Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira na categoría de policía local.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 10.5.2023 e número 2023000974 acordouse o nomeamento de Daniel Bea Neira (DNI núm. ***1931**) como funcionario de carreira na categoría de policía e a súa adscripción con carácter definitivo ao posto de traballo 08.00.00.21, recollido na relación de postos de traballo do Concello de Nigrán, aprobada definitivamente mediante o Acordo plenario do 26 de abril de 2021.

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. No caso de non facelo, será declarada en situación cesante e consecuentemente decaída no seu dereito.

Dáse publicidade do dito nomeamento de conformidade co establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación da función pública vixente.

Nigrán, 11 de maio de 2023

Juan A. González Pérez
Alcalde