Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37103

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro).

Logo de ver as solicitudes de subvencións destinadas ao equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas entidades locais de Galicia e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.

Tras finalizar a tramitación establecida nos artigos 7, 8, 9 e 10 da orde de convocatoria para as solicitudes presentadas, realizouse o procedemento de exame e valoración destas, consonte os criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas corresponde ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades segundo o establecido no artigo 16 da convocatoria.

En consecuencia, e atendendo á proposta de resolución definitiva elevada pola Dirección Xeral de Cultura a partir do informe da Comisión de Valoración creada ao abeiro do artigo 13 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Conceder as axudas sinaladas no anexo ás entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, por importe de 499.189,09 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432B.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

As entidades subvencionadas a que fai referencia esta resolución deberán acreditar a documentación xustificativa dos proxectos subvencionados antes do 30 de outubro do ano 2023, de acordo co establecido no artigo 22.1 da orde de convocatoria.

Cómpre notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Relación de entidades e proxectos subvencionados

Nº de expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2023-0003

Taboadela

P3208000D

Rehabilitación da Casa Reitoral de Taboadela, futura casa da cultura

28.500,00 €

2023-0005

Pazos de Borbén

P3603700J

Mellora de instalacións culturais 2023 Biblioteca Pública Municipal

1.710,96 €

2023-0012

Riotorto

P2705400F

Substitución de radiadores do centro sociocultural Biblioteca Pública Municipal

7.958,60 €

2023-0017

Soutomaior

P3605300G

Realización investimentos mellora Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane de Arcade

4.638,74 €

2023-0019

Covelo

P3601300A

Mellora do equipamento do Auditorio Municipal

2.652,28 €

2023-0030

Xinzo de Limia

P3203300C

Posta en funcionamento de sala na Biblioteca Pública Municipal

22.714,61 €

2023-0037

O Pino

P1506700B

Equipamento e mellora da Biblioteca Pública Municipal

11.423,69 €

2023-0040

Viveiro

P2706700H

Equipamento Biblioteca Pública Municipal

4.449,71 €

2023-0041

Bande

P3200700G

Equipamento Biblioteca Pública Municipal

8.683,93 €

2023-0043

Miño

P1504900J

Equipamento e iluminación centro social Biblioteca Pública Municipal

3.856,58 €

2023-0048

O Pereiro de Aguiar

P3205900H

Melloras da envolvente e nas instalacións, equipamento e mobiliario Biblioteca Pública Municipal

14.278,73 €

2023-0049

Xunqueira de Ambía

P3203700D

Mellora e equipamento do local cultural Escolas Vellas

27.000,00 €

2023-0050

Xunqueira de Espanedo

P3203800B

Adquisición de escenario Salón de Actos

3.143,52 €

2023-0051

O Vicedo

P2706400E

Mellora accesibilidade na Casa da Cultura do Vicedo

28.500,00 €

2023-0053

Dodro

P1503300D

Posta en funcionamento de biblioteca na Escola Avelino Abuín

1.858,74 €

2023-0055

Aranga

P1500300G

Equipamento Axencia de Lectura de Ponte Aranga

9.814,22 €

2023-0063

Oza-Cesuras

P1500029B

Reforma da envolvente da fachada da Escola de Música

34.344,00 €

2023-0064

Cerdedo-Cotobade

P3600048G

Mellora no centro cultural

28.531,74 €

2023-0065

Padrón

P1506600D

Mellora do equipamento da Biblioteca Pública Municipal

1.996,37 €

2023-0066

Valdoviño

P1508800H

Depósito para libros Biblioteca Pública Municipal

4.028,80 €

2023-0067

Alfoz

P2700200E

Melloras no Salón de Actos

8.263,86 €

2023-0068

Sober

P2705900E

Reforma do centro sociocultural

27.000,00 €

2023-0070

Sandiás

P3207800H

Actualización do sistema de cámaras do Centro de Interpretación

2.997,62 €

2023-0073

Corcubión

P1502800D

Equipamento Biblioteca Pública Municipal

6.373,77 €

2023-0075

Brión

P1501300F

Proxecto mellora da Biblioteca Pública Municipal

27.000,00 €

2023-0080

Portas

P3604000D

Melloras das instalacións da Casa da Cultura

27.000,00 €

2023-0084

Ames

P1500200I

Equipamento e implantación de medidas de seguridade na Casa da Cultura

6.033,07 €

2023-0091

Antas de Ulla

P2700300C

Dotación de equipos informáticos para a Biblioteca Pública Municipal

1.041,20 €

2023-0097

Mañón

P1504500H

Equipamento para Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón

3.543,63 €

2023-0099

O Barco de Valdeorras

P3201000A

Mellora e equipamento do teatro municipal Lauro Olmo

18.564,47 €

2023-0100

Laxe

P1504100G

Mellora da accesibilidade, acondicionamento e equipamento informático Biblioteca Pública Municipal

5.916,17 €

2023-0101

O Valadouro

P2706300G

Equipamento e mellora das instalacións do centro sociocultural

4.512,50 €

2023-0104

Ribadumia

P3604600A

Mellora das instalacións Casa da Cultura Biblioteca Pública Municipal

9.297,63 €

2023-0105

O Saviñao

P2705800G

Modernización da Biblioteca Pública Municipal

9.778,50 €

2023-0108

Ordes

P1506000G

Obras e mellora de equipamento na Biblioteca Pública Municipal

5.465,73 €

2023-0110

Rodeiro

P3604700I

Investimento en equipamento de son do Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares

1.140,01 €

2023-0112

Val do Dubra

P1508900F

Posta en funcionamento Local Cultural

28.500,00 €

2023-0113

A Laracha

P1504200E

Realización de investimentos para novas tecnoloxías na Biblioteca Pública Municipal

6.744,50 €

2023-0114

Ribas de Sil

P2705200J

Mellora dos locais culturais do Xeoparque Montañas do Courel

22.177,25 €

2023-0115

Ortigueira

P1506200C

Mellora do equipamento tecnolóxico da Biblioteca Pública Municipal

3.423,32 €

2023-0119

Vila de Cruces

P3605900D

Mellora accesibilidade con instalación e ascensor no Auditorio

24.330,64 €