Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35441

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24.

Co obxecto de regular a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24, resolvo anunciar:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de Bacharel e Baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023/24 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Terceiro. Que os centros docentes que desexen impartir o programa Bachibac deberán formular a súa solicitude ante a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, conforme o modelo que figura como anexo I da convocatoria, e dirixila á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa