Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, a través do sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de asistente/a social xefe/a, pertencente á oferta de emprego público do ano 2022.

As bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza vacante de persoal laboral fixo do Concello de Gondomar publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 86, do 5 de maio de 2023:

• 1 praza de asistente/a social xefe/a, encadrada no grupo II, polo sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 8 de maio de 2023

Juan F. Ferreira González
Alcalde