Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2022/023-1).

Expediente: IN407A 2022/023-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Porcar (instalacións MT: proxecto/instalacións BT: anexo I).

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

– Instalación de LMT aérea a 15 kV, de 260 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 tendido sobre tres (3) apoios metálicos, coa orixe no apoio nº D88 existente de formigón tipo A-AG-HV-2×2B/14-DC2-CA pertencente á arquitectura da liña EUM-702 (expediente 15.351), no cal se proxecta a instalación dunha cruceta para derivada e remate no apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/12-H35-CAIII, que se identificará co nº D88-3-CT.

– Instalación no apoio nº D88-3-CT proxectado dun novo CT tipo intemperie de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, con cadro de baixa tensión (CBT) e dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e elementos de protección e manobra tipo XS para instalar no apoio metálico de celosía tipo A-AG-C-2000/14-H35-CAIII anterior ao do CT, que se identificará co nº D88-2.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) da zona, mediante da desconexión e desmontaxe de 2.381 metros de rede aérea existente en condutores tipo LC-28 e RZ de diferentes seccións, e a retirada de quince (15) apoios e a construción de 470 metros de nova rede soterrada de baixa tensión (RDBTS) en condutores tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), e XZ1 0,6/1 kV 4(1×50 mm2 Al) e de 718 metros de nova rede aérea de baixa tensión (RDBTA) en condutores tipo RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) tendida sobre quince (15) novos apoios de formigón.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partires do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 11 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Porcar.

Situación: concello de Cabanas.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso

de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie

(m2)

1

Descoñecido

Polígono 8, parcela 245

Carboeiros

28

446

Monte alto

2

José Manuel

Pereira Fernández

Polígono 8, parcela 246

Carboeiros

Novo apoio nº D88-1

2

59

948,59

Prado

3

Descoñecido

Polígono 8, parcela 294

Pazo

16

202

Prado

4

Descoñecido

Polígono 8, parcela 293

Carboeiros

1

37

Monte alto

5

Descoñecido

Polígono 8, parcela 292

Pazo

3

45

Monte alto

6

Descoñecido

Polígono 8, parcela 291

Pazo

5

76

Monte alto

7

José Manuel

Pereira Fernández

Polígono 8, parcela 286

Carboeiros

35

563

Monte alto

8

Antonio Rico Sanjuan

Polígono 8, parcela 285

Rega

16

242

Prado

9

Antonio Rico Sanjuan

Polígono 8, parcela 271

Cota

Novo apoio nº D88-2

10

44

557

Prado

10

Descoñecido

Polígono 8, parcela 283

Rega

64

Prado

11

Descoñecido

Polígono 8, parcela 282

Rega

3

Prado

12

Descoñecido

Polígono 8, parcela 281

Rega

31

Prado

13

Descoñecido

Polígono 8, parcela 279

Rega

50

Prado

14

María del Carmen

Piñeiro Rodríguez

Polígono 8, parcela 278

Leira da Rega

29

Prado

15

Descoñecido

Polígono 8, parcela 270

So Piñeiro

4

60

Monte baixo

16

Jesús

López Rodríguez

Polígono 8, parcela 268

Leira da Costa

14

213

Prado

17

José Manuel Feal Arnoso

Polígono 8, parcela 273

Campón en Fondás

18

286

Prado

18

Herdeiros

de Carmen Piñeiro

Polígono 8, parcela 274

Fondás

9

141

Prado

19

María Luisa Arraso

Luaces

Polígono 8, parcela 275

Fondás

Novo apoio nº D88-3-CT

10

9

142

Prado

20

Descoñecido

Polígono 8, parcela 276

Leira dos

Ferrados

12

Prado