Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2023.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, en sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2023, acordaba aprobar a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao ano 2023 no ámbito do Concello de Vilalba, coa seguinte relación de prazas ofertadas:

Persoal funcionario:

Grupo de programa

Grupo (Art. 76 RDL 5/2015)

Escala/subescala

Núm. prazas

Denominación

Sistema de acceso

Vínculo

920

C1

Administración
xeral/administrativa

1

Administrativo/a

Oposición libre

Funcionarial

132

C1

Administración especial (servizos especiais)

1

Policía Local

Oposición libre

Funcionarial

132

C1

Administración especial (servizos especiais)

2

Oficial de Policía Local

Promoción interna*

Funcionarial

920

A2

Administración xeral/técnica de xestión

1

Técnico

Promoción interna

Funcionarial

*Artigo 37 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Persoal laboral:

Grupo de programa

Grupo (Art. 76 RDL 5/2015)

Grupo profesional*

Núm. prazas

Denominación

Sistema de acceso

Vínculo

332

C2

IV

1

Bibliotecario/a

Oposición libre

Laboral fixo

*Artigo 80 do Convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vilalba.

De conformidade coa parte dispositiva do referido acordo, e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vilaba, 25 de abril de 2023

María Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa