Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34303

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2023 pola que se regulan os procedementos de prestación de servizos especiais de manipulación de carga e á pasaxe, e de desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques e mercadorías, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos nos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento IF504A, IF504B, IF504C, IF504D e IF504E).

Antecedentes.

De acordo cos artigos 148.1.6 e 149.1.20 da Constitución española, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 27.9 que corresponde á Comunidade Autónoma galega, dentro do seu ámbito territorial, a competencia exclusiva en materia de portos non cualificados de interese xeral polo Estado, portos de refuxio e portos deportivos, ao mesmo tempo que no seu artigo 28.6 atribúe á propia Comunidade Autónoma a competencia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado, nos termos que esta estableza, en canto aos portos pesqueiros.

Consonte estas previsións constitucionais e estatutarias, o Real decreto 3214/1982, do 24 de xullo, e o Decreto do Consello da Xunta de Galicia 167/1982, do 1 de decembro, tramitaron a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do marco de competencias do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, das funcións e servizos relativos a todos os portos e instalacións portuarias, suxeitos ou non a réxime de concesión, non cualificados de interese xeral polo Estado no Real decreto 989/1982, do 14 de maio, e aos de refuxio e deportivos existentes no seu ámbito territorial.

O 14.6.2018 entrou en vigor a Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG do 14 de decembro), que derroga a Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia.

A Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, conta co título V, Réxime xeral da prestación de servizos e do desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, e dentro deste título inclúense dous capítulo: capítulo I, Dos servizos, e capítulo III, Das actividades comerciais e industriais e doutra natureza.

Son servizos portuarios as actividades de prestación de interese xeral que se executen nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para atender as necesidades e exixencias da explotación portuaria en condicións de seguridade, eficacia, eficiencia, calidade, regularidade, continuidade, non discriminación e respecto ao ambiente.

Os servizos portuarios clasifícanse en servizos xerais do porto, dos cales a súa prestación está reservada a Portos de Galicia, e servizos especiais, que prestan operadores privados baixo o principio de libre competencia, nos termos e coas limitacións establecidas na Lei 6/2017 de portos de Galicia, no seu artigo 118.

Segundo o disposto no artigo 115, a prestación dos servizos portuarios especiais corresponde ao sector privado en réxime de competencia e require a solicitude previa da persoa interesada, agás as excepcións previstas na Lei 6/2017.

Dentro dos servizos portuarios tipificados na citada lei, esta resolución refírese á prestación dos seguintes:

• O servizo de actividades de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías.

• O servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos en réxime de autoprestación, en infraestruturas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, no artigo 124 da Lei 6/2017 regulase a realización das actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadas por terceiros, establecendo que por razóns de control de espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturas portuarias para asumir a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario, sexan ou non de carácter portuario, requirirá a obtención dunha autorización que outorgará Portos de Galicia e que se supeditará a que se trate de usos permitidos no dominio público portuario de acordo co previsto nesa lei e na restante normativa de aplicación.

Dentro destas actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, esta resolución refírese aos procedementos das seguintes actividades:

• Actividade comercial portuaria de consignación de buques en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Actividades comerciais de posta á disposición de medios mecánicos en portos e instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

A prestación de servizos portuarios e o desenvolvemento de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestadas por terceiros será realizada, ademais de segundo o disposto na Lei 6/2017, de portos de Galicia, polo Regulamento de servizo e policía e pola Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa complementaria, supletoria e de desenvolvemento en materia tributaria.

O Goberno da Xunta de Galicia ten dentro dos seus eixes de actuación impulsar a modernización e a innovación tecnolóxica co obxecto de potenciar a mellora da calidade do servizo ofrecido á cidadanía, convertendo a Xunta de Galicia nun modelo de referencia para o desenvolvemento da sociedade da información en Galicia en todos os seus ámbitos

Pola súa banda, o artigo 6 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro), estableceu que as disposicións de carácter xeral que regulen procedementos por instancia de parte, as bases reguladoras e as convocatorias de subvencións, así como o establecemento de servizos aos cidadáns e aos empregados públicos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e demais entidades integrantes do sector público autonómico, deberán contar cun informe tecnolóxico e funcional favorable emitido conxuntamente polos órganos con competencias horizontais en materia de administración electrónica e simplificación de procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, supoñen o escenario normativo base para a consolidación da administración dixital nas administracións públicas e, polo tanto, tamén na Administración xeral e sector público autonómico de Galicia.

Por todo iso de cara á simplificación de documentos e trámites, redución de cargas administrativas aos particulares e facilidade de acceso e información á realización de trámites administrativos, de acordo con todo o indicado e en virtude das atribucións conferidas no artigo 12.3.k) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Regular os procedementos de autorización de prestación dos seguintes servizos no ámbito dos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia:

• Autorización de prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías (código de procedemento IF504A).

• Autorización de autoprestación do servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos (código de procedemento IF504B).

Os procedementos de solicitude e autorización rexéranse segundo as cláusulas incorporadas a esta resolución e os pregos aprobados polo Consello Reitor de Portos de Galicia o 31.3.2021, publicados no DOG núm. 210, do 2 de novembro, e, se é o caso, nas súas modificacións posteriores debidamente aprobadas.

Segundo. Regular os procedementos de autorización, incluídos os correspondentes pregos de condicións que rexerán a autorización, das actividades comerciais, industriais ou doutra natureza en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia seguintes:

• Autorización de actividade comercial portuaria de consignación de buques (código de procedemento IF504C).

• Autorización de actividade comercial portuaria de posta á disposición de medios mecánicos (código de procedemento IF504D).

• Autorización de actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres (código de procedemento IF504E).

Os procedementos de solicitude e autorización rexéranse segundo as cláusulas e os pregos de condicións aprobados e os que se inclúen como anexos XIV, XV e XVI nesta resolución para a súa aprobación e, se é o caso, nas súas modificacións posteriores debidamente aprobadas.

Terceiro. Abrir o prazo de presentación de solicitudes, dos cinco procedementos, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, que quedará aberto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Mediante este documento notifícase esta resolución segundo o exixido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

Cláusulas que regulan os procedementos

Primeira. Normativa

A normativa de aplicación para a autorización de prestación de certos servizos portuarios e de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, é a seguinte:

– Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (soamente de aplicación no procedemento IF504B.- autoprestación do servizo á pasaxe).

– Real decreto 131/2019, do 8 de marzo, polo que se desenvolve a obriga de consignación de buques (soamente no procedemento IF504C, de actividade comercial portuaria de consignación de buques).

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

En todo caso, no suposto de diverxencia entre o presente clausulado e a normativa de aplicación prevalecerá a normativa vixente.

Segunda. Obxecto e ámbito de aplicación

O obxecto é regular os procedementos de autorización de prestación de certos servizos portuarios e de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Concretamente, regúlanse os seguintes procedementos:

I. Prestación de servizos especiais:

• Prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías (código de procedemento IF504A).

• Autoprestación do servizo á pasaxe nas infraestruturas portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IF504B).

II. Actividades comerciais, industriais ou doutra natureza:

• Actividade comercial portuaria de consignación de buques (código de procedemento IF504C).

• Actividades comerciais portuarias de posta á disposición de medios mecánicos (código de procedemento IF504D).

• Actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres (código de procedemento IF504E).

Os procedementos de autorización de prestación de servizos (códigos IF504A e IF504B), regúlanse polo disposto nos artigos 115 a o 123 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, e os pregos de condicións xerais aprobados e publicados no DOG número 210, do 2 de novembro de 2021.

Os procedementos de autorización de actividades comerciais, industriais e doutra natureza (códigos IF504C, IF504D e IF504E) regúlanse polo disposto no artigo 124 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, e os pregos de condicións xerais incluídos nos anexos XIV, XV e XVI, respectivamente.

Exclúense do presente procedemento as autorizacións de prestacións de servizos cando estea limitado o número de prestadores, segundo o disposto no artigo 119 da Lei 6/2017, de portos de Galicia. Neste caso as autorizacións outorgaranse por concurso público.

Tamén se exclúe destes procedementos o suposto no cal a prestación por terceiros de servizos portuarios especiais ou de actividade comercial industrial ou doutra natureza precise o outorgamento dunha concesión ou autorización de ocupación do dominio público portuario. Ambas as relacións serán obxecto dun expediente único de ocupación de dominio público, e a autorización incorporarase á concesión ou autorización de ocupación. Neste caso deberá presentarse a solicitude polo procedemento específico de concesión ou autorización de ocupación de dominio público.

No suposto de que os medios mecánicos, sexan fixos, móbiles ou restrinxidos, estean vinculados á actividade de servizo especial de manipulación de carga, a solicitude realizarase empregando o procedemento específico (con código IF504A) de manipulación de carga e quedarán integrados nesta tipoloxía de autorización.

O ámbito de aplicación será en calquera dos portos xestionado pola Comunidade Autónoma, onde existan condicións axeitadas para a prestación dos ditos servizos ou actividades.

Terceira. Órgano competente

A resolución dunha autorización para prestación de servizos portuarios e a realización de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto no artigo 12.3.k) da Lei 6/2017, será competencia do titular da Presidencia de Portos de Galicia.

Cuarta. Condicións e prazo de vixencia das autorizacións de prestación de servizos de manipulación da carga e de servizo á pasaxe (códigos de procedemento IF504A e IF504B)

Regúlase mediante o procedemento con código IF504A a prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías, e mediante o procedemento con código IF504B a autoprestación do servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Os prestadores dos servizos deberán cumprir as obrigas de servizo público previstas nos pregos reguladores coa finalidade de garantir a súa prestación en condicións de seguridade, continuidade, regularidade, cobertura, calidade e prezo razoable, así como respecto ao ambiente.

As autorizacións outorgaranse con carácter específico e individualizado para cada un dos servizos enumerados.

Recoñécese o libre acceso á prestación dos servizos portuarios especiais en réxime de competencia sen máis limitacións que as establecidas na Lei 6/2017. Cando non estea limitado o número de prestadores, todas as persoas interesadas na prestación do servizo que reúnan os requisitos establecidos na Lei 6/2017, nos pregos de condicións e nos presentes procedementos (procedementos con código IF504A e IF504B) poderán optar á súa prestación, logo da presentación da solicitude en calquera momento e do outorgamento por Portos de Galicia da correspondente autorización.

O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a prestación de servizos portuarios especiais será de 15 anos e, concretamente:

Para o procedemento con código IF504A, de prestación do servizo de manipulación da carga, o prazo será de 5 anos, prorrogable de 5 en cinco anos ata un prazo máximo de 15 anos, no suposto de que non exista investimento relevante. No suposto de propoñer un investimento relevante vinculado á prestación do servizo podería proporse un prazo maior en función da inversión previsto. As condicións da autorización prorrogada axustaranse á normativa de aplicación e prego regulador da actividade vixentes nese momento, así como ás condicións particulares que, de ser o caso, se establezan.

Para o procedemento con código IF504B, de autoprestacións do servizo á pasaxe, tendo en conta as limitacións de infraestruturas de atracada, de xeito xeral o prazo máximo de vixencia das autorizacións non poderá exceder os dous (2) anos para aquelas autorizacións que se correspondan con liñas de transporte de carácter regular permanente, prorrogables por períodos sucesivos de dous (2) en dous anos ata un máximo de dez (10) anos. Así mesmo, de xeito xeral, o período de vixencia será dun (1) ano para as de carácter regular de tempada, turísticas con e sen permanencia e as discrecionais, que serán prorrogables por períodos sucesivos, tamén ordinariamente dun (1) ano, ata un máximo de dez (10) anos, agás que se prohiba expresamente nas condicións particulares da autorización.

Cando non exista limitación do número de prestadores, ambas as tipoloxías de autorización poderán ser renovadas logo da solicitude da persoa interesada cunha antelación mínima de tres (3) meses antes do vencemento da autorización, e sempre que a persoa titular cumpra cos requisitos vixentes de regulación do servizo. A renovación débese solicitar empregando os formularios dos anexos I ou III dos procedementos con código IF504A e IF504B, indicando no recadro correspondente que se trata dunha prorroga, e non será necesario achegar a documentación xa presentada que manteña a súa vixencia nin tampouco nova garantía.

Para o outorgamento da renovación, que constitúe unha facultade discrecional de Portos de Galicia, teranse particularmente en conta criterios motivados de explotación portuaria relacionados coa demanda de espazos existentes e, igualmente, coa optimización e rendibilidade dos ditos espazos considerando o grao de actividade e aproveitamento desenvolto pola empresa solicitante da prórroga durante a vixencia da autorización. Valorarase, polo tanto, a actividade realizada pola entidade solicitante, o cumprimento dos tráficos mínimos e a dispoñibilidade das infraestruturas.

Transcorrido o prazo de tres meses desde a entrada da solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia para a súa tramitación sen que se notificase a resolución expresa, entenderase outorgada a renovación.

As autorizacións poderán ser transmitidas, logo da autorización de Portos de Galicia, sempre que se faga a favor dunha persoa física ou xurídica e que as persoas que realizan a transmisión e as adquirentes cumpran os requisitos establecidos nas prescricións reguladoras do servizo.

As autorizacións de prestación de servizos especiais de carga de mercadoría outorgaranse segundo o prego de condicións xerais vixente na actualidade, ou as súas futuras modificacións. Os pregos vixentes foron aprobados polo Consello Reitor de Portos de Galicia o 31.3.2021, segundo o disposto no artigo 116.2 da Lei 6/2017, de portos de Galicia. En ambos os pregos refíctense as condicións xerais que rexerán as autorizacións e, ademais, poderanse incorporar outras condicións particulares segundo as características do servizo, a tramitación do expediente ou por calquera outro motivo que considere oportuna a súa inclusión.

Para as autorizacións de servizo especial de autoprestación de pasaxe, no formulario de solicitude deberase indicar aquela/s embarcación/s que operarán habitualmente como base e aquelas que o farán como substitución da/das anterior/es, e indicarase para cada unha delas se se solicita atracada no porto unha vez finalizado o servizo. Portos de Galicia realizará unha asignación das prazas solicitadas en función das características da embarcación, da dispoñibilidade de infraestruturas de atracada de cada porto, do compromiso de tráfico realizado pola empresa, da data e hora da solicitude correctamente formalizada e, no suposto de que persista o empate, por sorteo.

Tamén se deberá indicar na solicitude se se solicita a instalación dunha caseta portátil ou a instalación dun caixeiro automático para realizar a venda de billetes vinculada ao servizo solicitado. Portos de Galicia definirá en cada porto a localización, número, características e dimensións máximas das ditas casetas e caixeiros. Unicamente se permitirá a instalación dunha caseta por empresa, agás causa xustificada, e darase prioridade ás empresas que realicen dentro dos seus servizos os regulares suxeitos á inscrición no REOTM. A autorización para a prestación do servizo incorporará, se é o caso, a autorización para a instalación dunha caseta ou dun caixeiro. No caso de que exista maior demanda que localizacións designadas realizarase a adxudicación segundo o compromiso de tráfico realizado pola empresa, a data e hora da solicitude correctamente formalizada e, no suposto de que persista o empate, por sorteo.

Unha vez autorizado o servizo especial de autoprestación de pasaxe, no suposto de solicitar un cambio de embarcación/s ou de horarios de atracada para embarque e desembarque, deberase presentar unha solicitude complementaria, posterior á fase de solicitude, e achegarase aquela documentación que non fose presentada con anterioridade relativa ao cambio solicitado, empregando a opción de «modificación ou mellora voluntaria da solicitude» dispoñible na Carpeta cidadá no expediente correspondente. Estes cambios poderán ser autorizados sempre e cando non afecten autorizacións vixentes doutras operadoras.

Cando se conte cunha autorización para realizar un transporte de tipo discrecional que non estea, por tanto, suxeita nin a calendario nin a horarios predeterminados, será en todo caso preciso solicitar da xefatura de zona autorización para cada servizo concreto de atracada que se queira prestar, cunha antelación mínima de 2 días cando o buque figure na autorización. Para iso deberá empregarse o modelo de comunicación incluído no anexo IV (Comunicación de prestación de servizo discrecional previamente autorizado) do procedemento con código IF504B. Se o servizo se quere prestar con outra embarcación deberase proceder segundo o indicado no parágrafo anterior.

No suposto de que se dispoña dunha autorización con vixencia igual ou superior a un ano pero non se solicitase a prestación do servizo durante o período completo, senón por tempadas, poderase solicitar á xefatura de zona a ampliación/modificación da datas de prestación efectiva do servizo, empregando o anexo V do procedemento con código IF504B (Comunicación de solicitude de modificación de período de prestación efectivo do servizo). A dita solicitude considerarase autorizada se nun prazo máximo de 15 días hábiles non recibe comunicación en contra da xefatura de zona correspondente. Esta ampliación da prestación levará implícita a modificación dos períodos de devindicación das taxas, se é o caso.

En ambos os procedementos, unha vez outorgada a autorización, deberá xustificarse a formalización dun seguro de responsabilidade civil, coas contías indicadas na resolución do outorgamento. Para iso deben empregarse os formularios (posteriores á solicitude) incluídos nos anexos II e VI dos procedementos con código IF504A e IF504B, respectivamente.

Quinta. Condicións e prazo de vixencia das autorizacións de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos (códigos de procedemento IF504C, IF504D e IF504E)

Regúlase mediante o procedemento con código IF504C a actividade comercial de consignación de buques, mediante o procedemento con código IF504D a actividade comercial portuaria de posta á disposición de medios mecánicos, e mediante o procedemento con código IF504E a actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Con carácter xeral, as actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestaranse en réxime de concorrencia, e o prazo máximo das autorizacións será de cinco anos prorrogable de cinco (5) en cinco (5) ata un máximo de quince (15) anos.

As autorizacións de actividades comerciais, industriais e doutra natureza outorgaranse segundo os modelos de pregos vixentes, que son os incluídos nos anexos XIV (IF504C), XV (IF504D) e XVI (IF504E). Nos ditos pregos reguladores reflíctense as condicións xerais que rexerán as autorizacións e pódense incorporar, ademais, outras condicións particulares segundo as características da actividade que se autoriza, a tramitación do expediente ou por calquera outro motivo que se considere oportuna a súa inclusión.

As autorizacións poderán ser renovadas logo da solicitude da persoa interesada. As prórrogas serán concedidas de maneira discrecional por Portos de Galicia, e requirirán a solicitude polo seu titular dous (2) meses antes da expiración do prazo da autorización, e sempre que a persoa titular cumpra cos requisitos vixentes de regulación do servizo. A renovación débese solicitar empregando o formulario dos anexos VII (IF504C), IX (IF504D) e XI (IF504E), de solicitude de cada procedemento, indicando no recadro correspondente que se trata dunha prórroga, e non será necesario achegar a documentación xa presentada que manteña a súa vixencia, nin tampouco precisa achegar nova garantía. As condicións da autorización prorrogada axustaranse á normativa de aplicación e ao prego regulador da actividade vixentes nese momento, así como ás condicións particulares que, de ser o caso, se establezan.

Nos tres procedementos, unha vez outorgada a autorización deberá xustificarse a formalización dun seguro de responsabilidade civil, coas contías indicadas na resolución de outorgamento. Para iso deben empregarse os formularios (posteriores á solicitude) incluídos nos anexos VIII, X e XIII dos procedementos con código IF504C, IF504D e IF504E, respectivamente.

No procedemento con código IF504E, con posterioridade á resolución de outorgamento, segundo o disposto no prego xeral incluído no anexo XVI, deberá declararse a prestación de cada subministración con carácter previo á súa realización empregando o formulario do anexo XII (declaración previa de subministración de combustible e/ou lubricante a granel a buques e instalacións portuarias mediante medios móbiles terrestres).

Sexta. Iniciación do procedemento de outorgamento

Segundo o disposto nos artigos 119 e 124 da Lei 6/2017, o procedemento para o outorgamento das autorizacións poderase iniciar por solicitude da persoa interesada, empregando o procedemento correspondente ao tipo de autorización.

Os formularios de solicitude de cada procedemento está á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, e son, para cada un deles, os que se relacionan a continuación:

• Anexo I, formulario de solicitude do procedemento con código IF504A.

• Anexo III, formulario de solicitude do procedemento con código IF504B.

• Anexo VII, formulario de solicitude do procedemento con código IF504C.

• Anexo IX, formulario de solicitude do procedemento con código IF504D.

• Anexo XI, formulario de solicitude do procedemento con código IF504E.

Con carácter xeral, as actividades comerciais, industriais ou doutra natureza prestaranse en réxime de concorrencia e, no caso das actividades comerciais e industriais de carácter portuario, Portos de Galicia adoptará as medidas encamiñadas a promover a competencia.

Non obstante, sempre que por calquera causa se encontre limitado o número de prestadores, unicamente aplicable ás autorizacións de servizos especiais, acudirase á convocatoria dun concurso para o efecto.

Sétima. Solicitantes a que van dirixidos os procedementos

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas, así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Oitava. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) .

O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. O prazo de presentación quedará aberto.

Novena. Tramitación da solicitude

Recibida a solicitude de autorización, Portos de Galicia examinaraa e, se non reúne os requisitos ou non vai acompañada dos documentos exixidos, requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude.

Entenderase que desiste da solicitude cando o solicitante non atenda o requirimento de emenda da documentación realizado por Portos de Galicia no prazo establecido para iso.

A solicitude presentada realizarase para un porto ou varios, en función do procedemento e da actividade solicitada, concretamente:

Prestación de servizos especiais:

• Prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías (código de procedemento IF504A). Poderá solicitarse a prestación do servizo en varios portos nunha mesma solicitude. Non obstante, no suposto de que se soliciten varios portos localizados en diferentes zonas de Portos de Galicia deberá formalizarse unha solicitude independente para o grupo de portos de cada zona.

• Autoprestación do servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos (código de procedemento IF504B). Presentarase solicitude individual para cada porto, agás que se trate dunha ruta con orixe destino en portos diferentes, e en ambos os casos sexan portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actividades comerciais, industriais ou doutra natureza:

• Actividade comercial portuaria de consignación de buques (código de procedemento IF504C). Poderá solicitarse para varios portos nunha mesma solicitude. Non obstante, no suposto de que se soliciten varios portos localizados en diferentes zonas de Portos de Galicia deberá formalizarse unha solicitude independente para o grupo de portos de cada zona.

• Actividade comercial portuaria de posta á disposición de medios mecánicos (código de procedemento IF504D). Presentarase solicitude individual para cada porto.

• Actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres (código de procedemento IF504E). Poderá solicitarse para varios portos nunha mesma solicitude. Non obstante, no suposto de que se soliciten varios portos localizados en diferentes zonas de Portos de Galicia deberá formalizarse unha solicitude independente para o grupo de portos de cada zona.

Décima. Documentación complementaria do procedemento con código IF504A, de prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Anexo I, modelo de solicitude, procedemento con código IF504A.

• Acreditación da solvencia económica e financeira: no suposto de que o solicitante non poida acreditar un volume anual de negocio, referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos enteiros dispoñibles, cunha contía non inferior a 100.000 €, deberá achegar xustificante de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais por importe igual ou superior ás contías indicadas anteriormente.

• A acreditación de solvencia realizase mediante declaración efectuada no propio modelo de solicitude e Portos de Galicia poderá requirir aqueles documentos que considere oportunos para a súa comprobación.

• Documentación gráfica onde se localice a superficie solicitada para depósito da maquinaria, que inclúa plano en coordenadas UTM.

• Documento técnico correspondente á instalación da acometida de subministración de enerxía eléctrica para o medio mecánico, agás que esta instalación xa estea dispoñible ou non se precise.

• Documentación gráfica identificativa de cada un dos medios mecánicos que se solicita manipular no porto, que inclúa detalles técnicos e fotografías xerais e de detalle. Deberá achegarse detalle da chapa identificativa de cada medio mecánico co seu número de serie.

• Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de ambiente.

• Documentación xustificativa de ter constituído garantía na Caixa Xeral de Depósitos de 12.000 € (non necesaria en caso de prórroga). No suposto de presentar solicitudes en varias zonas admitirase a achega do mesmo depósito de fianza para todas as solicitudes.

• Persoa xurídica: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

• Persoa xurídica: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo primeira. Documentación complementaria do procedemento con código IF504B de autoprestación de servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Anexo III, modelo de solicitude, procedemento IF504B.

• Folla de asento de cada un do/dos buque/s no rexistro marítimo español do Ministerio de Fomento.

• Certificado/informe da administración marítima de aptitude do buque/embarcación para realizar o servizo de pasaxe solicitado, incluídos os de substitución, de acordo coas exixencias de seguridade marítima e no cal quede constancia do número máximo de pasaxeiros permitidos.

• Certificados de navegabilidade do buque proposto para realizar o servizo e, se é o caso, dos que se propoñan en substitución.

• Documentación técnica descritiva dos medios de que dispón a embarcación para garantir a eliminación de barreiras no embarque/desembarque, que inclúa planos e fotografías das pasarelas de acceso, ramplas ou outros equipamentos.

• No suposto de solicitar instalación de punto de venda de billetes: documentación descritiva do punto de venda solicitado, sexa unha caseta ou un caixeiro, con indicación das dimensións, características, material e tipoloxía. Deberán achegarse fotografías e/ou documentación gráfica reflectida en catálogos.

• Acreditación da solvencia económica e financeira: no suposto de que o solicitante non poida acreditar un volume anual de negocio, referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos anos enteiros coas contías mínimas indicadas a continuación para cada tipo de tráfico, deberá achegar xustificante de ter formalizado un seguro de indemnización civil por riscos profesionais por importe igual ou superior ás citadas contías:

Tráfico regular: 165.000 €.

Tráfico regular de tempada: 120.000 €.

Tráfico turístico con continuidade 75.000 €.

Tráfico turístico sen continuidade: 22.500 €.

Tráfico discrecional e/ou realizado con embarcación da 6ª lista de ata 12 pasaxeiros: 10.000 €.

A acreditación de solvencia realízase mediante declaración efectuada no propio modelo de solicitude e Portos de Galicia poderá requirir aqueles documentos que considere oportunos para a súa comprobación.

• No suposto de que se utilice un posto de atracada localizado no ámbito dunha concesión, deberá achegar precontrato de cesión ou compromiso de formalizar contrato de uso, o cal non terá que ser en exclusividade.

• Persoas xurídicas: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

• Persoas xurídicas: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

• Inscrición no rexistro de empresas operadoras do transporte marítimo.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo segunda. Documentación complementaria do procedemento con código IF504C, da actividade comercial portuaria de consignación de buques

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Anexo VII, modelo de solicitude, procedemento IF504C.

• Documentación xustificativa de ter constituído garantía na Caixa Xeral de Depósitos de 3.000 € por cada porto solicitado cun máximo de 21.000 € (non necesaria en caso de prórroga). No suposto de presentar solicitudes en varias zonas admitirase a achega do mesmo depósito de fianza para todas as solicitudes.

• Persoas xurídicas: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

• Persoas xurídicas: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

• Certificado de inscrición no rexistro de consignatarios.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceira. Documentación complementaria do procedemento con código IF504D, da actividade comercial de posta á disposición de medios mecánicos

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :

• Anexo IX, modelo de solicitude, procedemento IF504D.

• Plano da parcela onde se localiza a superficie solicitada para realizar a actividade e/ou para o depósito do/dos medio/s mecánico/s en coordenadas UTM.

• Documento técnico correspondente á instalación da acometida de subministración de enerxía eléctrica para o medio mecánico, agás que esta instalación xa estea dispoñible ou non se precise.

• Cando o obxecto da autorización sexa a posta á disposición dun medio mecánico con finalidade comercial para prestar a terceiros: información económico-financeira da actividade que se vai desenvolver, que deberá incluír o réxime tarifario e a previsión xustificada do importe neto anual da cifra de negocio mediante declaración no formulario.

• Documentación gráfica identificativa de cada un dos medios mecánicos que se solicita manipular no porto, que inclúa detalles técnicos e fotografías xerais e de detalle. Deberá achegarse detalle da chapa identificativa de cada medio mecánico co seu número de serie.

• Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de ambiente.

• Persoas xurídicas: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

• Persoas xurídicas: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo cuarta. Documentación complementaria do procedemento IF504E, de actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

• Anexo XI, modelo de solicitude, procedemento IF504E.

• Documentación xustificativa de ter constituído garantía na Caixa Xeral de Depósitos de 6.000 € por porto solicitado, cun importe mínimo de 50.000 € (non necesaria en caso de prórroga). No suposto de presentar solicitudes en varias zonas admitirase a achega do mesmo depósito de fianza para todas elas sempre e cando o seu importe depositado cubra os 6.000 € por porto solicitado. Na garantía deben indicarse expresamente os portos solicitados.

• Certificado/s ADR do/dos vehículo/s con que se vaia realizar a subministración.

• Acreditación de habilitación de conselleiro/s de seguridade designados pola empresa ante as autoridades de transporte.

• Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de ambiente, mediante a presentación dunha ficha descritiva e identificación dos riscos e as medidas e medios anticontaminación previstos en cada un dos portos solicitados.

• Información descritiva do kit de emerxencias anticontaminación que se instalará obrigatoriamente en cada porto autorizado, con indicación do seu contido en produtos e cantidade, descrición xeométrica do contedor para aloxar o kit e documentación gráfica que reflicta a localización proposta en cada porto, en coordenadas UTM.

• Plano/s de localización do punto de subministración e itinerario de entrada/saída do/s porto/s propostos.

• Persoas xurídicas: escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

• Persoas xurídicas: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo quinta. Comprobación de datos dos procedementos con código IF504A, IF504B, IF504C, IF504D e IF504E

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI/NIE da persoa solicitante.

• DNI/NIE da persoa representante.

• Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

• Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

• NIF da entidade solicitante.

• NIF da entidade representante.

• Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

• Certificado de domicilio fiscal.

• Imposto de actividades económicas (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo sexta. Resolución da solicitude

1. Recibidas as solicitudes, e unha vez analizados a documentación achegada e o cumprimento dos requisitos impostos pola lexislación vixente e nos pregos reguladores, incluídos os requisitos técnicos e humanos no caso das autorizacións de prestación de servizos, Portos de Galicia resolverá a solicitude autorizándoa ou denegándoa.

2. O prazo máximo para resolver o expediente será de tres (3) meses; transcorrido este sen que se dite resolución expresa, a correspondente solicitude entenderase desestimada.

3. As resolucións tanto de autorización como de denegación deberán ser motivadas; en calquera caso, Portos de Galicia reserva para si a facultade discrecional de rexeitar solicitudes ou modificar sensiblemente o seu contido, cando razóns estritas de explotación portuaria fagan imposible outorgar unha autorización ou motiven o seu outorgamento baixo condicións distintas das solicitadas.

Décimo sétima. Aboamento das taxas portuarias

A persoa titular da autorización deberá aboar a taxa portuaria vixente en cada momento aplicable polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos, incluídas na Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Estas taxas serán fixadas na autorización en función da actividade autorizada.

Tamén será de aplicación, no suposto de que se ocupe superficie de xeito puntual, a taxa E-2 de ocupación de superficie ou a taxa E-3 se se emprega o servizo de subministración de auga e electricidade da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras.

Décimo oitava. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo novena. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira. Actualización de modelos normalizados

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, o/os modelo/s normalizado/s aplicable/s na tramitación do/dos procedemento/s regulado/s nesta disposición, poderá/n ser actualizado/s co fin de mantelo/s adaptado/s á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación do/dos modelo/s actualizado/s na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estará/n permanentemente accesible/s para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Anexo I: Solicitude (procedemento IF504A).

Anexo II: Certificado de formalización do seguro de responsabilidade civil (procedemento IF504A).

Anexo III. Solicitude (procedemento IF504B).

Anexo IV. Comunicación da prestación de servizo discrecional previamente autorizado (procedemento IF504B).

Anexo V. Comunicación de solicitude de modificación de período de prestación efectivo do servizo (procedemento IF504B).

Anexo VI. Certificado de formalización do seguro de responsabilidade civil e obrigatorio de viaxeiros (procedemento IF504B).

Anexo VII. Solicitude (procedemento IF504C).

Anexo VIII. Certificado de formalización do seguro de responsabilidade civil (procedemento IF504C).

Anexo IX. Solicitude (procedemento IF504D).

Anexo X. Certificado de formalización do seguro de responsabilidade civil (procedemento IF504D).

Anexo XI. Solicitude (procedemento IF504E).

Anexo XII. Declaración previa de subministración de combustible e/ou lubricante a granel a buques e instalacións portuarias mediante medios móbiles terrestres (procedemento IF504E).

Anexo XIII. Certificado de formalización do seguro de responsabilidade civil (procedemento IF504E).

Anexo XIV. Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións administrativas de actividade comercial portuaria de consignación de buques en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemento IF504C.

Anexo XV. Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións administrativas de actividades comerciais de posta á disposición de medios mecánicos en portos e instalacións portuarias da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemento IF504D.

Anexo XVI. Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións administrativas de actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres en portos de instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia, procedemento IF504E.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XIV

Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións
administrativas de actividade comercial portuaria de consignación de buques
en portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade
Autónoma de Galicia, procedemento con código IF504C

1. Ámbito de aplicación.

O presente prego será de aplicación ao exercicio, en réxime de libre concorrencia, da actividade dos axentes consignatarios de buques, no ámbito territorial dos portos e instalacións portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, coas modificacións que se poidan producir no futuro e con inclusión de todos os espazos e instalacións que se xestionen mediante concesión ou autorización.

A autorización de consignación poderá outorgase para o desenvolvemento da actividade nun só porto ou en varios portos agrupados nunha mesma resolución.

Salvo nos portos de Ribadeo, Viveiro-Celeiro, Burela, Cariño, Brens-Cee, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, unicamente se poderán consignar embarcacións ou buques pesqueiros non españois pertencentes ao territorio alfandegueiro comunitario (TAC) da Unión Europea. Os portos onde se poderá realizar a descarga de pesca fresca por parte de buques non españois serán os habilitados para o efecto.

O exercicio da dita actividade queda suxeito ás disposicións do presente prego e, de ser o caso, ás condicións particulares que determine Portos de Galicia.

2. Fundamentos legais.

O presente prego apróbase ao abeiro da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia e da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, será de aplicación o disposto na Lei 14/2014, do 24 de xullo, de navegación marítima, e no Real decreto 131/2019, do 8 de marzo, polo que se desenvolve a obriga de consignación de buques, incluíndo non soamente os portos de titularidade estatal, senón tamén os de titularidade autonómica.

No non disposto neste prego de condicións xerais e nas condicións particulares que, de ser o caso, se establezan, será de aplicación a citada normativa autonómica e o Regulamento de servizo e policía dos portos vixente en cada momento, na actualidade o aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

No non previsto no prego e na normativa citada será de aplicación a lexislación estatal aplicable na materia, en todo aquilo que non sexa incompatible coa lexislación autonómica, concretamente no texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro.

O contido das presentes condicións xerais e das particulares que se establezan é, en todo caso, complementario e non substitutivo de calquera normativa legal vixente en cada momento que afecte o dominio público portuario e as actividades que nel se desenvolven.

3. Consignatario de buques.

Enténdese por consignatario de buques a persoa natural ou xurídica que se ocupa, por conta do armador ou do navieiro, en cuxo nome e representación actúa, das xestións materiais e xurídicas necesarias para o despacho e demais atencións ao buque en porto.

Para que o consignatario de buques teña esta consideración xurídica nas súas relacións con Portos de Galicia deberá estar debidamente autorizado expresamente por Portos de Galicia.

Obrigación de consignación para os buques nacionais. Os buques abandeirados en España, cando fagan escala nun porto español en que o armador ou navieiro non dispoña de consignatario dentro da súa propia organización para atender as súas xestións fronte á Administración marítima e a autoridade portuaria correspondente, así como fronte ao resto de administracións públicas que exerzan as súas funcións e controis nos portos, deberán contar cun consignatario que cumpra cos requisitos previstos no Real decreto 131/2019. Quedan exceptuadas desta obrigación as embarcacións de pesca e de recreo.

Obrigación de consignación para os buques estranxeiros. Todo buque estranxeiro deberá ter un consignatario nos portos nacionais, con excepción das embarcacións de recreo, que poderán ser representadas directamente polo seu propietario ou capitán.

O consignatario de buques desenvolverá, entre outras, as seguintes funcións, cando non sexan desenvoltas directamente polo navieiro ou propietario do buque ou polo seu capitán, referidas ao buque consignado e no porto ou portos en que teña encargada a consignación:

a) Solicitar a escala do buque conforme os procedementos normativos en cada momento, na data de aprobación do presente prego é a Orde FOM/1194/2011, do 29 de abril, pola que se regula o procedemento integrado de escala de buques nos portos de interese xeral. Actualmente a xestión de escalas realízase a través da plataforma de Portos do Estado DUEPORT, https://dueport.puertos.es/

b) Se é o caso, solicitar a prestación dos servizos portuarios, ocupacións de superficie en xestión directa da autoridade portuaria e doutros servizos prestados por Portos de Galicia.

c) Coordinación para o mellor desenvolvemento da escala do buque, informando dos datos necesarios para a correcta planificación das operacións.

d) Informar dos datos necesarios para a correcta facturación das taxas e tarifas portuarias.

e) Ligazón co capitán de buque para tratar temas de interese para Portos de Galicia e para facerlle chegar comunicacións.

f) Colaborar coa dirección da autoridade portuaria, para a mellora da calidade da estadía do buque no porto, das mercadorías e dos pasaxeiros.

g) Comunicar inmediatamente calquera tipo de incidencia ou avaría que poida poñer en risco a seguridade na zona portuaria, a garantía da actividade portuaria ou provocar danos ao ambiente.

h) Todas aqueloutras que, con relación á escala do buque, lle correspondan.

i) Realizar as tarefas de coordinación de actividades empresariais, así como informar dos riscos do porto o persoal dos buques e as súas visitas, así como informar dos riscos do buque os prestadores de servizos portuarios e/ou demais empresas que requiran a dita información.

j) Os restantes actos non incluídos nas alíneas anteriores que, con relación á mercadoría transportada por un buque, mentres aquela sexa responsabilidade do navieiro ou propietario do buque, lle sexan encomendados por este último, nun porto, e sempre que non impliquen o desenvolvemento das actividades incluídas no servizo de carga, descarga, estiba, desestiba e transbordo de mercadorías.

k) Os restantes actos non incluídos nas alíneas anteriores que, con relación ao buque consignado lle sexan encomendados polo navieiro ou propietario do buque nun porto, conferidos a través da lexislación vixente.

4. Autorización.

4.1. De acordo co establecido no artigo 124.1 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, por razóns de control de espazos, de capacidade técnica das infraestruturas e superestruturas portuarias para asumir a actividade dos distintos operadores, de seguridade e de ambiente, o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario, sexan ou non de carácter portuario, requirirá a obtención dunha autorización que outorgará Portos de Galicia, como é o caso da actividade comercial de consignación de buques.

Así mesmo, segundo o disposto no anexo 3, clave 99, tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, taxa 03, tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais ou de servizos, da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, a actividade de axente consignatario de buques en portos da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia está suxeita a aboamentos de taxas.

4.2. A autorización outorgarase de maneira específica para o exercicio das operacións que integran a actividade comercial de consignación de buques enumeradas na condición 3ª deste prego.

4.3. Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixa o dito requisito, que non estean incursas en causas de incompatibilidade ou de prohibición para contratar coa Administración.

4.4. As comunicacións dos consignatarios e a Dirección Xeral da Mariña Mercante, os capitáns marítimos, o organismo público Puertos del Estado e as autoridades portuarias, así como calquera Administración pública terán lugar a través de medios electrónicos.

4.5. A autorización será outorgada pola Presidencia de Portos de Galicia, con suxeición ás condicións xerais previstas neste prego e ás particulares que, se é o caso, se establezan, documentos que formarán parte e se integrarán na resolución de outorgamento da autorización.

Os acordos tanto de autorización como de denegación deberán ser motivados e, en calquera caso, Portos de Galicia reserva para si a facultade discrecional de rexeitar solicitudes ou modificar sensiblemente o seu contido, cando razóns estritas de explotación portuaria fagan imposible outorgar unha autorización ou motiven o seu outorgamento baixo condicións distintas das solicitadas.

4.6. O outorgamento desta autorización non exime o seu titular de estar en posesión das licenzas, permisos e autorizacións exixidos legalmente en cada momento para o desenvolvemento desta actividade.

A perda por calquera causa das pertinentes licenzas, permisos e autorizacións será causa de extinción da autorización.

4.7. O consignatario de buques virá obrigado a cumprir as disposicións vixentes ou que no sucesivo se diten que afecten o dominio público utilizado e as actividades que nel se desenvolvan.

4.8. No suposto de que o exercicio das actividades previstas neste prego requiran a ocupación do dominio público portuario, tramitarase nun só expediente de ocupación de dominio público empregando o procedemento específico, e outorgarase un único título administrativo, polo que a autorización de actividade se entenderá incorporada na correspondente concesión ou autorización de ocupación do dominio público, sen prexuízo da exixencia das taxas que procedan por ambos os dous conceptos.

4.9. As autorizacións unicamente poderán transmitirse a persoas distintas daquelas ás cales foron orixinariamente outorgadas, cando se dean conxuntamente as seguintes circunstancias:

a) Que a transmisión se faga a favor dunha persoa física ou xurídica que cumpra os requisitos sinalados neste prego para ser titular dunha autorización.

b) Que se cumpran os requisitos previstos para a transmisión do título de ocupación do dominio público, cando a autorización de actividade estea incorporada ao título concesional de ocupación demanial.

5. Prazos e prórrogas.

O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a realización das actividades reguladas neste prego será de 5 anos prorrogables por períodos da mesma duración ata un máximo de 15 anos.

As prórrogas serán concedidas de maneira discrecional por Portos de Galicia e requirirán a solicitude polo seu titular dous (2) meses antes da expiración do prazo da autorización. As condicións da autorización prorrogada axustaranse á normativa de aplicación e ao prego regulador da actividade vixentes nese momento, así como ás condicións particulares que, de ser o caso, se establezan.

O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte ao da data de notificación da resolución de outorgamento da autorización.

6. Taxas e gastos.

a) Taxa polo desenvolvemento da actividade.

O titular da autorización aboará por este concepto a taxa anual correspondente conforme o disposto no anexo 3, taxas por servizos profesionais, clave 99, tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, taxa 03, tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais ou de servizos, da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía concreta da taxa será a especificada nas condicións particulares da autorización, e consistirá na cantidade indicada na Lei de taxas que hai que satisfacer por buque consignado, variable en función do seu arqueo.

Hai que sinalar que, ao abeiro do establecido no ordinal 3º da taxa 03 da Lei 6/2003, a cota da taxa que figure nas condicións particulares poderá ser modificada se posteriormente á resolución da autorización se producise un cambio lexislativo ao respecto.

Os períodos concretos de liquidación serán os especificados nas condicións particulares da autorización e non poderán exceder un ano.

No valor da taxa non está incluído o IVE e deben aplicarse ao dito valor os tipos impositivos vixentes en cada momento.

A taxa será revisada de acordo cos criterios establecidos na Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma.

Independentemente de que a garantía depositada recollida no artigo 8 responde do aboamento da taxa, Portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 16 da mencionada Lei 6/2003 e no artigo 26 da Lei 6/2017, de portos de Galicia, poderá utilizar para o seu cobramento o procedemento administrativo de constrinximento.

b) No suposto de que a actividade de consignación estea incorporada a unha concesión ou autorización de ocupación do dominio público, o titular da autorización deberá aboar as taxas que procedan por ambos os dous conceptos.

c) Será por conta do titular da autorización o aboamento dos impostos, arbitrios ou taxas legalmente establecidas que sexan de aplicación, e todos os gastos que ocasione o desenvolvemento da actividade. Serán, así mesmo, por conta do titular da autorización todos os gastos que se ocasionen con motivo da tramitación da autorización.

7. Aboamento das liquidacións por servizos portuarios.

7.1. Os axentes consignatarios de buques estarán obrigados directamente ante Portos de Galicia ao aboamento das liquidacións das taxas correspondentes aos servizos portuarios que lles sexan prestados por Portos de Galicia, en especial os relativos á entrada e estadía do buque e a súa atracada, de conformidade co establecido na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de taxas.

7.2. Así mesmo, os axentes consignatarios responderán do aboamento das liquidacións que practiquen polos seus servizos empresas que veñan prestando en réxime de autorización servizos ou outras actividades comerciais no porto, así como, se é o caso, do aboamento das liquidacións que presenten Portos de Galicia ou as empresas antes mencionadas polo paso da mercadoría polo porto e polos servizos que a ela se lle presten mentres estea baixo a responsabilidade do navieiro ou propietario do buque, de acordo coa regulación vixente en cada caso sobre tarifas por servizos portuarios.

8. Garantías.

8.1. Co fin de garantir ante Portos de Galicia o cumprimento das obrigas derivadas das actividades reguladas neste prego, os solicitantes deberán constituír unha garantía en metálico, valores públicos ou privados, aval ou seguro de caución por un importe de 3.000 euros por cada porto solicitado cun máximo de 21.000 €. Este importe será revisado cada cinco anos, logo de expediente xustificativo.

As garantías constituídas estarán á disposición da Presidencia de Portos de Galicia e depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda, outorgándose solidariamente respecto ao obrigado principal, con renuncia expresa ao beneficio de excusión e con compromiso de pagamento ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos, ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, con suxeición aos termos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, nas súas normas de desenvolvemento e na normativa reguladora da Caixa Xeral de Depósitos.

A garantía depositada responderá de todas as obrigas económicas derivadas desta autorización, incluídas as ambientais, e igualmente das sancións administrativas que sexan consecuencia do desenvolvemento da actividade.

8.2. Extinguida a autorización para o desenvolvemento da actividade nos supostos previstos no artigo 18, procederá a cancelación e devolución da garantía, unha vez realizado o pagamento das liquidacións pendentes, e sempre que non proceda unha incautación total ou parcial por incumprimento do consignatario.

8.3. Con carácter excepcional, e coa finalidade de garantir un servizo de consignación dun buque que eventualmente implique un risco intrínseco ou ocasione unha liquidación de importe superior ao previsto para a garantía depositada, o presidente de Portos de Galicia poderá acordar a constitución dunha garantía complementaria á xa depositada. Finalizada a operación que motiva a constitución desta garantía complementaria, procederase da maneira establecida no número 8.2 deste artigo.

8.4. O incumprimento das obrigas económicas polo axente consignatario de buques obrigado ao aboamento das liquidacións, e as responsabilidades de calquera outra índole en que poida incorrer e que permitan unha execución pecuniaria, habilitarán a execución ou disposición inmediata da garantía constituída.

8.5. Cando, por aplicación do disposto no parágrafo anterior, Portos de Galicia teña que dispoñer da garantía, total ou parcialmente, o axente consignatario virá obrigado a repoñela ou completala nun prazo dun mes, contado desde o acto de disposición. O incumprimento desta obriga será causa de caducidade da autorización.

Durante o período que transcorra sen restituír ou completar a garantía fixada, Portos de Galicia, co obxecto de garantir o aboamento das taxas e tarifas polos servizos que se presenten no ámbito da súa competencia, poderá exixir a paralización da prestación da actividade.

9. Responsabilidades dos axentes consignatarios.

9.1. A organización e dirección das actividades obxecto do presente prego é da responsabilidade exclusiva do consignatario, que responderá dos danos e perdas e asumirá cantas responsabilidades lle poidan corresponder fronte á Administración ou terceiros afectados polo desenvolvemento das operacións obxecto desta actividade, e que sexan consecuencia das súas propias actuacións, tanto por acción como por omisión.

9.2. A responsabilidade do consignatario en canto ao cumprimento das obrigas asumidas polo navieiro para cos cargadores ou receptores das mercadorías transportadas polo buque rexerase pola lexislación mercantil específica.

9.3. O navieiro ou propietario do buque será responsable civil dos danos por avarías, propias ou alleas, causadas polo buque ou por accións vinculadas ás súas operacións, así como dos danos ou perdas causados a persoas ou bens de Portos de Galicia ou de terceiros, por accións, omisións ou neglixencias nas ditas operacións, podendo actuar o axente consignatario no seu nome e representación se o contrato de axencia así o prevé.

9.4. En canto á responsabilidade en materia sancionadora, observarase o establecido no capítulo III do título IV da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

9.5. Ademais observarase o disposto no réxime de responsabilidades establecido na Lei 14/2014, do 24 de xullo, de navegación marítima, e no Real decreto 131/2019, do 8 de marzo, polo que se desenvolve a obriga de consignación de buques.

10. Seguros.

10.1. O titular da autorización deberá subscribir e manter ao día os seguros que sexan obrigatorios para o exercicio da súa actividade, tanto os relativos aos medios, como os de responsabilidade, e deberá presentar, por requirimento de Portos de Galicia, os correspondentes recibos de estar ao día no pagamento destes.

10.2. En todo caso, quedarán obrigados os axentes consignatarios de buques para responder dos danos e perdas ocasionados polas súas propias accións ou omisións a que se refire a condición 9ª, estarán obrigados a concertar, no prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a data da resolución da presente autorización e, en todo caso, antes do inicio da actividade, un seguro por danos ocasionados á Administración ou a outros terceiros e de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 300.000 € por sinistro, o que deberá acreditarse ante Portos de Galicia mediante a presentación de certificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros, e empregando, se é o caso, o modelo posto aádisposición no procedemento específico (código IF504C), co seguinte contido:

• Identificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros e da persoa que actúa en representación.

• Número da póliza de seguro.

• Mención expresa da cobertura de responsabilidade civil e da vixencia temporal do seguro.

• Identificación da actividade asegurada.

• Porto e municipio onde está prevista a prestación do servizo asegurado.

• Contía do capital asegurado e da franquía no seu caso.

• Data de pagamento da póliza que acredite a súa formalización.

• Data de expedición do certificado, asinado polo titular ou representante legal.

A non acreditación da póliza no prazo antes sinalado implicará a extinción automática da autorización, que quedará condicionada para estes efectos, e a incautación da garantía depositada.

Será por conta da empresa autorizada o custo deste seguro, que deberá xustificar cando se lle requira que está ao día no pagamento das primas.

O asegurador asume o compromiso de indemnizar o asegurado ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, nos termos establecidos na Lei de contratos das administracións públicas e normas de desenvolvemento.

10.3. No que respecta á cobertura das continxencias a que se refire o número 9.3 deste prego, Portos de Galicia poderá requirir en calquera momento do axente consignatario a certificación da entidade aseguradora ou copia suficiente do seguro do ou dos buques que consigne, no cal se recolla o aseguramento dos conceptos incluídos no dito número.

11. Condicións para o desenvolvemento da actividade.

11.1. A prestación da actividade comercial de consignación de buques supón a realización das operacións portuarias sinaladas no artigo 3.

11.2. Sen prexuízo do disposto nos puntos seguintes, o titular da autorización deberá cumprir en todo momento as condicións relativas á explotación portuaria, utilización do dominio público portuario, protección do ambiente, manipulación de mercadorías perigosas, prevención de riscos laborais e seguridade establecidas na lexislación vixente que sexan de aplicación ás súas operacións no porto, así como as instrucións técnicas ou outros procedementos normativos relativos ao desenvolvemento das operacións que estableza Portos de Galicia ou outras autoridades competentes.

11.3. Quedarán, en calquera caso, suxeitas as empresas autorizadas ás prescricións resultantes do Convenio internacional para previr a contaminación ocasionada por buques de 1973, modificado polo seu protocolo de 1978, na súa versión vixente (MARPOL 73/78), do Real decreto 1381/2002, do 20 de decembro, relativo a instalacións portuarias de recepción de refugallos xerados polos buques e residuos de carga, e, en consecuencia de todos os instrumentos normativos, contractuais ou doutra índole que, en aplicación desta normativa, estableza Portos de Galicia.

11.4. Os consignatarios deberán manter operativo en todo momento o sistema de prevención de riscos laborais. En cumprimento do disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e demais normativa de desenvolvemento, elaborarán toda a documentación relativa ás obrigas que lles impón a dita lexislación, documentación que deberán conservar á disposición da autoridade laboral, así como de Portos de Galicia.

A acción preventiva deberá comprender todos os traballos, de calquera natureza, desenvoltos pola empresa na zona de servizo do porto. Así mesmo, nos termos que corresponda segundo a lexislación de prevención de riscos laborais, a acción preventiva da empresa deberá estenderse aos traballos que desenvolva na zona de servizo do porto aos terceiros vinculados de forma permanente ou temporal á súa actividade, como empresas de transporte, reparacións, control e, en xeral, calquera outra relacionada coa dita actividade.

O titular da autorización, co fin de dar cumprimento ao indicado no artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, desenvolta polo Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, comprométese ao seguinte:

• Recibir e trasladar aos seus traballadores a Ficha de información de riscos e medidas preventivas dos portos. O dito documento está á súa disposición na páxina web www.portosdegalicia.com

• Recibir e trasladar aos seus traballadores as medidas de emerxencia e listas de teléfonos de emerxencias que están á súa disposición e na páxina web www.portosdegalicia.com

• Entregar a Portos de Galicia a avaliación de riscos e as medidas de emerxencia correspondentes á actividade que se desenvolva no ámbito da autorización, cando así lle sexa requirido.

• Cando lle sexa requirido deberá informar a Portos de Galicia da relación de todas as subcontratas que realicen traballos vinculados á actividade autorizada e deberá achegar a avaliación de riscos e medidas de emerxencia deles.

• Proporcionar a Portos de Galicia os nomes e apelidos dos traballadores que vaian actuar como recurso preventivo durante os traballos que se realicen no dominio público portuario.

• Acudir ás reunións en materia de coordinación de actividades empresariais que, se é o caso, lle propoña Portos de Galicia e acatar todas as instrucións de seguridade que emanen da dita entidade pública.

11.5. Os axentes consignatarios comprométense a facilitar a Portos de Galicia toda aquela información que lles sexa requirida en relación coa realización da actividade para os efectos de coñecer o resultado físico da actividade desenvolta e recoller os datos estatísticos, técnicos e económicos necesarios para o control e mellora da explotación do porto.

11.6. Os axentes consignatarios de buques desagregarán na súa facturación a clientes os cargos por servizos propios e os que lle presta Portos de Galicia ou outros terceiros, ben en xestión directa ou indirecta, axustándoos aos conceptos e nomenclatura que figuren nas correspondentes taxas e tarifas, e conservando os duplicados de forma que poidan ser inspeccionados e contrastados por Portos de Galicia en todo momento, por requirimento desta.

12. Comunicacións con Portos de Galicia.

12.1. A relación ordinaria entre a empresa prestadora e Portos de Galicia, necesaria para o desenvolvemento das operacións previstas neste prego, establecerase a través das xefaturas de zona de Portos de Galicia, de maneira directa ou, de ser o caso, a través dos celadores gardapeiraos.

12.2. Os axentes consignatarios utilizarán para as súas relacións con Portos de Galicia a documentación que esta estableza, obrigatoriamente mediante sistemas de transmisión electrónica, para a xestión de escalas a través https://dueport.puertos.es, e para xestións relativas a autorización a través do procedemento con código IF504C, da sede electrónica da Xunta de Galicia.

13. Desenvolvemento das operacións.

13.1. A organización e dirección dos traballos que integran a actividade de consignación é responsabilidade exclusiva do titular da autorización, que observará no desenvolvemento das súas actividades todo o que sinalen as disposicións vixentes ou que no sucesivo se diten que afecten o dominio público utilizado e as actividades que nel se desenvolvan, en especial o disposto no Regulamento do servizo, policía e réxime dos portos, nas regras de aplicación previstas na normativa vixente en materia de taxas portuarias, nas condicións particulares da autorización e nas normas de explotación e instrucións que, tanto dun modo xeral como específico, dite Portos de Galicia, a Administración marítima e outros organismos nas materias da súa competencia e o capitán do buque no que se refire ás actividades que se leven a cabo a bordo do buque.

13.2. Calquera servizo portuario que o titular da autorización desexe recibir deberá ser solicitado ás xefaturas de zona de Portos de Galicia de acordo coa normativa vixente e seralle liquidado aplicando as taxas portuarias en vigor.

13.3. No que respecta á tramitación, documentación a presentar, condicións e circunstancias relativas á entrada, estadía, atracada, desatracada, operacións no porto, etc., será, así mesmo, de aplicación o disposto no Regulamento de servizo e policía do porto, nas regras de aplicación das taxas portuarias, nas condicións particulares da autorización e nas instrucións ou restantes pregos que Portos de Galicia poida ditar ao respecto.

13.4. Naqueles portos afectados polo Código internacional para a protección dos buques e instalacións portuarias (código PBIP) adoptado pola Conferencia Diplomática sobre Protección Marítima celebrada en Londres en decembro do 2002 e trasposto á normativa comunitaria polo Regulamento CE nº 725/2004, observaranse igualmente as prescricións contidas nos respectivos plans de protección das instalacións portuarias e as instrucións que, en aplicación deste sexan impartidas polos oficiais de protección de Portos de Galicia e demais autoridades competentes nesta materia.

13.5. Durante o desenvolvemento das manobras de atracada e desatracada e durante a permanencia do buque en porto, acataranse todas as ordes e instrucións que lles sexan impartidas por responsables de Portos de Galicia e, particularmente, polas xefaturas de zona respectivas e polos celadores gardapeiraos destinados no porto, que, para estes efectos, teñen a condición de axentes da autoridade de Portos de Galicia no exercicio das potestades de policía portuaria.

13.6. Os buques atracarán nos puntos dos peiraos que sexan sinalados, de maneira que non obstaculicen outros labores de explotación ou utilización do porto e sen que poidan causar danos ou avarías ás obras, instalacións ou útiles do porto, e tomaranse as medidas que sexan axeitadas para evitar que durante a súa estadía ou no momento de efectuar as operacións de desatracada poidan ocasionalos.

13.7. Está rigorosamente prohibido que os buques realicen durante a súa estadía no porto verteduras de calquera tipo ou produzan calquera outra clase de contaminación. En todo caso, calquera circunstancia ineludible deste tipo que poida presentarse notificarase inmediatamente aos celadores gardapeiraos responsables do porto e á autoridade de mariña que sexa procedente.

14. Persoal participante nas actividades de consignación.

14.1. Todo o persoal necesario para o desenvolvemento das actividades obxecto da autorización será por conta e a cargo do titular, que deberá cumprir as obrigas que lle impón a lexislación vixente en materia laboral, de prevención de riscos laborais e de seguridade social.

14.2. Todo o persoal, calquera que sexa o seu réxime laboral, utilizado polo consignatario para desenvolver as súas actividades no porto deberá estar autorizado expresamente por Portos de Galicia para acceder ao recinto portuario, e deberá cumprir en todo momento as instrucións que dite Portos de Galicia respecto ao control do acceso ás instalacións portuarias, isto inclúe a obriga de solicitar, segundo os procedementos que se establezan para iso, e aboar a liquidación correspondente á subministración dos mecanismos de acceso (mandos, tarxetas, etc.) que, se é o caso, fosen postos á disposición por Portos de Galicia. Igual autorización precisará o persoal de calquera outra empresa que realice traballos de calquera índole para o titular da autorización.

14.3. O axente consignatario de buques solicitará das xefaturas de zona as autorizacións pertinentes para o acceso ao porto e a zonas pechadas ou acoutadas dos peiraos de cada unha das persoas da empresa que teña que realizar nos ditos espazos algunha actividade, e será responsable civil das actuacións persoais destas. Tamén dará conta da persoa ou persoas que, debidamente apoderadas, asuman a súa representación polo que se refire á petición da prestación de servizos.

15. Información aos clientes.

Os axentes consignatarios de buques difundirán entre os seus clientes tanto as normas que os poidan afectar como o réxime de taxas do porto e as súas regras de aplicación, de modo que se evite en todo momento incorrer no non pagamento ou en responsabilidades por ignorancia daqueles, sen prexuízo de que Portos de Galicia poida establecer as canles de información que considere precisas en relación cos servizos do porto.

16. Indemnización a prácticos.

Se, por causa do mal tempo ou por dispoñelo así o persoal competente de Portos de Galicia ou as autoridades marítimas competentes, non pode desembarcar o práctico, serán por conta do buque a manutención e aloxamento daquel. Se as circunstancias obrigasen ao buque ao traslado a outro porto, tamén o serán os seus gastos de regreso.

17. Renuncia á consignación dun buque.

De conformidade co disposto no artigo 259.4 do TRLPEMM, o axente consignatario de buques poderá renunciar unilateralmente á consignación deste e deberá comunicar de forma fidedigna a Portos de Galicia e á capitanía marítima tal renuncia, que será efectiva unha vez que se satisfixo a cada un deles as súas débedas pendentes, ata o momento das respectivas comunicacións.

De acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 131/2019, do 8 de marzo, polo que se desenvolve a obrigación de consignación de buques, en caso de substitución do consignatario ou cesión da consignación dun buque, calquera que sexa a causa, será obrigación do que deixa a súa función comunicalo ás autoridades marítimas e ás portuarias.

18. Extinción da autorización.

18.1. A autorización extinguirase polas seguintes causas:

a) Vencemento do prazo de outorgamento.

b) Revisión de oficio nos supostos establecidos na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Revogación por incumprimento das condicións establecidas no presente prego ou nas condicións particulares da autorización.

d) Renuncia do titular que só poderá ser aceptada por Portos de Galicia cando non cause prexuízos a este ou a terceiros.

e) Disolución ou extinción da sociedade titular da autorización, agás nos supostos de fusión ou escisión. No suposto de que o axente consignatario incorra en situación legal de concurso de acredores, virá obrigado a efectuar o depósito previo do importe dos servizos que a partir dese instante solicite a Portos de Galicia. En caso contrario, denegaráselle a prestación daqueles servizos.

f) Caducidade.

g) Extinción ou perda das licenzas, permisos ou autorizacións que sexan legalmente preceptivos para o desenvolvemento da actividade, incluída a baixa no censo de axentes consignatarios de buques para os efectos do imposto de actividades económicas.

h) Extinción da concesión ou autorización a que se refire o artigo 4.8.

I) Calquera outra causa que resulta establecida pola normativa reguladora da actividade de consignatario.

18.2. Serán causa de caducidade da autorización:

a) O non pagamento de dúas liquidacións consecutivas, ou por un período superior a tres (3) meses, en concepto de taxa polo desenvolvemento da actividade.

Para iniciar o expediente de caducidade será abondo que non se efectuase o ingreso en período voluntario. Unha vez iniciado, poderase acordar o seu arquivamento se antes de ditar resolución se produce o aboamento do que se debe no procedemento de constrinximento, e se constitúe a garantía que ao respecto fixe Portos de Galicia.

b) Desenvolvemento da actividade en portos distintos dos recollidos na autorización.

c) Desenvolvemento de actividades que non figuren no obxecto da autorización.

d) Transmisión da autorización.

e) Cesión total ou parcial a un terceiro do desenvolvemento das actividades sen autorización de Portos de Galicia.

f) Non reposición ou complemento da garantía, logo de requirimento de Portos de Galicia.

g) A comisión de feitos que teñan a consideración de moi graves en función da lexislación sancionadora aplicable ou a reincidencia en feitos que teñan a consideración de graves.

h) Non adaptación aos pregos reguladores e condicións particulares nos supostos definidos na disposición derradeira 20.

i) Incumprimento doutras condicións que prevexan expresamente a súa inobservancia como causa de caducidade da autorización.

18.3. Extinguida a autorización, Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral, económica, contractual ou de calquera outra clase que contraese o titular da autorización.

18.4. En todo o non previsto nos anteriores puntos observarase o disposto na normativa que regula a utilización e explotación do dominio público portuario.

18.5. Se as autorizacións se vinculan a unha concesión de ocupación de dominio público, poderán transmitirse a persoas distintas daquelas a que foron orixinariamente outorgadas, logo de autorización de Portos de Galicia, cando se dean conxuntamente as seguintes circunstancias:

a) Que a transmisión se faga a favor dunha persoa física ou xurídica que cumpra os requisitos sinalados na condición 4.9 deste prego, e que achegue a documentación que se require na mesma condición.

b) Que se cumpran os requisitos previstos para a transmisión da concesión administrativa, cando a autorización se transmita xunto coa concesión do dominio público en que se desenvolve a actividade.

19. Reclamacións e recursos.

As reclamacións sobre aplicación ou interpretación deste prego, agás as reclamacións relativas á aplicación das taxas, serán resoltas pola Presidencia de Portos de Galicia, e os seus acordos porán fin á vía administrativa.

As reclamacións relativas á aplicación de taxas serán resoltas pola Dirección de Portos de Galicia e serán recorribles na vía económico-administrativa.

20. Disposicións derradeiras

20.1. Consonte os principios de obxectividade e proporcionalidade, e en calquera caso sempre que veña imposto pola normativa de aplicación, Portos de Galicia poderá modificar as condicións impostas aos titulares desta autorización, logo de audiencia dos interesados, cando se modifiquen as condicións deste prego regulador. A modificación establecerá un prazo para que os titulares se adapten ao disposto nela. Transcorrido o dito prazo sen que teña lugar a adaptación, as autorizacións quedarán sen efecto.

20.2. Este prego de condicións será de aplicación desde o día seguinte ao da publicación da Resolución da Presidencia de Portos de Galicia no Diario Oficial de Galicia. As autorizacións vixentes no momento da entrada en vigor manterán a súa vixencia. Non obstante, Portos exixirá a súa adaptación ao novo prego aprobado. A non adaptación ao novo prego por causas imputables ao autorizado constituirá causa de caducidade.

Condicións particulares:

1. A presente autorización outórgase a___________________para realizar a actividade comercial portuaria de consignación de buques nos portos de_______.

2. O titular da autorización aboará, en concepto de taxa polo desenvolvemento da actividade prevista na condición xeral 6ª, as cotas establecidas no anexo III, taxas por servizos profesionais, clave 99, tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, taxa 03, tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais ou de servizos da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que se recollen na seguinte táboa e que se establecen en función do arqueo do buque consignado para o ano (ANO), e son susceptibles de actualización.

Arqueo (GT)

Taxa (en euros)

Menor ou igual que 1.500 GT

Maior que 1.500 GT e menor ou igual que 3.000 GT

Maior que 3.000 GT e menor ou igual que 4.000 GT

Maior que 4.000 GT

Prego de condicións asinado polo director de Portos de Galicia

(Engádanse aquelas que se consideren oportunas)

ANEXO XV

Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións
administrativas de actividades comerciais de posta á disposición
de medios mecánicos en portos e instalacións portuarias
da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemento con código IF504D

Disposicións xerais.

1ª. Este prego será de aplicación á prestación, en réxime de libre concorrencia, das actividades inherentes á posta á disposición e o manexo dos medios mecánicos que se citan a continuación, e ou outros que eventualmente se poidan prestar, no ámbito territorial dos portos e instalacións portuarias competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, coas modificacións que se poidan producir no futuro e con inclusión de todos os espazos e instalacións que se xestionen en concesión.

Relación medios mecánicos:

Tipo medio mecánico

Mobilidade

Báscula pesaxe vehículos

Fixa

Cabrestrante con motor

Fixa

Cabrestrante manual (guinche)

Fixa

Comporta

Fixa

Guindastre-ponte exterior

Fixa

Guindastre-ponte interior

Fixa

Guindastre fixo (outros)

Fixa

Guindastre fixo tipo torre

Fixa

Camión-guindastre ou guindastre autopropulsado

Móbil

Carretilla elevadora

Móbil

Cinta transportadora

Móbil

Pa cargadora

Móbil

Retroescavadora

Móbil

Moega

Móbil

Moega mixta con cinta transportadora

Móbil

Carro varadoiro

Restrinxida

Guindastre portuaria móbil

Restrinxida

Sub-Lift

Restrinxida

Travel-Lift

Restrinxida

Ben que os medios mecánicos que están identificados como elementos fixos observarán o disposto neste prego, séndolles de aplicación as súas condicións xerais, segundo o disposto na condición 5ª serán tramitados como unha ocupación de dominio público mediante os procedementos IF500B/IF500C ou, se é o caso, como concesión administrativa (empregando o procedemento específico correspondente ou o xenérico PR004A en canto non exista procedemento).

Os medios identificados como de mobilidade restrinxida tramitaranse polo procedemento específico de medios mecánicos (IF504D) cando operen en zonas de uso público comúns a outros usuarios, por tanto sen exclusividade. No suposto de que se empreguen estes medios nunha zona de uso exclusivo deberá presentarse polo procedementos IF500B/IF500C ou, se é o caso, dentro da solicitude de concesión.

No suposto de que estes medios mecánicos, sexan fixos, móbiles ou restrinxidos, estean vinculados á actividade de servizo especial de manipulación de carga, a solicitude realizarase empregando o procedemento específico (IF504A) de manipulación de carga, e quedan integrados nesta autorización.

Este prego apróbase ao abeiro da Lei 6/2017, do 14 de decembro, de portos de Galicia, e da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

No non disposto no prego de condicións xerais e nas condicións particulares que, de ser o caso, se establezan será de aplicación a citada normativa autonómica e o Regulamento de servizo e policía dos portos.

No non previsto no prego e na normativa citada será de aplicación a lexislación estatal aplicable na materia, en todo aquelo que non sexa incompatible coa lexislación autonómica.

2ª. O presente prego de condicións xerais regula a actividade das persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a actividade de manexo e posta á disposición de medios mecánicos aos usuarios que así o requiran cunha finalidade comercial, e no ámbito territorial que se define na anterior condición 1ª.

As normas reguladoras deste prego, coas particularidades nel previstas, serán igualmente de aplicación a todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que empreguen e teñan á súa disposición medios mecánicos da índole dos que son obxecto de regulación neste prego, sempre que a actividade inherente a eles non estea xa debidamente autorizada en virtude doutro título outorgado por Portos de Galicia.

Queda excluído do ámbito de aplicación deste prego o servizo consistente na posta á disposición por Portos de Galicia de guindastres e de básculas propiedade de Portos de Galicia para aqueles usuarios que o soliciten, que será obxecto de regulación polas normas específicas das tarifas E-1 e E-4 recollidas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

3ª. As actividades autorizadas en virtude deste prego son, con carácter de exclusividade, as derivadas do manexo e posta á disposición dos medios mecánicos para os cales se solicite autorización, os cales se indicarán nas condicións particulares, cun uso e finalidade portuarias ou que se localicen en solo portuario, e cos requisitos técnicos, ambientais, de seguridade e calidade que se establezan neste prego e, en xeral, na normativa particular que sexa de aplicación.

Tamén se regulan por este prego os medios mecánicos auxiliares á execución de obras en terreos portuarios ou lindeiros, agás aquelas promovidas por Portos de Galicia.

Portos de Galicia non se obriga co outorgamento desta autorización a subministrar ningún dos medios materiais que sexan precisos para o desenvolvemento das actividades que se enumeran nos anteriores parágrafos.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo que antecede, as autorizacións outorgadas por medio do presente prego poderán ter por finalidade o manexo en exclusiva de medios mecánicos que sexan propiedade ou figuren adscritas a nome de Portos de Galicia ou ben doutra Administración que ostente competencias na materia.

4ª. O titular da autorización virá obrigado a cumprir as disposicións vixentes ou que no sucesivo se diten, que afecten o dominio público utilizado e as actividades que nel se desenvolvan.

5ª. O exercicio das actividades previstas neste prego poderá implicar a necesidade de contar co correspondente título de ocupación do dominio público portuario no suposto de que se use en exclusiva. Neste caso, a autorización de actividade entenderase incorporada no correspondente título de ocupación, sen prexuízo da exixencia das taxas, garantía e seguros de responsabilidade civil, de ser o caso, que procedan por ambos os dous conceptos, segundo as contías reflectidas nas condicións 11ª e 18ª. Neste caso a solicitude deberá formularse polo procedemento específico de ocupación de dominio público que proceda (concesión/autorización).

Outorgamento.

6ª. Para o exercicio das actividades que son obxecto de regulación neste prego deberá obterse a preceptiva autorización, que será outorgada por Portos de Galicia, e outorgarase de maneira específica para o exercicio das actividades que se mencionan na anterior condición.

Non obstante, o outorgamento desta autorización non exime o seu titular de estar en posesión das licenzas, permisos e autorizacións exixidas legalmente en cada momento para o desenvolvemento da actividade.

A perda por calquera causa das pertinentes licenzas, permisos e autorizacións será causa de extinción da autorización.

7ª. Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o dito requisito, que non estean incursas en causas de incompatibilidade ou de prohibición para contratar coa Administración.

8ª. Os solicitantes deberán formular na sede electrónica da Xunta de Galicia a correspondente solicitude ante Portos de Galicia e xuntar os documentos indicados no procedemento específico correspondente (código de procedemento IF504D). A autorización tramitarase individualmente para cada porto pero incluirá a totalidade de medios mecánicos solicitados no dito porto.

De consideralo preciso, Portos de Galicia poderá efectuar convocatorias públicas ás cales se lles dará publicidade por medio da súa inserción no Diario Oficial de Galicia para o outorgamento destas autorizacións, que neste caso se suxeitarán aos requisitos que figuren no anuncio e nas bases da convocatoria pública.

9ª. Estas autorizacións serán outorgadas pola Presidencia de Portos de Galicia por proposta dos servizos técnicos de Portos de Galicia, e con suxeición ás condicións xerais previstas neste prego e ás particulares que establezan os ditos servizos técnicos, documentos que formarán parte e se integrarán na resolución de outorgamento da autorización.

Para os efectos do outorgamento e no caso de que se celebrase unha convocatoria pública previa, atenderase aos criterios obxectivos que figuren nas bases da convocatoria.

Os acordos tanto de autorización como de denegación deberán ser motivados e en calquera caso Portos de Galicia reserva para si a facultade discrecional de rexeitar solicitudes ou modificar sensiblemente o seu contido, cando razóns estritas de explotación portuaria fagan imposible outorgar unha autorización ou motiven o seu outorgamento baixo condicións distintas das solicitadas.

10ª. O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a realización das actividades reguladas neste prego será de 5 anos prorrogables por períodos da mesma duración ata un máximo de 15 anos.

As prórrogas serán concedidas de maneira discrecional por Portos de Galicia, requirirán a solicitude polo seu titular no semestre anterior á expiración do prazo da autorización e a acreditación previa do cumprimento dos requisitos previstos na normativa de aplicación, no prego regulador e nas condicións particulares que, de ser o caso, establezan os servizos técnicos competentes.

Cando a autorización para o desenvolvemento da actividade estea vinculada á condición de titular dun permiso, autorización ou concesión outorgada por esta ou por outra Administración, o prazo da autorización será o mesmo que o previsto para o título a que se vincula.

11ª. Co fin de garantir ante Portos de Galicia o cumprimento das obrigas derivadas das actividades reguladas neste prego, os solicitantes deberán constituír unha garantía en metálico, valores públicos ou privados, aval ou seguro de caución por un importe máximo de 12.000 euros por autorización, revisable cada 5 anos, logo de expediente xustificativo.

O importe concreto dependerá do medio mecánico autorizado, así como do seu número segundo o seguinte cadro, e co límite indicado no parágrafo anterior:

Tipo medio mecánico

Mobilidade

Importe fianza por cada medio mecánico

Báscula pesaxe vehículos

Fixa

1.000,00 €

Cabrestante con motor

Fixa

5.000,00 €

Cabrestante manual (guinche)

Fixa

5.000,00 €

Comporta

Fixa

6.000,00 €

Guindastre-ponte exterior

Fixa

6.000,00 €

Guindastre-ponte interior

Fixa

3.000,00 €

Guindastre fijo (outros)

Fixa

6.000,00 €

Guindastre fixo tipo torre

Fixa

12.000,00 €

Camión-guindastre o guindastre autopropulsado

Móbil

2.000,00 €

Carretilla elevadora

Móbil

2.000,00 €

Cinta transportadora

Móbil

1.000,00 €

Pa cargadora

Móbil

2.000,00 €

Retroescavadora

Móbil

2.000,00 €

Moega

Móbil

2.000,00 €

Moega mixta con cinta transportadora

Móbil

2.000,00 €

Carro varadoiro

Restrinxida

5.000,00 €

Guindastre portuario móbil

Restrinxida

6.000,00 €

Sub-Lift

Restrinxida

4.000,00 €

Travel-Lift

Restrinxida

8.000,00 €

Polo exposto, a contía concreta da garantía, en funcións dos medios mecánicos autorizados, é de (IMPORTE) €.

Para as solicitudes de medios móbiles de carácter esporádico reducirase o importe da fianza á metade. Considerarase carácter esporádico cando a solicitude sexa para períodos inferiores a 15 días naturais, e sempre e cando non se repita ao longo de 12 meses.

As garantías constituiranse a favor da Presidencia de Portos de Galicia e é preciso o seu depósito na Caixa Xeral de Depósitos da consellería con competencias en materia de economía e facenda. Outorgaranse solidariamente respecto ao obrigado principal, con renuncia expresa ao beneficio de excusión e con compromiso de pagamento ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos, ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, con suxeición aos termos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, nas súas normas de desenvolvemento e na normativa reguladora da Caixa Xeral de Depósitos.

As garantías deberán achegarse en formato electrónico con código seguro de verificación, nun prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da recepción da autorización.

A eficacia da autorización quedará supeditada á constitución e depósito da garantía no prazo sinalado e, en caso contrario, quedará revogada de maneira automática e sen necesidade dun trámite ulterior.

A garantía depositada responderá de todas as obrigas derivadas desta autorización, incluídas as ambientais, e igualmente das sancións administrativas que sexan consecuencia do desenvolvemento da actividade.

Extinguida a autorización para o desenvolvemento da actividade nos supostos previstos na condición 36ª, procederá á cancelación e devolución da garantía, unha vez realizado o pagamento das liquidacións pendentes, e sempre que non proceda unha incautación total ou parcial por incumprimento do titular.

12ª. O incumprimento das obrigas económicas polo titular da autorización obrigado ao aboamento das liquidacións e as responsabilidades de calquera outra índole en que poida incorrer e que permitan unha execución pecuniaria habilitarán a execución ou disposición inmediata da garantía constituída.

Cando, por aplicación do disposto no parágrafo anterior, Portos de Galicia tivese que dispoñer da garantía, total ou parcialmente, o titular da autorización virá obrigado a repoñela ou completala nun prazo dun mes, contado desde o acto de disposición. O incumprimento desta obriga, será causa de caducidade da autorización.

Durante o período que transcorra sen restituír ou completar a garantía fixada, Portos de Galicia, co obxecto de garantir o aboamento das taxas e tarifas polos servizos que se presenten no ámbito da súa competencia, poderá exixir a paralización da prestación da actividade.

Taxas e gastos.

13ª. Taxa polo desenvolvemento da actividade.

Esta taxa será de aplicación exclusiva a aquelas persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a actividade de posta á disposición de medios mecánicos con carácter comercial.

O titular da autorización aboará por este concepto a taxa anual correspondente conforme o anexo 3, taxas por servizos profesionais, clave 99, tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, taxa 03, tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais ou de servizos da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A contía concreta da taxa será a especificada nas condicións particulares da autorización, e resultará da aplicación dunha porcentaxe do 1 % sobre o importe neto da cifra anual de negocio desenvolto no porto.

Sobre a ocupación de superficie derivada da actividade ou depósito do medio mecánico, no lugar autorizado, serán de aplicación as taxas E-2 (depósitos) ou E-4 (regra novena ou décimo primeira), segundo corresponda, e pola totalidade do período autorizado á marxe da permanencia real no porto, definida na Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras.

No suposto de que a ocupación de dominio público estea regulada por unha autorización ou concesión, as taxas serán as indicadas no dito título.

A devindicación da taxa producirase no momento da notificación do outorgamento da autorización de actividade ou, de ser o caso, da concesión ou autorización de ocupación do dominio público portuario respecto do ano en curso. Nos anos sucesivos a devindicación producirase o 1 de xaneiro.

Hai que sinalar que, ao abeiro do establecido no ordinal 3º da taxa 03 da Lei 6/2003, a cota da taxa que figure nas condicións xerais ou particulares poderá ser modificada e, neste senso, queda supeditada a que estea fixada na Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia en cada momento, de xeito que poderá ser reliquidada pola diferenza resultante desde o inicio da vixencia da autorización, de conformidade cos termos que resulten do devandito decreto.

Os períodos concretos de liquidación serán os especificados nas condicións particulares do título e non poderán exceder un ano.

No valor da taxa non está incluído o IVE e deberán aplicarse ao dito valor os tipos impositivos vixentes en cada momento.

14ª. Independentemente de que a garantía depositada responde do aboamento da taxa, Portos de Galicia poderá utilizar para o seu cobramento o procedemento administrativo de constrinximento, de conformidade co artigo 26 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

15ª. Serán por conta do titular da autorización o aboamento dos impostos, arbitrios ou taxas legalmente establecidos que sexan de aplicación, e todos os gastos que ocasione o desenvolvemento da actividade. Se é o caso, estará obrigado a facer fronte á repercusión da parte da cota líquida do imposto de bens inmobles aplicable ao ben demanial ou patrimonial do cal o titular da autorización faga uso exclusivo con motivo da autorización ou concesión outorgada, segundo se establece no artigo 63.2, segundo parágrafo, do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se regula o texto refundido da Lei de facendas locais. Para tal efecto, Portos de Galicia determinará a cota repercutible en razón á parte do valor catastral que corresponda á superficie utilizada e á construción directamente vinculada.

Non hai que esquecer que o titular da autorización virá obrigado a sufragar os custos correspondentes á instalación da acometida de subministración de enerxía eléctrica, agás que esta instalación xa estea dispoñible.

Sobre condicións exixibles para o desenvolvemento da actividade.

16ª. A organización e dirección dos traballos que integran a actividade de posta á disposición e manexo de medios mecánicos é responsabilidade exclusiva do titular da autorización, que observará no desenvolvemento das súas actividades todo o que sinala o Regulamento do servizo, policía e réxime dos portos, as regras de aplicación previstas na normativa tarifaria vixente, e as normas de explotación e instrucións que, tanto dun modo xeral como específico, dite Portos de Galicia.

17ª. A organización e dirección dos traballos regulados no presente prego é responsabilidade exclusiva do titular autorizado, que responderá dos danos e perdas, e asumirá cantas responsabilidades lle poidan corresponder fronte á Administración ou terceiros afectados polo desenvolvemento das operacións obxecto desta actividade, e que sexan consecuencia das súas propias actuacións, tanto por acción como por omisión.

En canto á responsabilidade en materia sancionadora, e na falta de lexislación autonómica propia, observarase o establecido no capítulo III do título IV da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

18ª. Os titulares das autorizacións, para responderen dos danos e perdas ocasionados polas súas propias accións ou omisións, estarán obrigados a concertar un seguro por danos ocasionados á Administración ou a outros terceiros e responsabilidade civil cunha cobertura por sinistro que non excederá 600.000 €, no prazo máximo de dez días contados desde a notificación da resolución de autorización, o que deberá acreditarse mediante a presentación de certificación da compañía aseguradora, ou do axente de seguros, ou modelo específico inserido no procedemento específico, cuxo contido será o seguinte:

• Identificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros e da persoa que actúa en representación.

• Numero da póliza de seguro.

• Mención expresa da cobertura de responsabilidade civil e da vixencia temporal do seguro.

• Identificación da actividade asegurada.

• Porto e municipio onde estea prevista a prestación do servizo asegurado.

• Contía do capital asegurado e da franquía, se é o caso.

• Data de pagamento da póliza que acredite a súa formalización.

• Data de expedición do certificado, asinado polo titular ou representante legal.

Será por conta da empresa autorizada o custo deste seguro, que deberá xustificar cando se lle requira que está ao día no pagamento das primas.

O importe concreto dependerá do medio mecánico autorizado, así como do seu número, segundo o seguinte cadro, e co límite indicado no parágrafo anterior:

Tipo medio mecánico

Mobilidade

Contia mínima
por sinistro RC

Báscula pesaxe vehículos

Fixa

50.000,00 €

Cabrestante con motor

Fixa

250.000,00 €

Cabrestante manual (guinche)

Fixa

250.000,00 €

Comporta

Fixa

600.000,00 €

Guindastre-ponte exterior

Fixa

300.000,00 €

Guindastre-ponte interior

Fixa

300.000,00 €

Guindastre fixo (outros)

Fixa

300.000,00 €

Guindastre fixo tipo torre

Fixa

600.000,00 €

Camión-guindastre ou guindastre autopropulsado

Móbil

100.000,00 €

Carretilla elevadora

Móbil

100.000,00 €

Cinta transportadora

Móbil

50.000,00 €

Pa cargadora

Móbil

100.000,00 €

Retroescavadora

Móbil

100.000,00 €

Moega

Móbil

100.000,00 €

Moega mixta con cinta transportadora

Móbil

100.000,00 €

Carro varadoiro

Restrinxida

250.000,00 €

Guindastre portuario móbil

Restrinxida

300.000,00 €

Sub-Lift

Restrinxida

200.000,00 €

Travel-Lift

Restrinxida

400.000,00 €

Polo exposto, a contía concreta da cobertura requirida por sinistro, en función dos medios mecánicos autorizados, é de (IMPORTE) €.

No suposto de que se autoricen varios medios mecánicos nun porto admitirase unha única póliza polo importe correspondente, sempre e cando quede acreditado que dá cobertura a cada un deles.

A non acreditación da póliza no prazo antes sinalado implicará, sen necesidade dun trámite ulterior, a revogación automática da autorización, que quedará condicionada para estes efectos, e a incautación da garantía depositada. Será por conta da empresa autorizada o custo deste seguro, que deberá xustificar cando se lle requira que está ao día no pagamento das primas.

A presentación desta póliza será exixible aínda que o obxecto da autorización consista no manexo en exclusiva de medios mecánicos adscritos ou da propiedade de Portos de Galicia ou doutra Administración que teña competencias na materia.

O asegurador asume o compromiso de indemnizar o asegurado ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, nos termos establecidos na Lei de contratos das administracións públicas e normas de desenvolvemento.

19ª. Todo o persoal necesario para o desenvolvemento das actividades obxecto da autorización será por conta e a cargo do titular, que deberá cumprir as obrigas que lle impón a lexislación vixente en materia laboral, de prevención de riscos laborais e de seguridade social.

20ª. O persoal que dirixa e execute as operacións de manexo dos medios mecánicos deberá ter perfecto coñecemento das características do traballo que vai desenvolver, dos elementos que empregue, tanto propios como do porto, e utilizaraos con suxeición a normas estritas de seguridade. Ademais, contará coa habilitación específica para o manexo dos medios mecánicos, requisito este último exixible, de ser o caso.

Desenvolvemento das operacións.

21ª. Cando o titular da autorización sexa unha persoa xurídica, designará un representante que efectuará os labores de relación ordinaria e de representación ante Portos de Galicia para canto derive da presente autorización. Na súa falta, entenderase que é o propio solicitante.

As empresas autorizadas deberán observar, coa maior escrupulosidade, o Regulamento de servizo, policía e réxime dos portos, así como cantas ordes e instrucións de explotación lle remita Portos de Galicia. Deberán comunicar calquera infracción ou deficiencia que se poida apreciar, así como calquera anomalía ou incidencia que entorpeza o desenvolvemento das operacións portuarias.

22ª. Calquera servizo portuario que o titular da autorización desexe recibir deberá ser solicitado de acordo coa normativa vixente e seralle liquidado aplicando as taxas portuarias en vigor.

23ª. Os titulares das autorizacións comprométense a facilitar a Portos de Galicia toda aquela información que lles sexa requirida por este en relación coa realización da actividade e, en concreto, cando desenvolvan as súas actividades con finalidade comercial, comprométense a comunicar a Portos de Galicia, antes do 31 de xaneiro de cada ano, o importe neto anual da cifra de negocio desenvolto ao abeiro da autorización.

24ª. Cando as empresas autorizadas desenvolvan a súa actividade con finalidade comercial desagregarán na súa facturación a clientes os cargos por servizos propios e os que lle presta Portos de Galicia ou outros terceiros, ben en xestión directa ou indirecta, axustándoos aos conceptos e nomenclatura que figuren nas correspondentes taxas e tarifas, e conservando os duplicados de forma que poidan ser inspeccionados e contrastados por Portos de Galicia en todo momento, por requirimento deste.

25ª. Sendo a organización e dirección dos traballos obxecto do presente prego de responsabilidade exclusiva da empresa autorizada, esta será tamén responsable, durante a realización das operacións, de todos os equipamentos, elementos ou mercadorías que manipule.

Así mesmo, será responsable de calquera dano ou perda causados a persoas ou cousas, sexan de titularidade pública ou de terceiros, debido ao exercicio da súas actividades, así como as súas omisións ou neglixencias no dito exercicio.

Serán tamén responsables ante Portos de Galicia de calquera avaría, perda ou deterioración que se produza nos equipamentos ou instalacións desta por causa de neglixencia, accidente ou inobservancia das regras de seguridade vixentes.

26ª. As empresas autorizadas poderán utilizar na realización das operacións os medios mecánicos propostos na súa solicitude e que sexan autorizados por Portos de Galicia, conforme as condicións que se inclúen a continuación:

a) O uso destes medios mecánicos e, en particular, dos guindastres non implicará en ningún caso preferencia de atracada nin utilización exclusiva dos peiraos.

b) A empresa autorizada deberá contar, previamente á súa entrada en servizo, cos certificados de conformidade dos medios mecánicos que se autoricen con base na normativa vixente que sexa de aplicación. En concreto, e no que se refire aos guindastres, disporase dos certificados correspondentes ás probas das epígrafes de izado, accesorios de manipulación e cargas de proba dos ditos elementos, todo isto para os efectos das homologacións legais que procedan. Esta obriga non alcanzará os certificados e homologacións iniciais cando se trate de medios mecánicos da propiedade de Portos de Galicia, se están vixentes, pero si aqueles que se demanden con posterioridade.

c) A empresa autorizada será a responsable de manter os elementos mecánicos en perfectas condicións de utilización, de forma que se garanta a seguridade das operacións. Para tal efecto, deberan realizarse as inspeccións anuais de todos os seus elementos de seguridade, así como do estado da súa estrutura, mecanismos e demais dispositivos, efectuadas por unha entidade independente e debidamente homologada para o medio mecánico e o tipo de actividade de que se trate, e deberá presentar unha copia delas ante Portos de Galicia cando lle sexa requirida.

No prazo máximo de dez (10) días, contados desde a data de autorización, deberá comunicar a Portos de Galicia o nome e datos de contacto da empresa que realizará o servizo de mantemento e as revisións periódicas.

O deber de conservación de todos os medios mecánicos alcanzará o estado de limpeza, engraxamento e pintura.

24. Guindastres fixos ou móbiles: na actualidade a normativa de aplicación á solicitude de autorización de uso de guindastres no dominio público portuario é:

a) Guindastres fixos: Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria MIE-AEM-2 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións.

b) Guindastres móbiles: Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrución técnica complementaria MIE-AEM-4 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados.

c) Outra normativa de referencia:

i. Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de aparellos de elevación e mantemento destes.

ii. Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Para que a autorización de uso do guindastre no dominio público portuario sexa válida e efectiva por parte de Portos de Galicia, o titular deberá remitir a Portos de Galicia, no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da notificación da presente autorización e, en todo caso, antes da súa posta en funcionamento no porto, a documentación acreditativa seguinte:

a) Guindastres torre:

i. Xustificante de ter presentado perante a consellería competente, o rexistro/inscrición e/ou modificacións de guindastre fixo, actualmente segundo o procedemento IN657A, Inscrición no Rexistro de aparellos de elevación (guindastres torre) da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou o que o substitúa.

ii. Previamente á posta en servizo de guindastre fixo, deberá achegar xustificante de ter formalizo perante a consellería competente a solicitude segundo o procedemento IN608B, Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou o que o substitúa.

b) Guindastres móbiles autopropulsados:

Para o rexistro e posta en servizo de guindastre móbil, deberá achegar xustificante de ter formalizo perante a consellería competente a solicitude segundo o procedemento IN656A, Inscrición/modificación no Rexistro de aparellos de elevación (guindastres móbiles autopropulsados) da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou o que o substitúa.

27ª. Os equipamentos e maquinaria que empregue o titular da autorización, tanto se é da súa propiedade como se dispón del por calquera título xurídico de cesión que lle atribúa a súa disposición, deberá cumprir as seguintes condicións:

a) Todos os equipamentos auxiliares de carga como cadeas, ganchos, balancíns, etc., deben ter un certificado de empresa oficial de calidade do seu bo estado e aptitude para traballar coa súa carga normal.

b) Os medios mecánicos deberán contar con rodas e pneumáticos para a súa translación; prohíbese o uso de rodas metálicas.

c) As instalacións eléctricas da súa maquinaria deben estar visadas e autorizadas polo órgano competente da consellería competente en materia de industria.

d) Toda a maquinaria debe cumprir a regulamentación vixente sobre seguridade no seu funcionamento e dispoñer de seguro en regra cando este requisito sexa legalmente exixible.

e) As empresas quedan obrigadas a realizar anualmente, ou cando o exixa a normativa de aplicación, todas as inspeccións dos elementos dos seus equipamentos e maquinaria que afecten a súa seguridade, conforme o que dispoña a regulamentación vixente. Estas inspeccións serán realizadas por entidades de control debidamente homologadas e o informe do seu resultado remitirase a Portos de Galicia cando lle sexa requirido. De non facelo así, Portos de Galicia ordenará a inmediata retirada do servizo da maquinaria e equipamentos que incumpran este requisito.

28ª. Todo o equipamento de que dispoña o titular da autorización, sexa da súa propiedade, alugado ou suxeito a outro réxime de cesión, con inclusión, por tanto, dos medios mecánicos expresamente autorizados e de todo o material auxiliar preciso para o desenvolvemento da actividade, estarán marcados cos nomes, iniciais ou distintivos do seu propietario ou usuario e deberán levar nun sitio visible as características de tara e de potencia e capacidade de carga e o seu número de serie.

Calquera maquinaria ou obxectos que, a xuízo dos responsables técnicos de Portos de Galicia, non estea nas condicións útiles para o servizo a que se destine será retirada pola empresa propietaria. De non facelo no prazo que para tal efecto se lle indique, Portos de Galicia procederá á execución subsidiaria da dita retirada por conta da empresa, sen prexuízo da sanción que proceda e da posible incoación de expediente de caducidade da autorización.

Portos de Galicia poderá ordenar as reparacións pertinentes da maquinaria se esta, a xuízo de técnicos competentes e por non estar en perfectas condicións de utilización, constituíuse un perigo ou molestia para os usuarios do porto; o incumprimento desta condición, sen prexuízo das sancións administrativas que poida comportar, poderá motivar a incoación de expediente de caducidade da autorización.

En calquera caso, Portos de Galicia non será responsable da deterioración ou mingua da maquinaria, materiais ou útiles que estean na zona de uso da instalación.

29ª. Toda a maquinaria, equipamentos e o material auxiliar, á marxe de que, segundo os casos, requira so correspondente título administrativo que habilite a ocupación do dominio público portuario, se localizará naqueles lugares que figuren expresamente determinados nas condicións particulares da autorización, ou nos que, de ser o caso, sexan sinalados por Portos de Galicia con base en criterios de explotación portuaria.

Aqueles equipamentos que estean fóra desas localizacións poderán ser obxecto de retirada e traslado por Portos de Galicia, e para a súa devolución será preciso o aboamento dos gastos de retirada e traslado, sen prexuízo de aplicar outras consecuencias previstas na normativa de aplicación.

De ser o caso, a localización da instalación, o trazado, as características e a superficie correspondente á instalación da acometida de subministración de enerxía eléctrica para o medio mecánico será o que se especifique de maneira expresa nas condicións particulares da autorización, ben que poderá ser modificada a criterio de Portos de Galicia tendo en conta razóns de explotación portuaria.

30ª. Aqueles elementos mecánicos que non estean operativos deberán situarse nas zonas de estacionamento que estableza Portos de Galicia. As operacións de mantemento e/ou reparación destes elementos realizaranse nestas zonas, evitando en todo momento que se produzan molestias ou entorpecemento para as operacións portuarias ou para o depósito das mercadorías.

31ª. O titular da autorización estará obrigado a conservar en bo estado o pavimento e demais elementos de Portos de Galicia situados na zona de uso e movemento dos medios mecánicos, así como velar polas axeitadas condicións de hixiene, limpeza, seguridade e ambiente. Caso de non facelo así, Portos de Galicia poderá ordenar as obras de reparación e conservación que sexan necesarias con cargo ao titular da autorización.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións que poidan corresponder e, se é o caso, da incoación do expediente de caducidade da autorización.

32ª. Portos de Galicia regulará as condicións de calidade e ambiente das operacións realizadas polos titulares das autorizacións na zona portuaria, mediante instrucións técnicas ou outros procedementos normativos.

Como normas xerais relativas á calidade do servizo e protección do ambiente, os titulares autorizados:

• Cumprirán, como mínimo, a lexislación ambiental vixente.

• Achegarán, cando se lles exixa, as evidencias do cumprimento da lexislación ambiental (ensaios ou outro tipo de rexistros dos controis efectuados), e remitirán canta documentación lles sexa requirida para estes efectos.

• Atenderán inmediatamente as instrucións que en cada momento dite Portos de Galicia para garantir a protección ambiental e a calidade das operacións.

• De maneira voluntaria, cando dispoñan dun plan de xestión de calidade e estean obrigados a presentar o plan de continxencias ambientais, segundo a normativa correspondente, executarán as accións preventivas definidas nos seus sistemas integrados de xestión da calidade e do ambiente, incluirán neles as instrucións técnicas de Portos de Galicia e calquera outra normativa reguladora da actividade, e enviarán a Portos de Galicia unha copia das auditorías periódicas que se realicen no sistema, se é o caso, integrado de xestión.

• No caso de que se produzan residuos perigosos, observarase o disposto na lexislación vixente de aplicación, asumindo a súa xestión con base no disposto na devandita lexislación e na normativa técnica que Portos de Galicia desenvolva ao respecto.

• Cando lles sexa requirido, achegarán o plan de emerxencia aplicable ao desenvolvemento da súa actividade que se integrará co plan ou plans efectuados por Portos de Galicia.

• A xestión da calidade establecida pola empresa para as súas actividades deberá garantir a transmisión das normas establecidas por Portos de Galicia a terceiros vinculados coas súas actividades, como poden ser empresas de transporte, de reparacións, de control, de xestión de residuos e, en xeral, de calquera outra actividade relacionada coa empresa na zona de servizo do porto. A pesar diso, a comunicación das normas non libera a empresa prestadora das súas responsabilidades polo incumprimento, por parte de terceiros ao seu cargo, das normas establecidas por Portos de Galicia.

33ª. As empresas autorizadas deberán manter operativo en todo momento o sistema de prevención de riscos laborais. En cumprimento do disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e demais normativa de desenvolvemento, elaborarán toda a documentación relativa ás obrigas que lles impón a dita lexislación, documentación que deberán conservar á disposición da autoridade laboral, así como de Portos de Galicia.

A acción preventiva deberá comprender todos os traballos, de calquera natureza, desenvoltos pola empresa na zona de servizo do porto. Así mesmo, nos termos que corresponda segundo a lexislación de prevención de riscos laborais, a acción preventiva da empresa deberá estenderse aos traballos que desenvolvan na zona de servizo do porto terceiros vinculados de forma permanente ou temporal á súa actividade, como empresas de transporte, reparacións, control e, en xeral, calquera outra relacionada coa dita actividade.

O titular da autorización, co fin de dar cumprimento ao indicado no artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, desenvolta polo Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, comprometese ao seguinte:

• Recibir e trasladar aos seus traballadores a Ficha de información de riscos e medidas preventivas dos portos. O dito documento está á súa disposición na páxina web www.portosdegalicia.com.

• Recibir e trasladar aos seus traballadores as medidas de emerxencia e listas de teléfonos de emerxencias que están á súa disposición e na páxina web www.portosdegalicia.com

• Entregar a Portos de Galicia a avaliación de riscos e as medidas de emerxencia correspondentes á actividade que se desenvolverá no ámbito da autorización. Cando se produza modificación na actividade inicialmente realizada, enviará novamente a dita avaliación de riscos.

• Deberán informar a Portos de Galicia da relación de todas as subcontratas que realicen traballos vinculados á actividade autorizada e deberán achegar a avaliación de riscos e medidas de emerxencia delas.

• Proporcionar a Portos de Galicia os nomes e apelidos dos traballadores que vaian actuar como recurso preventivo durante os traballos que se realicen no dominio público portuario.

• Acudir ás reunións en materia de coordinación de actividades empresariais que, se é o caso, lle propoña Portos de Galicia e acatar todas as instrucións de seguridade que emanen da dita entidade pública.

34ª. Sen prexuízo do exposto nas anteriores condicións 32ª e 33ª, a empresa autorizada estará obrigada ao cumprimento das disposicións vixentes, segundo os casos, en materia de prevención de riscos laborais e en sistemas de seguridade, en xeral, que lles resulten aplicables.

35ª. Naqueles portos afectados polo Código internacional para a protección dos buques e instalacións portuarias (código PBIP) adoptado pola Conferencia Diplomática sobre Protección Marítima celebrada en Londres en decembro de 2002 e trasposto á normativa comunitaria polo Regulamento CE nº 725/2004, observaranse igualmente as prescricións contidas nos respectivos plans de protección das instalacións portuarias, e as instrucións que, na súa aplicación, sexan impartidas polos oficiais de protección das citadas instalacións.

Extinción da autorización.

36ª. Esta autorización extinguirase polas seguintes causas:

a) Vencemento do prazo de outorgamento.

b) Revisión de oficio nos supostos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Renuncia do titular.

d) Mutuo acordo entre Portos de Galicia e o titular da autorización.

e) Disolución ou extinción da sociedade titular da autorización, agás nos supostos de fusión ou escisión. No suposto de que a sociedade autorizada incorra en situación legal de suspensión de pagamentos, virá obrigado a efectuar o depósito previo do importe dos servizos que a partir dese instante solicite a Portos de Galicia. En caso contrario, denegaráselle a prestación daqueles servizos.

f) Revogación.

g) Caducidade.

h) Extinción ou perda das licenzas, permisos ou autorizacións que sexan legalmente preceptivas para o desenvolvemento da actividade.

i) Extinción do título de ocupación demanial a que se refire a condición 5ª.

37ª. Serán causa de caducidade da autorización:

a) O non pagamento de dúas liquidacións consecutivas, ou por un período superior a tres (3) meses, en concepto de taxa polo desenvolvemento da actividade.

Para iniciar o expediente de caducidade será abondo que non se efectuase o ingreso en período voluntario. Unha vez iniciado, poderase acordar o seu arquivamento se antes de ditar resolución se produce o aboamento do que se debe no procedemento de constrinximento e se constitúe a garantía que ao respecto fixe Portos de Galicia.

b) Falta de actividade durante un período de seis meses, agás que, a xuízo de Portos de Galicia, obedeza a causa xusta.

c) Desenvolvemento da actividade en portos distintos dos recollidos na autorización.

d) Desenvolvemento de actividades que non figuren no obxecto da autorización.

e) Cesión total ou parcial a un terceiro do uso.

f) Transferencia sen autorización de Portos de Galicia.

g) Non reposición ou complemento da garantía, logo de requirimento de Portos de Galicia.

h) A comisión de feitos que teñan a consideración de moi graves en función da lexislación sancionadora aplicable ou a reincidencia en feitos que teñan a consideración de graves.

i) Incumprimento doutras condicións que prevexan expresamente a súa inobservancia como causa de caducidade da autorización.

38ª. Extinguida a autorización, Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral, económica, contractual ou de calquera outra clase que contraese o titular da autorización.

39ª. En todo o non previsto nas anteriores condicións 36ª a 38ª, observarase o disposto na normativa que regula a utilización e explotación do dominio público portuario.

Disposicións derradeiras.

40ª. De acordo cos principios de obxectividade e proporcionalidade, e, en calquera caso, sempre que veña imposto pola normativa de aplicación, Portos de Galicia poderá modificar as condicións impostas aos titulares desta autorización, logo de audiencia dos interesados, cando se modifiquen as condicións do presente prego regulador. A modificación establecerá un prazo para que os titulares se adapten ao disposto nela. Transcorrido o dito prazo sen que teña lugar a adaptación, as autorizacións quedarán sen efecto.

41ª. As reclamacións sobre aplicación ou interpretación deste prego, agás as reclamacións relativas á aplicación das taxas, serán resoltas pola Presidencia de Portos de Galicia e os seus acordos porán fin á vía administrativa.

As reclamacións relativas á aplicación de taxas serán resoltas pola Dirección de Portos de Galicia e serán recorribles na vía económico-administrativa.

42ª. Este prego de condicións será de aplicación desde o día seguinte ao da publicación da resolución de aprobación pola Presidencia de Portos de Galicia no Diario oficial de Galicia. As autorizacións vixentes na data en vigor do presente prego seguirán mantendo a súa vixencia, agás que sexa solicitada a súa adaptación por instancia de parte ou de oficio.

43ª. Serán por conta dos titulares autorizados todos os gastos que se ocasionen con motivo desta autorización.

Condicións particulares (insíranse as que se consideren oportunas)

O director xeral

ANEXO XVI

Prego de condicións xerais polas que se rexerán as autorizacións
administrativas de actividade comercial portuaria de subministración
de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante
medios móbiles terrestres en portos de instalacións portuarias dependentes
de Portos de Galicia, procedemento con código IF504E

1. Fundamento legal.

Este prego apróbase ao abeiro da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Regulamento de servizo e policía, e demais disposicións aplicables ás actividades comerciais portuarias.

O contido das presentes condicións xerais e das particulares que se establezan é, en todo caso, complementario e non substitutivo de calquera normativa legal vixente en cada momento que afecte o dominio público portuario e as actividades que nel se desenvolven.

No non previsto no prego e na normativa citada será de aplicación a lexislación estatal aplicable na materia, en todo aquilo que non sexa incompatible coa lexislación autonómica, concretamente na Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas así como polo seu regulamento aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, no Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e nas demais disposicións aplicables ás concesións sobre dominio público portuario.

2. Obxecto.

Este prego será de aplicación ao exercicio da actividade comercial portuaria de subministración de combustible e/ou lubricantes e aceites a granel desde camións cisterna ou recipientes a buques que operen na zona de servizo dos portos e instalacións portuarias xestionadas por Portos de Galicia, ou a instalacións fixas ou móbiles localizadas nestes portos ou instalacións portuarias, en réxime de libre concorrencia, e prohíbese expresamente calquera outra clase de subministración.

3. Empresas subministradoras de combustible e/ou lubricantes a buques.

Para os efectos deste prego, considérase empresa subministradora de combustible e/ou lubricantes a granel, a persoa física ou xurídica, debidamente autorizada, que realiza a operación de subministración de combustible e/ou lubricantes a buques ou a instalacións fixas ou móbiles, mediante medios móbiles terrestres na zona de servizo dos portos e instalacións portuarias xestionadas por Portos de Galicia.

4. Solicitude de autorización.

Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o dito requisito, que, tendo plena capacidade de obrar e contando coa habilitación empresarial e profesional exixible para a realización da actividade regulada neste prego, non estean incursas en causas de incompatibilidade ou de prohibición para contratar coa Administración.

Os solicitantes deberán formular na sede electrónica da Xunta de Galicia a correspondente solicitude ante Portos de Galicia e xuntar dos documentos indicados no procedemento específico correspondente (código de procedemento IF504E). Poderá cursarse unha autorización para viarios portos da mesma zona.

5. Outorgamento da autorización.

Estas autorizacións serán outorgadas pola Presidencia de Portos de Galicia por proposta dos servizos técnicos de Portos de Galicia, e con suxeición ás condicións xerais previstas neste prego e ás particulares que establezan os servizos técnicos competentes de Portos de Galicia, documentos que formarán parte e se integrarán na resolución de outorgamento da autorización.

Os acordos tanto de autorización como de denegación deberán ser motivados e, en calquera caso, Portos de Galicia reserva para si a facultade discrecional de rexeitar as solicitudes que non se axusten a este prego de condicións e, igualmente, a de rexeitar ou modificar sensiblemente o seu contido, cando razóns estritas de explotación e planificación portuarias motiven o seu rexeitamento ou o seu outorgamento baixo condicións distintas das solicitadas.

O outorgamento desta autorización non exime o seu titular de estar en posesión das licenzas, permisos e autorizacións exixidos legalmente en cada momento para o desenvolvemento desta actividade.

A perda por calquera causa das pertinentes licenzas, permisos e autorizacións será causa de extinción da autorización.

6. Prazo da autorización.

O prazo máximo de vixencia das autorizacións para a realización das actividades reguladas neste prego será de 5 anos prorrogables por períodos da mesma duración ata un máximo de 15 anos.

As prórrogas serán concedidas de maneira discrecional por Portos de Galicia e requirirán a solicitude polo seu titular como mínimo dous (2) meses antes da expiración do prazo da autorización. As condicións da autorización prorrogada axustaranse á normativa de aplicación e prego regulador da actividade vixentes nese momento, así como ás condicións particulares que, de ser o caso, se establezan.

O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte ao da data de notificación da resolución de outorgamento da autorización.

7. Garantía.

7.1. Co fin de garantir ante Portos de Galicia o cumprimento das obrigas derivadas das actividades reguladas neste prego, os solicitantes deberán constituír unha garantía en metálico, valores públicos ou privados, aval ou seguro de caución por un importe de 6.000 euros por cada un dos portos que figuren na súa solicitude cun mínimo 50.000 euros. Este importe será revisado cada cinco anos, logo de expediente xustificativo.

As garantías constituídas estarán á disposición da Presidencia de Portos de Galicia e depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda, outorgándose solidariamente respecto ao obrigado principal, con renuncia expresa ao beneficio de excusión e con compromiso de pagamento ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, con suxeición aos termos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, nas súas normas de desenvolvemento e na normativa reguladora da Caixa Xeral de Depósitos.

A garantía depositada responderá de todas as obrigas económicas derivadas desta autorización, incluídas as ambientais, e igualmente das sancións administrativas que sexan consecuencia do desenvolvemento da actividade.

7.2. Extinguida a autorización para o desenvolvemento da actividade procederase á cancelación e devolución da garantía, unha vez realizado o pagamento das liquidacións pendentes, e sempre que non proceda unha incautación total por caducidade da autorización, ou total ou parcial por outros incumprimentos da empresa autorizada.

7.3. Con carácter excepcional, e coa finalidade de garantir un servizo que eventualmente implique un risco intrínseco ou ocasione unha liquidación de importe superior ao previsto para a garantía depositada, a Presidencia de Portos de Galicia poderá acordar a constitución dunha garantía complementaria á xa depositada. Finalizada a operación que motiva a constitución desta garantía complementaria, procederase á súa devolución se non existen causas que motiven a súa incautación.

7.4. O incumprimento das obrigas económicas pola empresa autorizada, e as responsabilidades de calquera outra índole en que poida incorrer que permitan unha execución monetaria, habilitarán a execución ou disposición inmediata da garantía constituída.

7.5. Cando, por aplicación do disposto no parágrafo anterior, Portos de Galicia teña que dispoñer da garantía, total ou parcialmente, a empresa autorizada virá obrigada a repoñela ou completala nun prazo dun mes contado desde o acto de disposición. O incumprimento desta obriga será causa de caducidade da autorización.

Durante o período que transcorra sen restituír ou completar a garantía fixada, Portos de Galicia, co obxecto de garantir o aboamento das taxas e tarifas polos servizos que se presenten no ámbito da súa competencia, poderá exixir a paralización da actividade.

8. Taxas e gastos.

8.1. Taxa polo desenvolvemento da actividade.

O titular da autorización aboará por este concepto a taxa anual correspondente conforme o anexo 3, taxas por servizos profesionais, clave 99, tarifas portuarias aplicables nos portos e instalacións competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, taxa 03, tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais ou de servizos da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A cota da taxa establecerase aplicando un tipo sobre o importe anual da cifra neta de negocios da actividade desenvolvida ao abeiro da autorización, que na actualidade é do 1 %.

Os períodos concretos de liquidación serán os especificados nas condicións particulares da autorización.

No valor da taxa non está incluído o IVE e deben aplicarse ao dito valor os tipos impositivos vixentes en cada momento.

Independentemente de que o aboamento da taxa está garantido pola fianza, Portos de Galicia poderá utilizar para o seu cobramento o procedemento administrativo de constrinximento, de conformidade co artigo 26 da Lei 6/2017 de portos de Galicia.

No suposto de que se ocupe superficie ou se realicen subministracións, serán de aplicación as taxas E-2 e E-3, respectivamente, da citada Lei 6/2003.

8.2. Outros gastos.

Serán por conta do titular da autorización o aboamento dos impostos, arbitrios ou taxas legalmente establecidas que sexan de aplicación, e todos os gastos que ocasione o desenvolvemento da actividade.

Calquera servizo portuario que o titular da autorización desexe recibir deberá de ser solicitado de acordo coa normativa vixente e seralle liquidado aplicando as taxas portuarias en vigor.

9. Seguros.

Os titulares das autorizacións, para responderen dos danos e perdas ocasionados polas súas propias accións ou omisións, estarán obrigados a concertar un seguro por danos ocasionados á Administración ou a outros terceiros e responsabilidade civil cunha cobertura por sinistro mínima de 600.000 €, no prazo máximo de dez días contados desde a notificación da resolución de autorización, e en todo caso antes de iniciar a actividade, o que deberá acreditarse achegando o modelo correspondente inserido no procedemento específico, co seguinte contido:

• Identificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros e da persoa que actúa en representación.

• Número da póliza de seguro.

• Mención expresa da cobertura de responsabilidade civil e da vixencia temporal do seguro.

• Identificación da actividade asegurada.

• Porto/s e municipios onde estea prevista a prestación do servizo asegurado.

• Contía do capital asegurado e da franquía, se é o caso.

• Data de pagamento da póliza que acredite a súa formalización.

• Data de expedición do certificado, asinado polo titular ou representante legal.

Será por conta da empresa autorizada o custo deste seguro, que deberá xustificar cando se lle requira que está ao día no pagamento das primas.

A non acreditación da póliza no prazo antes sinalado implicará sen necesidade dun trámite ulterior, a revogación automática da autorización, que quedará condicionada para estes efectos, e a incautación da garantía depositada.

O asegurador asume o compromiso de indemnizar o asegurado ao primeiro requirimento da Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente das restantes administracións públicas, nos termos establecidos na Lei de contratos das administracións públicas e normas de desenvolvemento.

10. Obrigas e responsabilidades da empresa subministradora.

10.1. O titular da autorización xestionará a actividade de avituallamento de combustible ao seu risco e ventura. Portos de Galicia en ningún caso será responsable das obrigas contraídas polo empresario nin dos danos e perdas causados por este a terceiros.

10.2. O titular da autorización será responsable ante Portos de Galicia e ante terceiros de todos danos e perdas que se causen ás instalacións portuarias ou a terceiros, incluídos os que teñan a súa orixe nun caso fortuíto, como consecuencia da actividade de avituallamento de combustible, agás que tales danos ou perdas sexan debidos a ordes ou actuacións impostas por responsables de Portos de Galicia. Calquera sinistro ou perda que se ocasione ao titular da autorización non dará dereito a indemnización por parte de Portos de Galicia, agás que eses sinistros ou perdas sexan debidos a ordes ou actuacións impostas por responsables de Portos de Galicia. O titular da autorización queda obrigado a conservar as instalacións e terreos de dominio público portuario sobre os cales se realiza a prestación da actividade en perfecto estado de conservación, utilización, limpeza, hixiene e ornato, e realizará pola súa conta as reparacións ordinarias e extraordinarias que sexan precisas.

10.3. Portos de Galicia poderá inspeccionar en todo momento o estado de conservación deses terreos e instalacións, e sinalar as obras de reparación ou conservación que deban realizarse, e o titular da autorización queda obrigado a executalas pola súa conta no prazo que se lle sinale.

Se o titular da autorización non realiza as obras de reparación ou conservación no prazo establecido por Portos de Galicia, este poderá proceder, logo de apercibimento, á execución subsidiaria das obras, e o importe dos gastos, así como o dos danos e perdas derivados do desenvolvemento da actividade incluíndo os que teñan a súa orixe nun caso fortuíto, por conta do empresario, e todo isto sen prexuízo das sancións que lle poidan corresponder e da incoación, se é o caso, de expediente de caducidade da autorización.

10.4. O titular da autorización deberá cumprir en todo momento as condicións relativas á explotación portuaria, utilización do dominio público portuario, protección do ambiente, manipulación de mercadorías perigosas, prevención de riscos laborais e normas de seguridade establecidas na lexislación vixente que sexan de aplicación ás súas operacións no porto, así como as instrucións técnicas ou outros procedementos normativos relativos ao desenvolvemento das operacións que establezan Portos de Galicia ou outras autoridades competentes.

10.5. As empresas autorizadas quedarán tamén suxeitas ás prescricións resultantes do Convenio internacional para previr a contaminación ocasionada por buques de 1973, modificado polo seu protocolo de 1978, na súa versión vixente (MARPOL 73/78), do Real decreto 128/2022, do 15 de febreiro, sobre instalacións portuarias receptoras de refugallos de buques, e, en consecuencia, a todos os instrumentos normativos, regulamentarios ou doutra índole que, en aplicación desta normativa, estableza Portos de Galicia.

10.6. Igualmente, naqueles portos afectados polo Código internacional para a protección dos buques e instalacións portuarias (código PBIP) adoptado pola Conferencia Diplomática sobre Protección Marítima celebrada en Londres en decembro de 2002 e trasposto á normativa comunitaria polo Regulamento CE nº 725/2004, observaranse igualmente as prescricións contidas nos respectivos plans de protección das instalacións portuarias, e as instrucións que, na súa aplicación, sexan impartidas polos oficiais de protección de Portos de Galicia e demais autoridades competentes nesta materia.

10.7. Todo o persoal necesario para o desenvolvemento das actividades obxecto da autorización será por conta e a cargo do titular, que deberá cumprir as obrigas que lle impón a lexislación vixente en materia laboral, de prevención de riscos laborais e de seguridade social e, en especial, de acordo co disposto no artigo 70 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, deberá formalizar coa mutualidade laboral correspondente a protección das continxencias de accidentes de traballo e de enfermidade do persoal ao seu servizo.

10.8. As empresas autorizadas deberán manter operativo en todo momento o sistema de prevención de riscos laborais. En cumprimento do disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e demais normativa de desenvolvemento, elaborarán toda a documentación relativa ás obrigas que lles impón a dita lexislación, documentación que deberán conservar á disposición da autoridade laboral, así como de Portos de Galicia.

A acción preventiva deberá comprender todos os traballos, de calquera natureza, desenvoltos pola empresa na zona de servizo do porto. Así mesmo, nos termos que corresponda segundo a lexislación de prevención de riscos laborais, a acción preventiva da empresa deberá estenderse aos traballos que desenvolvan na zona de servizo do porto terceiros vinculados de forma permanente ou temporal á súa actividade, como empresas de transporte, reparacións, control e, en xeral, calquera outra relacionada coa dita actividade.

O titular da autorización, co fin de dar cumprimento ao indicado no artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, desenvolta polo Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, comprometese ao seguinte:

• Recibir e trasladar aos seus traballadores a Ficha de información de riscos e medidas preventivas dos portos. O dito documento está á súa disposición na páxina web www.portosdegalicia.com

• Recibir e trasladar aos seus traballadores as medidas de emerxencia e listas de teléfonos de emerxencias que están á súa disposición e na páxina web www.portosdegalicia.com

• Entregar, cando lle sexa requirido, a Portos de Galicia a avaliación de riscos e as medidas de emerxencias correspondentes á actividade que se vai desenvolver no ámbito da autorización. Cando se produza modificación na actividade inicialmente realizada, enviará novamente a dita avaliación de riscos.

• Acudir ás reunións en materia de coordinación de actividades empresariais que, se é o caso, lle propoña Portos de Galicia e acatar todas as instrucións de seguridade que emanen da dita entidade pública.

• Sen prexuízo do exposto nas anteriores condicións, a empresa autorizada estará obrigada ao cumprimento das disposicións vixentes, segundo os casos, en materia de prevención de riscos laborais e en sistemas de seguridade en xeral que lles resulten aplicables.

11. Desenvolvemento da actividade.

11.1. Os usuarios que precisen avituallarse de combustible contactarán directamente coa empresa subministradora, que, pola súa parte, será a que deba formular a oportuna solicitude previa do servizo a Portos de Galicia.

A dita solicitude será presentada exclusivamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, ante a xefatura de zona respectiva, empregando o modelo de declaración previa de subministración incluída no procedemento IF504E (formulario do anexo XII) coa maior antelación posible e sempre antes de 24 horas do inicio da subministración en días laborables, ou 48 horas no caso de festivos ou fins de semana.

As xefaturas de zona comprobarán os datos recollidos na solicitude de servizo e, en particular, a súa concordancia coa relación de medios facilitados para obter a autorización, e poderán ser puntualmente rexeitados por razóns motivadas de seguridade ou explotación portuaria. En caso de ser autorizada a subministración non procederá comunicación por parte da xefatura de zona correspondente, agás que sexa preciso incorporar condicións particulares específicas.

A realización probada da subministración sen cubrir a declaración previa será causa de caducidade da autorización, sen prexuízo da incoación do expediente sancionador que proceda.

11.2. Os vehículos e o equipamento utilizado nas operacións de subministración deberán estar ao día en todas as inspeccións regulamentarias, e estar equipados con todos os elementos de seguridade exixidos na normativa vixente. O titular da autorización é o responsable de contar para cada servizo cos medios necesarios para prever e combater a contaminación tanto no peirao coma no mar por posible fuga no proceso de carga de combustibles.

11.3. Ademais dos medios indicados no punto anterior relativos aos vehículos, o titular da autorización deberá contar cun kit de emerxencia anticontaminación fixo en cada un dos portos autorizados, que poderá aloxarse nun contedor para protección das inclemencias do tempo e dos actos vandálicos. A localización de cada kit será definida na autorización.

De xeito visible no contedor onde se aloxe este kit deberase reflectir a seguinte información: Nome da empresa autorizada, data da resolución da autorización, medios de contacto por parte dos usuarios (teléfono, enderezo electrónico, sitio web, etc.).

A falta de disposición deste material no porto autorizado será causa de caducidade da autorización.

11.4. Os vehículos serán conducidos por persoal habilitado legalmente para o transporte e subministración deste tipo de mercadorías; en concreto só poderán acceder os vehículos expresamente autorizados portando o certificado ADR e a tarxeta de transporte; pola súa parte, os condutores dos vehículos e/ou os operadores do servizo, igualmente autorizados, deberán estar en posesión do carné de conducir ordinario, do carné de conducir mercadorías perigosas (clase 3) e da acreditación de dispor do curso básico de especialidade portuaria sobre mercadorías perigosas.

11.5. Os buques disporán en todo momento mentres se realicen as operacións de avituallamento de combustible da dotación suficiente para efectuar as manobras necesarias en caso de emerxencia, e contarán cos dispositivos e medios de seguridade exixidos pola lexislación vixente.

11.6. O persoal de Portos de Galicia poderá exixir en calquera momento a documentación que considere oportuna para comprobar que a operación de subministración conta con declaración previa e que se está a efectuar de acordo coas prescricións contidas neste prego. Igualmente, poderá solicitar en calquera momento tanto ao usuario receptor da subministración como á empresa subministradora, documentación que acredite que a subministración declarada foi a efectivamente realizada.

11.7. O falseamento na realización de subministración que por reiteración determine a comisión dunha infracción administrativa grave será causa de caducidade da autorización.

11.8. O persoal de Portos de Galicia responsable do porto ou portos en que se estea a levar a cabo a subministración terá en todo momento dereito a efectuar as inspeccións e comprobacións que xulgue oportunas e a adoptar, en consecuencia, as medidas que sexan necesarias, mesmo dando a orde de cesamento da actividade ou de saída do porto, de apreciar irregularidades.

11.9. As operacións de avituallamento de combustible a buques realizaranse exclusivamente nos puntos dos peiraos designados para tal efecto polas xefaturas de zona de Portos de Galicia, e prohíbese realizar subministración, paradas ou manobras en calquera outra parte da área portuaria, e os camións de subministro deben utilizar a zona portuaria e o itinerario previamente sinalado. Os ditos puntos e os itinerarios concretos recolleranse como anexo ás condicións particulares de cada autorización. Esta obriga é extensible á subministración de combustible a instalacións fixas ou móbiles.

11.10. Todos os servizos deberán ser prestados preferentemente durante a xornada laboral do persoal do porto onde se realice a subministración. Estes tamén serán comunicados aos responsables alfandegueiros para o seu control pola autoridade correspondente.

11.11. A posesión da autorización non supón en modo ningún dereito a reserva ou preferencia de utilización das instalacións portuarias a favor do seu titular, e o dito titular debe sempre axustar a subministración ás circunstancias de operatividade e utilización do porto que se presenten en cada momento e ás ordes e instrucións que para tal efecto reciba do persoal de Portos de Galicia.

11.12. Portos de Galicia reserva para si o dereito a suspender temporalmente a subministración nun porto, a dispor o cambio de peirao ou a establecer en cada momento as condicións de subministración e manobras que considere necesarias para a mellor explotación do porto.

11.13. Se na operación de avituallamento se produce algunha fuga, se declara un incendio ou se produce calquera outra situación de emerxencia, comunicarase inmediatamente ao celador gardapeiraos ou ao responsable de Portos de Galicia que lle sexa indicado e á capitanía marítima competente, e serán de obrigada observancia as actuacións recollidas no Plan de continxencias e no Plan de emerxencia do porto. Todo canto queda exposto enténdese sen prexuízo das actuacións a que queda obrigado o titular da autorización en virtude do disposto no seu plan de emerxencias e de continxencias ambientais.

12. Extinción da autorización.

A presente autorización extinguirase polas seguintes causas:

a) Vencemento do prazo de outorgamento.

b) Revisión de oficio nos supostos establecidos na Lei procedemento administrativo común das administracións públicas.

c) Renuncia do titular.

d) Disolución ou extinción da sociedade titular da autorización, agás nos supostos de fusión ou escisión.

e) Revogación.

f) Caducidade.

g) Extinción ou perda das licenzas, permisos ou autorizacións que sexan legalmente preceptivos para o desenvolvemento da actividade.

As autorizacións poderán ser revogadas unilateralmente en calquera momento e sen dereito a indemnización cando resulten incompatibles con obras ou plans que, aprobados con posterioridade, entorpezan a explotación portuaria ou impidan a utilización do espazo demanial para actividades de maior interese portuario. Corresponderá a Portos de Galicia apreciar as circunstancias anteriores mediante resolución motivada, logo de audiencia do titular da autorización.

Serán causa de caducidade da autorización:

O non pagamento de dúas liquidacións consecutivas, ou por un período superior a tres (3) meses, en concepto de taxa polo desenvolvemento da actividade.

a) Para iniciar o expediente de caducidade será abondo que non se efectuase o ingreso en período voluntario. Unha vez iniciado, poderase acordar o seu arquivamento se antes de ditar resolución se produce o aboamento do que se debe no procedemento de constrinximento, e se constitúe a garantía que ao respecto fixe Portos de Galicia.

b) A falta de actividade por un período superior a un ano, en cada un dos portos. Para estes efectos poderase incluír nas condicións particulares da autorización unha cantidade de subministración mínima que hai que cumprir, debaixo da cal se poderán considerar que se incorre en inactividade.

c) O falseamento probado dos datos sobre subministración achegado pola empresa como base para facturar a taxa para desenvolvemento da actividade.

d) O desenvolvemento da actividade en portos, peiraos ou áreas portuarias distintas das recollidas na autorización.

e) O desenvolvemento de actividades que non figuren no obxecto da autorización.

f) Cesión total ou parcial a un terceiro do obxecto da autorización.

g) Non reposición ou complemento da garantía, logo de requirimento de Portos de Galicia.

h) A utilización probada de medios materiais e humanos distintos dos que se recollen na autorización, agás que sexan comunicados e autorizados previamente por Portos de Galicia.

i) Incumprimento doutras condicións que prevexan expresamente a súa inobservancia como causa de caducidade da autorización.

Serán igualmente causa de caducidade as resolucións sancionadoras firmes pola comisión de infracción grave ou moi grave segundo o establecido na lexislación vixente.

Para declarar a caducidade seguirase o seguinte procedemento e deberase notificar a súa resolución expresa no prazo de seis meses desde o acordo de incoación:

• Constatada a existencia dalgún dos supostos referidos, pola unidade instrutora correspondente de Portos de Galicia incoarase o correspondente expediente de caducidade. O órgano competente para resolver ou o propio instrutor en caso de urxencia, poderán adoptar as medidas de carácter provisional que consideren convenientes, o que se porá en coñecemento do titular, que terá un prazo de 10 días para formular alegacións e acompañar os documentos e xustificacións que xulgue oportunos.

• As medidas de carácter provisional poderán consistir na paralización e suspensión da actividade, na prestación de garantías e en calquera outra que resulte necesaria para asegurar a eficacia da resolución que poida ditarse. Para lograr a efectividade de tales medidas, Portos de Galicia requirirá da autoridade gobernativa competente, cando sexa necesario, a colaboración da forza pública.

• Formuladas as alegacións ou transcorrido o prazo para levalas a cabo, a unidade instrutora ditará proposta de resolución e finalmente corresponderá á Presidencia de Portos de Galicia ditar a resolución finalizadora do procedemento.

• A declaración de caducidade comportará a perda das garantías constituídas e en ningún caso procederá a rehabilitación da autorización.

• Extinguida a autorización, Portos de Galicia non asumirá ningún tipo de obriga laboral ou económica do titular da autorización.

13. Sancións.

O incumprimento das condicións desta autorización, sen prexuízo da súa caducidade, será constitutivo de infracción e será sancionado de conformidade co disposto no capítulo III do título VI da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Para estes efectos, cómpre subliñar que a reincidencia pola comisión de infraccións administrativas leves antes do transcurso do prazo de prescrición derivará na comisión dunha infracción administrativa grave e, polo tanto, na caducidade da autorización.

Toda acción ou omisión que sexa constitutiva de infracción será sancionada segundo o disposto no capítulo IV do título VI da Lei 6/2017, logo de instrución do oportuno expediente administrativo na forma establecida na Lei 6/2017 e na lexislación reguladora do procedemento administrativo.

14. Disposicións derradeiras.

14.1. Consonte os principios de obxectividade e proporcionalidade, e, en calquera caso, sempre que veña imposto pola normativa de aplicación, Portos de Galicia poderá modificar as condicións impostas aos titulares desta autorización logo de audiencia dos interesados cando se modifiquen as condicións deste prego regulador. A modificación establecerá un prazo para que os titulares se adapten ao disposto nela. Transcorrido o dito prazo sen que teña lugar a adaptación, as autorizacións quedarán sen efecto.

14.2. Este prego de condicións será de aplicación desde o día seguinte ao da publicación da resolución da Presidencia de Portos de Galicia no Diario Oficial de Galicia. As autorizacións vixentes no momento da entrada en vigor manterán a súa vixencia. Non obstante, Portos exixirá a súa adaptación ao novo prego aprobado. A non adaptación ao novo prego por causas imputables ao autorizado constituirá causa de caducidade.

Condicións particulares (as que determine Portos de Galicia)

O director xeral