Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 3 de maio de 2023, aprobouse a oferta de emprego público ordinaria deste concello para o ano 2023, que contén a seguinte praza:

Funcionario pertencente á escala da Administración Xeral, subescala administrativa, correspondente ao grupo C1.

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao seu dereito.

Vilar de Barrio, 8 de maio de 2023

Manuel Conde Gómez
Alcalde