Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Ribeira (expediente de expropiación IN407A 2022/220-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre os apoios 9DVTLOKK//44-30 e 9DXQP7WL//44-33, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/220-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, para o cal exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 9 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/220-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LAMT PMR814 Corrubedo 14 entre os apoios 9DVTLOKK//44-30 e 9DXQP7WL//44-33.

Concello: Ribeira.

Predio

Lugar

Polígono

Parcela

Titularidade

Data

Hora

1

Saamil

51

1014

Descoñecida

3.8.2023

11.00