Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de técnico de Atención á Infancia.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 123, do 31 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de técnico de Atención á Infancia, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala Servizos Especiais-Xestión do Punto de Atención á Infancia, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial de la provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 31 de maio de 2023

Felipe Labrada Reija
Alcalde