Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36125

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4 administrativo (técnico/a auxiliar de informática).

De conformidade co establecido na base I.4.2 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo 4 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro de 2022), esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 4 administrativo, técnico/a auxiliar de informática.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

As persoas aspirantes exentas da proba de coñecemento da lingua galega ou, de ser o caso, que deban realizar a dita proba figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Consello Económico e Social

ANEXO I

Relación definitiva de persoas aspirantes excluídas: ningunha.

Relación definitiva de persoas aspirantes admitidas:

Apelidos e nome

NIF

Castro Ures, Esther

***3075**

ANEXO II

Relación definitiva de persoas aspirantes exentas da proba de coñecemento da lingua galega:

Apelidos e nome

NIF

Castro Ures, Esther

***3075**

Relación definitiva de persoas aspirantes que deben realizar a proba de coñecemento da lingua galega: ningunha.