Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 33837

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de maio de 2023 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Resolución do 14 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño) fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O Consello Social da Universidade de Vigo remite a Resolución reitoral do 11 de maio de 2023 pola que se nomea a María José Bravo Bosch como secretaria xeral da dita universidade en substitución de Miguel Ángel Michinel Álvarez.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Vigo a María José Bravo Bosch, secretaria xeral da Universidade de Vigo, en substitución de Miguel Ángel Michinel Álvarez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades