Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo convocado para a cobertura de 23 prazas de administrativo/a (subgrupo C1), pola quenda de promoción interna, C.E. 2/23.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 92, do 16 de maio de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 9.5.2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 23 prazas de administrativo/a, pola quenda de promoción interna (subgrupo C1), C.E. 2/23.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicásense nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 16 de maio de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior