Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación das bases da convocatoria do proceso selectivo convocado para a cobertura de dúas prazas de socorrista (agrupacións profesionais), C.E. 13/22.

No Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo de 2023, publicouse o anuncio da convocatoria do proceso selectivo convocado para a cobertura de dúas prazas de socorrista (agrupacións profesionais), C.E. 13/22. As bases específicas aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 23 de febreiro de 2023, foron publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 41, do 1 de marzo de 2023. Mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 2 de maio de 2023, modificáronse as devanditas bases e esta modificación foi publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 86, do 8 de maio de 2023.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de maio de 2023

O alcalde
P.D. (A Xunta de Goberno Local do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior