Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36399

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT130A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade, no Diario Oficial de Galicia, ás axudas concedidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ao abeiro da Orde do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, que figuran como anexo a esta resolución.

Finalidade da axuda: a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

Entidades beneficiarias: entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Aplicacións orzamentarias:

– 10.04.432A.760.0: 110.000 € (cento dez mil euros).

– 10.04.432A.781.0: 35.000 € (trinta e cinco mil euros).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO I

Entes locais: 10.04.432A.760.0: 110.000 €.

Expediente

Solicitante

Contía proxecto

Contía solicitada

Total puntos

2023/24

Beariz

8.470,00 €

6.000,00 €

9,88

2023/26

Taboadela

8.470,00 €

6.000,00 €

9,87

2023/34

As Somozas

8.129,61 €

6.000,00 €

9,79

2023/2

Avión

12.159,85 €

6.000,00 €

9,52

2023/6

Moraña

9.317,00 €

6.000,00 €

9,07

2023/15

Calvos de Randín

7.500,00 €

6.000,00 €

9,00

2023/14

Aranga

8.893,50 €

5.958,65 €

8,99

2023/13

Cervantes

8.000,00 €

6.000,00 €

8,75

2023/29

Mañón

5.089,26 €

3.816,95 €

8,75

2023/7

Irixoa

4.235,00 €

3.335,00 €

8,64

2023/20

Entrimo

7.500,00 €

5.940,00 €

8,62

2023/4

Zas

12.705,00 €

6.000,00 €

8,58

2023/10

Mondoñedo

6.610,83 €

5.288,66 €

8,00

2023/17

Lobios

6.600,00 €

5.280,00 €

8,00

2023/22

Ponteceso

6.957,11 €

5.565,00 €

8,00

2023/28

Samos

3.000,00 €

2.400,00 €

8,00

2023/35

Muxía

8.462,00 €

6.000,00 €

7,87

2023/30

Ribadumia

8.000,00 €

6.000,00 €

7,75

2023/11

Vilar de Barrio

4.980,36 €

3.944,45 €

7,62

2023/31

As Pontes de García Rodríguez

9.111,30 €

4.555,65 €

7,50

2023/38

A Laracha

7.406,52 €

3.703,13 €

7,50

Entidades sen fin de lucro galegas: 10.04.432A.781.0: 35.000 €.

Expediente

Solicitante

Contía proxecto

Contía solicitada

Total puntos

2023/5

Beneditinas do Mosteiro de San Paio

10.000,00 €

6.000,00 €

8,57

2023/4

Diocese Lugo

8.470,00 €

6.000,00 €

8,14

2023/2

Exponav

12.197,58 €

6.000,00 €

6,00

2023/3

Fundación Penzol

4.000,00 €

2.400,00 €

5,57

2023/8

Asociación Centro de Dinamización Rural e Sociocultural de Mouriscados

7.500,00 €

6.000,00 €

5,00

2023/1

Fundación Luis Tilve

4.727,98 €

3.782,39 €

4,00

2023/6

Adega

8.003,76 €

4.817,61 €

3,98