Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36127

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 109, do venres 9 de xuño de 2023, na páxina 35869, no punto primeiro, onde di: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 10.00 horas, as seguintes clases:», debe dicir: «Sábado, 24 de xuño de 2023, ás 9.00 horas, as seguintes clases:».