Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34773

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023 pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convoca para o período 2022-2023 (código de procedemento AP400C).

O 6 de setembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 25 de agosto de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convoca para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400C e AP400D).

Así mesmo, o 6 de setembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 646334 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 18.2 e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 27 de abril de 2023 o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvencións, con indicación de que se lles notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 16.3 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 25 de agosto de 2022 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 6 da Resolución do 25 de agosto de 2022, este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia, resolvo que se publique a relación de expedientes que resultaron beneficiarios da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convoca para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400C e AP400D, DOG núm. 169, do 6 de setembro de 2022).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.781.0. Fomento da sociedade da información e do coñecemento a institucións sen fins de lucro.

d) Finalidade: subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas de subvención para o ano 2023:

Expediente

Entidade

NIF

Liña de actuación

Subvención

AP400C_001

Comunidad de Propietarios Lamas Carvajal 18

H01959105

Liña 1

3.808,00 €

AP400C_002

CP Cdad. Prop. Mato Calderón ABCD

H36131092

Liña 3

9.869,57 €