Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36402

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2023/24.

Para o obxecto de regular a incorporación, continuidade e organización do Plan de mellora de bibliotecas escolares na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolvo:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que se creará na aplicación aloxada no enderezo: https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/

Dentro desta solicitude, xuntarase tamén a documentación indicada no artigo 7 desta convocatoria.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa