Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35551

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso á condición de persoal fixo, en diversas categorías de persoal estatutario.

Advertidos erros no anexo da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do mércores 24 de maio de 2023, é preciso facer as seguintes correccións:

Na páxina 31260, no tribunal de Área Clínica I, onde di: «Secretario/a titular: Ana Pérez Delgado, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia», debe figurar: «Secretario titular: Javier García Caeiro, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia».

Na páxina 31261, no tribunal de Área Diagnóstica, onde di: «Secretario/a suplente: Ana Pérez Delgado, funcionaria do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia», debe figurar: «Secretaria suplente: María José Montero Furelos, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo técnico da función administrativa».

Na páxina 31263, no tribunal de técnicos superiores de Formación Profesional, onde di: «Secretario/a titular: Javier García Caeiro, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia», debe figurar: «Secretaria titular: Ana Pérez Delgado, funcionaria do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia».