Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34852

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante a Resolución desta universidade do 24 de febreiro de 2023 (BOE do 6 de marzo), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo.

O citado nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

1T/23

María João

Correia Pinto Carvalho de Matos

***9642**

Profesor/a titular de universidad

Química Orgánica

Química Orgánica

Santiago de Compostela

C01959