Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do estudo de detalle para reaxuste de aliñación na rúa Donato Bernárdez Sotelo.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Moaña, na sesión ordinaria que tivo lugar o 24 de abril de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para reaxuste de aliñación na rúa Donato Bernárdez Sotelo, promovido por Cordeiro, S.L. e redactado polo arquitecto Félix Gómez Pousa, que ten por obxecto a adaptación e o reaxuste á realidade do terreo ou da vía das aliñacións e rasantes xa fixadas no plan da rúa Donato Bernárdez Sotelo para as parcelas con referencia catastral número 1923020NG2812S e 1923021NG2812S.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da derradeira das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición no portal de transparencia do Concello de Moaña (Indicador 6.1. Urbanismo, obras públicas e ambiente/planeamento urbanístico), ao cal se accede a través da sede electrónica do Concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal/), a partir da data de publicación do correspondente anuncio no DOG, de conformidade co disposto na letra e) do artigo 7 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Réxime de recursos.

O acordo de aprobación inicial ten a natureza xurídica de acto administrativo de trámite non susceptible de impugnación independente, pero podería ser alegado polos interesados para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Todo isto segundo o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, poderá presentar, no período de información pública que se lle notifica mediante este anuncio, as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Moaña, 15 de maio do 2023

Leticia Santos Paz
Alcaldesa