Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37205

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (Diario Oficial de Galicia número 54, do 17 de marzo).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas que se financiarán cun crédito total de 4.475.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, código de proxecto 2022 00001, que figuran nos anexos desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I

Liña 1: transición verde e ecolóxica para a rehabilitación
do patrimonio en espazos singulares do litoral

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Xove

Creación de ruta litoral desde a praia de Esteiro a enseada de Muiñelo e de punta Meitón a punta da Mansa

70.718,37 €

Concello de Ares

Recuperación ambiental Camiño Salgueiras

71.990,39 €

Concello de Dumbría

Itinerario peonil e integración paisaxística no miradoiro do Ézaro

80.000,00 €

Concello de Corcubión

Rehabilitación sustentable da capela do Pilar para sala de exposicións

49.556,36 €

Concello de Carnota

Senda peonil en Lombáns

47.609,99 €

Concello do Vicedo

Mellora no sendeiro da costa para fomentar a biodiversidade de cara ao turismo

43.557,16 €

Concello de Outes

Urbanización de parcela anexa ao estaleiro de Ciprián

70.922,75 €

Concello de Oia

Mellora do sistema de drenaxes naturais, accesibilidade e integración paisaxística do cruzamento co Río Vilar

43.503,10 €

Concello de Cervo

Actuacións para a integración paisaxística, acondicionamento e adecuación á paisaxe da parcela contigua ao Museo do Mar

43.551,85 €

Concello da Laracha

Actuacións de acondicionamento de elementos de protección da senda do Saldoiro de Caión

79.650,00 €

Concello de Porto do Son

Posta en valor do lavadoiro tradicional na praia da Gafa e camiños de acceso

26.965,44 €

Concello de Miño

Mellora paisaxística da contorna da praia de Marín (Miño): recuperación ambiental e acondicionamento dos accesos

80.000,00 €

Concello de Boiro

Recuperación dos xardíns do Pazo de Goiáns

80.000,00 €

Concello de Cee

Mellora das infraestruturas turísticas e a súa accesibilidade na praza Campo do Sacramento

43.090,63 €

Concello de Baiona

Recuperación da vexetación natural do Monte do Boi

43.385,76 €

Concello de Redondela

Acondicionamento, mellora e sinalización do sendeiro peonil Camiño de Porto de Cedeira no ámbito da enseada de San Simón (Rede Natura 2000)

36.374,90 €

Concello de Vilanova de Arousa

Embelecemento do litoral de Vilanova de Arousa

80.000,00 €

Concello de Cabana de Bergantiños

Rehabilitación de espazo singular miradoiro paisaxístico no litoral á marxe esquerda do río Anllóns-praia Urixeira

41.356,60 €

Concello de Cambados

Restauración da senda do litoral na punta do Marco

47.693,08 €

Concello de Narón

Acondicionamento da senda litoral Ártabra (Narón)

71.149,92 €

Concello de Noia

Senda litoral de Galicia: tramo A Ponte Nafonso-Noia

79.199,99 €

Concello da Guarda

Transformación paisaxística do acceso ao castelo de Santa Cruz pola porta de socorro

71.254,36 €

Concello de Marín

Iluminación de sendas e petróglifos do Conxunto Arqueolóxico dos Petróglifos de Mogor

35.328,85 €

Concello de Cangas

Recuperación e posta en valor dunha senda de interese etnográfico e ambiental que une as aldeas de Erbello, Piñeiro e Gandón localizadas na parroquia de Aldán

13.830,30 €

Concello de Oleiros

Mellora da envolvente e integración paisaxística da Casa do Arxentino

80.000,00 €

Concello de Sanxenxo

Pasarela de Bordóns no sendeiro litoral dos carballos de Aldariz

80.000,00 €

ANEXO II

Liña 2: transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Cee

Aplicación móbil interactiva para potenciar o turismo e fomentar o comercio local

15.000,00 €

Concello de Carnota

Mesa panorámica tecnolóxica no miradoiro de Louredo

13.449,15 €

Concello de Ribadeo

Guía interactiva-Centro de Interpretación Forte de San Damián

14.999,40 €

Concello de Ares

Subministración e instalación de pantalla interactiva na fachada marítima

13.499,50 €

Concello de Burela

Desenvolvemento da presenza web do Concello de Burela

10.018,80 €

Concello de Corcubión

Desenvolvemento dunha guía turística dixital

14.973,75 €

Concello de Cervo

Adquisición e instalación de pantallas interactivas para a dixitalización de recursos con potencial turístico.

13.499,76 €

Concello de Oia

Guía interactiva turística do concello

15.000,00 €

Concello do Vicedo

Dotación de pantallas dixitais na casa da cultura, oficina de turismo e Concello do Vicedo

15.000,00 €

Concello de Viveiro

Viveiro en dixital

15.000,00 €

Concello de Boiro

Desenvolvemento de códigos QR en recursos turísticos

6.534,00 €

Concello de Dumbría

Aplicación de realidade aumentada con xeoposicionamento para dixitalización e posta en valor dos recursos patrimoniais e turísticos do concello

15.000,00 €

Concello de Baiona

Baiona á beira do mar (guía interactiva turística)

15.000,00 €

Concello de Laxe

Aplicación en realidade aumentada con xeoposicionamento para dixitalización e posta en valor dos recursos patrimoniais e turísticos do concello

13.500,00 €

Concello de Catoira

Desenvolvemento da aplicación turística Catoira e as Torres de Oeste

13.394,70 €

Concello da Guarda

Transformación dixital da promoción turística da Guarda

11.434,50 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

Contidos dixitais para o museo de ferrocarril MUFEVI

13.495,50 €

Concello de Camariñas

Guía interactiva turística do Concello de Camariñas: proxecto de promoción turística e divulgación do patrimonio con mapas dixitais interactivos

15.000,00 €

Concello de Narón

Implantación de audioguías e códigos QR en paneis do Centro de interpretación dos Muíños Industriais

12.295,27 €

Concello de Sanxenxo

Guía interactiva turística dos sendeiros litorais de Sanxenxo

13.410,00 €

Concello de Muxía

Transición dixital. Muxía, destino turístico intelixente

15.000,00 €

Concello de Arteixo

Tótem de información turística no Concello de Arteixo

13.471,30 €

ANEXO III

Liña 3: transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo

Entidade beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención

Concello de Neda

Restauración de tramo do Camiño Inglés no núcleo histórico de Neda: rúas Real e Paraíso

39.467,28 €

Concello de Ribeira

Dotación aseos accesibles

50.000,00 €

Concello de Muros

Reposición da pasarela peonil de acceso ao Muíño das Mareas

50.000,00 €

Concello de Ares

Reforma de equipamentos para mellora de accesibilidade a recursos turísticos da antiga Escola Indiana do Lago e promoción da cultura e patrimonio indiano

46.649,17 €

Concello de Foz

Pasarela praia da Rapadoira

16.091,70 €

Concello de Boiro

Mellora de camiños existentes do parque da Cachada para favorecer a accesibilidade ao recurso turístico

50.000,00 €

Concello do Vicedo

Mellora e remodelación para dotar de accesibilidade o recurso turístico da praia de Xilloi

43.477,79 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

Instalación dun carreiro de pasos á Cruz de Xiabre

37.243,80 €

Concello da Guarda

Aseo público autolimpable na praza de San Benito

44.963,99 €

Concello de Noia

Ría accesible Noia: accesibilidade nas praias en Boa e Testal

49.500,01 €

Concello de Outes

Accesibilidade á praia de Broña

49.500,01 €

Concello de Sanxenxo

Mellora da accesibilidade no sendeiro litoral Magor-A Lanzada

43.538,22 €