Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36124

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da convocatoria do concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

Co obxecto de realizar a convocatoria do concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Que a regulación e a convocatoria do concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Que as persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a correspondente solicitude no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa