subscrición destes contratos».

A oferta de emprego público para 2023 da Universidade da Coruña inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deben prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso tendo en conta o número de xubilacións, excedencias, baixas definitivas e reingresos producidos durante o ano 2022; as prazas especifícanse no anexo I desta resolución.

O artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, prevén a reserva dunha cota non inferior ao 7 % das prazas convocadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, de maneira que, cando menos, o 2 % das prazas ofertadas sexa para ocupalas persoas que acrediten discapacidade intelectual e o resto das prazas ofertadas sexa para cubrilas persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Considéranse persoas con discapacidade as definidas no número 2 do artigo 4 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Deben superar as probas selectivas e acreditar non só a súa discapacidade, senón tamén a compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións da praza, de xeito que se acade progresivamente o 2 % dos efectivos totais de cada Administración pública.

De acordo con todo o exposto, e logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, e conforme o Acordo do Consello de Goberno, do 27 de abril de 2023, polo que se aproba a oferta de emprego público de prazas de persoal funcionario de administración e servizos para o ano 2023, a Reitoría da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público das prazas de persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña para o ano 2023 que constan no anexo I.

Segundo. As prazas ofertadas pola quenda libre constan como vacantes na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Terceiro. As convocatorias dos procesos selectivos e as súas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de maio de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Acceso libre:

Denominación

Escala

Subescala

Subgrupo

Nº prazas

Técnico/a en química

Técnica

Química de materiais plásticos

A1/A2

1

Técnico en prevención de riscos laborais

Técnica

Prevención riscos laborais

A1/A2

1

Arquitecto/a técnico/a

Técnica

Arquitecto/a técnico/a

A1/A2

1

Auxiliar técnico/a de biblioteca

Axudante/auxiliar

---

A2/C1

5

Técnico/a de laboratorio

Técnica

Química

A2/B/C1

1

Posto base de relacións internacionais

Xeral

---

C1/C2

3

Posto base

Xeral

---

C1/C2

13

Auxiliar de servizos

Técnica

Auxiliar de servizos

C2

3

Total de acceso libre

28

Promoción interna:

Denominación

Escala

Subescala

Promoción subgrupo

Nº prazas

Auxiliares de servizo-C2

Técnica

Conserxe

C1

4

Técnico/a audiovisual-C1

Técnica

Medios audiovisuais

A2

1

Analista-programador/a-C1

Técnica

Informática

B

2

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Sanitaria

B

1

Técnico/a informático-C1

Técnica

Informática

B

11

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Electricidade

B

3

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Física

B

1

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Mecánica

B

3

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Química

B

9

Técnico/a de laboratorio-C1

Técnica

Mecánica/eléctrica

B

1

Total promoción interna persoal de administración e servizos UDC 2023

36