Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33430

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 53/2023, do 24 de maio, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, de acordo coas propostas efectuadas polo Sindicato Labrego Galego, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Universidade de Vigo,

DISPOÑO:

Un. Nomear membros titulares do Consello Económico e Social as seguintes persoas:

– Ana Eiras Regueira, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– Elena Rivo López, en representación da Universidade de Vigo.

Dous. Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social as seguintes persoas:

– Ana María Rodríguez Vázquez, en representación do Sindicato Labrego Galego.

– María Dolores Bello Nine, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

– Mónica Villanueva Villar, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e catro de maio de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente