Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade dunha praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 75, do 20 de abril de 2023, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de traballador/a social, persoal laboral indefinido fixo do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2020.

As instancias para solicitar participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 24 de abril de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente