Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35532

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se reaxustan as anualidades e se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).

1. O 13 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F).

2. No primeiro parágrafo do punto primeiro do ordinal vixésimo oitavo da citada resolución sinálase que as axudas previstas nesa convocatoria «... faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA) por importe de 567.156 euros con cargo á anualidade 2022; 1.400.000 euros con cargo á anualidade 2023; 2.100.000 euros con cargo á anualidade 2024; 2.500.000 euros con cargo á anualidade 2025 e 2.800.000 euros con cargo á anualidade 2026. Cando se asine o correspondente convenio co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, os anteriores importes poderán ser reaxustados para seren financiados con cargo aos fondos finalistas do citado plan».

3. O 7 de xullo de 2022 asinouse o convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

4. No acordo da Comisión bilateral de seguimento do 14 de xullo de 2022, reaxustouse o financiamento resultante do citado convenio do 7 de xullo de 2022, que quedou nos seguintes termos:

Financiamento estatal PEAV 2022-2025

2022

2023

2024

2025

10.675.244

500.000

800.000

1.000.000

Financiamento autonómico PEAV 2022-2025

2022

2023

2024

2025

924.756

1.400.000

700.000

300.000

5. O 5 de outubro de 2022 publicouse no DOG a Resolución do 28 de setembro de 2022 pola que se reaxusta o financiamento e se amplía a dotación orzamentaria da devandita Resolución do 1 de xullo de 2022, ampliando e reaxustando o financiamento inicialmente previsto, que quedou establecido da seguinte forma:

Fondos finalistas do Estado do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

Aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00015

2022

2023

2024

2025

2026

1.875.244

1.400.000

2.100.000

2.500.000

2.800.000

Fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA)

Aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00011

2022

2023

2024

2025

2026

924.756

1.400.000

700.000

300.000

Total fondos (FCA + FFE)

2022

2023

2024

2025

2026

2.800.000

2.800.000

2.800.000

2.800.000

2.800.000

6. Na data de hoxe existen remanentes dos fondos achegados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, que non van ser executados para a finalidade que estaba prevista, polos seguintes importes:

Anualidade

2023

2024

2025

Importe

500.000

800.000

1.000.000

Doutra banda, o importe do crédito fixado para a anualidade 2023 é insuficiente para atender as solicitudes de concesión inicial e de prórrogas de convocatorias anteriores que se levan presentado durante este ano. Así mesmo, prevese unha insuficiencia nos importes das anualidades de 2024 e 2025, razón pola que resulta necesario ampliar e reaxustar os importes do crédito establecido na Resolución do 28 de setembro de 2022 para as citadas anualidades.

Para estes efectos, os importes que se consideran necesarios para atender as axudas iniciais e as prórrogas de convocatorias anteriores que se soliciten no 2023, así como as previstas para as seguintes anualidades, ascenden ás cantidades que se detallan a seguir:

Anualidade

2023

2024

2025

2026

Importe

4.300.000

3.600.000

3.100.000

2.500.000

En virtude do anterior e ao abeiro do ordinal vixésimo oitavo da Resolución do 1 de xullo de 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria destas axudas para os exercicios 2023, 2024 e 2025, por importe de 1.500.000, 800.000 e 300.000 euros, respectivamente, con cargo a fondos finalistas do Estado do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

Segundo. Reaxustar o financiamento previsto no primeiro parágrafo do punto primeiro do ordinal vixésimo oitavo e no ordinal vixésimo noveno da Resolución do 1 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do bono de alugueiro social e se procede á súa convocatoria continuada e permanente ata o esgotamento do crédito (código de procedemento VI482F), quedando o financiamento tras o reaxuste e ampliación da seguinte forma:

Fondos finalistas do Estado do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

Aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00015

Anualidade

2022

2023

2024

2025

2026

Dotación inicial

1.875.244

1.400.000

2.100.000

2.500.000

2.800.000

Ampliación

+1.500.000

+800.000

+300.000

Reaxuste

-300.000

Total

1.875.244

2.900.000

2.900.000

2.800.000

2.500.000

Fondos propios da Comunidade Autónoma (FCA)

Aplicación orzamentaria 08.81.451B.480.1, proxecto 2022 00011

Anualidade

2022

2023

2024

2025

2026

FCA

924.756

1.400.000

700.000

300.000

Total fondos (FCA+FFE)

Anualidade

2022

2023

2024

2025

2026

Total

2.800.000

4.300.000

3.600.000

3.100.000

2.500.000

Esta ampliación non implica a modificación do prazo para presentar solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo