Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fixa nova data para a convocatoria de levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Farrapa II, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, para o cal exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 12 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 066-EOL.

Denominación: parque eólico Farrapa II.

Convocatoria levantamento actas previas no Concello de Abadín.

Predio

Propietario/a

Pol.

Parc.

Data do acto

Hora

Concello

26

Descoñecido/a

53

94

22.6.2023

11.30

Abadín

27

Descoñecido/a

53

165

22.6.2023

11.30

Abadin