Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan o interesado ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS MOS707 e CT Louriño, no concello de Mos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócase o interesado no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS MOS707 e CT Louriño, no concello de Mos, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado ou representado por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 15 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/367-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS MOS707 e CT Louriño.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36033A031060090001DT

Namelas

Alejandro Estévez Lugo

23 de xuño de 2023

12