Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de maio de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na liquidación do contrato de alugueiro do expediente PO-82080, conta 3.

Por resultar descoñecido o enderezo das persoas interesadas, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 16 de maio de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-82080, conta 3.

Personas interesadas: comunidade hereditaria de José Manuel Pereira Fernández.

Acto obxecto de notificación: liquidación por resolución de contrato.