Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo incluídas na oferta de emprego público dos anos 2020 e 2021.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 50, do 13.3.2015, e as súas rectificacións nos BOPPO, núm. 77, do 22.4.2016, e núm. 25, do 8.2.2021, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO, núm. 93, do 16.5.2023:

Persoal funcionario:

– Tres prazas de administrativo/a, encadradas dentro da escala da Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición, mediante o procedemento de promoción interna.

– Unha praza de administrativo/a, encadrada dentro da escala da Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición, quenda libre.

– Unha praza de auxiliar da Administración xeral, a tempo parcial (reservada a persoas que teñan recoñecida a condición legal de persoa con diversidade funcional), encadrada dentro da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición, quenda libre.

– Tres prazas de ordenanza (unha praza reservada a persoas que teñan recoñecida a condición legal de persoa con diversidade funcional), equiparadas a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), encadradas dentro da escala da Administración xeral, subescala subalterna, polo sistema de oposición, quenda libre.

Persoal laboral fixo:

– Unha praza de operario/a de servizos varios, equiparada a outras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública (disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público), categoría de operario/a, polo sistema de oposición, quenda libre.

Redondela, 16 de maio de 2023

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa