Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro parcelas pola instalación eléctrica LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás prevista no concello de Gondomar (expediente IN407 2023/238-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás (expediente IN407 2023/238-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/238-4.

Denominación: LMTA, LMTS VAA708, CTC e ITC O Carballás.

Concello: Gondomar.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Carballás

Rústico

2814711NG2621S0001EK

Descoñecido/a

CT

14.96

2,54

10,35

2

A Baralla

Rústico

54021A072005710000KH

Descoñecido/a

1

1,44

11,13

2,59

148,75

7,77

3

A Baralla

Rústico

54021A072005700000KU

Descoñecido/a

64,96

4

A Baralla

Rústico

54021A072005690000KW

Descoñecido/a

1

1,69

4,84

57,08