Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35077

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir tres prazas de persoal.

Prazas: (3) técnicos/as superiores de proxecto (referencias: PCCC-23-TSP2; PCCC-23-TSP3 e PCCC-23-TSP4).

Proxecto que se vai desenvolver: Programa complementario de comunicacións cuánticas.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, para a execución do Programa complementario de comunicacións cuánticas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-NextGenerationEU para o cal se asinaron convenios coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de catorce (14) días naturais, contados desde o día laborable seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na web do Cesga.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia