Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35148

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 54/2023, do 19 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito antigo da estrada provincial EP-9306 Covas-Padrenda a prol do Concello de Meaño.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

Con data do 9 de setembro de 2022, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aproba o cambio de titularidade do treito antigo no lugar de Covas da estrada provincial EP-9306 Covas-Padrenda a prol do Concello de Meaño.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Meaño, na sesión do 25 de novembro de 2022, acorda por unanimidade o cambio de titularidade proposto.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, indica que a estrada EP-9306 cumpre co estipulado no punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial. Polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de maio de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade do treito antigo da estrada EP-9306 a prol do Concello de Meaño:

Denominación

p.q.i

p.q.f

Lonx. (km)

Treito antigo da EP-9306 Covas-Padrenda

0+100 ME da EP-9306

2+520 ME da EP-9302

0,111

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o concello e a deputación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Meaño, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade