Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35076

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se fai pública a baremación definitiva dos méritos acreditados polos aspirantes e a proposta da persoa seleccionada no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría de programador/a, grupo III, de persoal laboral fixo.

Pola Resolución do 23 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo mediante concurso. Logo de reunirse a Comisión de Selección para a baremación definitiva dos méritos, resólvese:

1. Publicar no portal web do Cesga (www.Cesga.es/programador-a-proceso-extraordinario) as puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes neste proceso selectivo.

2. Nomear a persoa aspirante proposta pola Comisión de Selección, publicada no portal web do Cesga e que se xunta como anexo a esta resolución, como persoal laboral fixo do Cesga, na praza de programadora. Deberá tomar posesión no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá presentar recurso potestativo de reposición ante a presidenta do padroado da Fundación Cesga, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia

ANEXO

Nº prazas

Grupo

Descrición da praza

DNI

Apelidos e nome

1

III

Programadora

***7613**

García Tiagonce, Raquel