Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35549

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Mediante a Resolución do 28 de decembro do 2022, a presidenta do ente público Portos de Galicia convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos/categorías de técnico en comunicación e relacións externas, xefe de unidade, enxeñeiro de camiños, canais e portos, xefe de zona sur, enxeñeiro técnico en topografía, celador-gardapeiraos, condutor-conserxe (bacharelato ou similar), condutor-conserxe (ESO ou similar), administrativo, delineante, técnico en seguridade, axudante de topógrafo, vixilante de obras e auxiliar administrativo, nos grupos I, II, III, IV de Portos de Galicia.

A epígrafe III.I. da dita resolución dispón que o tribunal cualificador do proceso selectivo será nomeado mediante resolución da presidenta de Portos de Galicia. Así mesmo, establece que a súa composición virá determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, e os seus membros deberán absterse de intervir cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do réxime xurídico do sector público.

Tendo en conta o anterior,

RESOLVO:

Nomear como membros do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, polo sistema de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos postos/categorías de técnico en comunicación e relacións externas, xefe de unidade, enxeñeiro de camiños, canais e portos, xefe de zona sur, enxeñeiro técnico en topografía, celador-gardapeiraos, condutor-conserxe (bacharelato ou similar), condutor-conserxe (ESO ou similar), administrativo, delineante, técnico en seguridade, axudante de topógrafo, vixilante de obras e auxiliar administrativo, nos grupos I, II, III, IV de Portos de Galicia.

Tribunal titular:

– Presidente: Andrés Daniel Cervantes Refojos.

– Secretario con voz e voto: Manuel Bautís Cheda.

– Vogais:

Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

Laura González Gurgueiro.

Consuelo García Regueiro.

Tribunal suplente:

– Presidente: Pedro Urquijo Gómez.

– Secretario con voz e voto: Jesús Javier Fernández Barro.

– Vogais:

Marta Molina Juana.

Lorena Solana Barjacoba.

Antonio López Fernández.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia