Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 22 de maio de 2023 aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, que contén as prazas que se citan a seguir:

Corporación: Concello do Corgo.

Número de código: 27014.

Persoal laboral fixo.

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Traballador/a social

Xornada completa

Traballador social-Apoio atención servizo social comunitario e coordinación servizo axuda no fogar xestión directa

1

Técnico/a de atención á infancia

Xornada completa

Persoal de atención-Técnico de atención á infancia (servizos sociais especializados)

A execución desta oferta de emprego público debe realizarse dentro do prazo improrrogable de tres anos, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no correspondente diario oficial.

O anterior faise público en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra a referida resolución poderase interpor, potestativamente, o recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da referida notificación, ou interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sito na r/ Armando Durán, 27002 Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida notificación, sen poder simultanear ambos os dous, conforme se dispón nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Advírteselle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e/ou exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

O Corgo, 23 de maio de 2023

Felipe Labrada Reija
Alcalde