Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten as follas de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 16 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/226-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforzo LMTA ROS807 derivación CT Vilar.

Concello: Tomiño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

3

36054A060002580000ED

Pereiro

Descoñecido

4

36054A060002550000EO

Toxeiras

Descoñecido