Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33822

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

ANUNCIO da convocatoria para a contratación dun/dunha axente de aparcadoiro.

O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión que tivo lugar o 22 de maio de 2023, aprobou as bases reguladoras para a contratación dun/dunha axente de aparcadoiro.

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, na epígrafe Convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente de TUSSA