Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 92, do 16 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura do posto que se indica a continuación:

Denominación: auxiliar administrativo.

Clasificación: funcionario/a.

Grupo de clasificación: C2.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Coristanco, 16 de maio de 2023

Juan Carlos García Pose
Alcalde