Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37526

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de promoción interna horizontal de setenta e nove (79) postos de traballo de persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 111, do 9 de xuño de 2023, publicáronse as bases da convocatoria de promoción interna horizontal de setenta e nove (79) postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra.

O número de prazas e a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

– Unha praza de técnico/a da Administración xeral, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1.

– Unha praza de arquiveiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1.

– Unha praza de bibliotecario/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1.

– Catro prazas de conservador/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1.

– Unha praza de coordinador/a publicacións, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1.

– Unha praza de técnico/a superior exposicións e actividades culturais, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, integrada no grupo A1.

– Unha praza de técnico/a de deseño e imaxe, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Unha praza de axudante/a biblioteca, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Unha praza de axudante/a conservación arquivo gráfico, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Unha praza de axudante/a educación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Unha praza de axudante/a arquivo documental, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Tres prazas de conservador/restaurador, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Catro prazas de técnico/a medio de turismo, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2.

– Tres prazas de administrativo/a da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, integrada no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a auxiliar teclista, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integrada no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a auxiliar maquinista offset, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1.

– Dúas prazas de técnico/a auxiliar informático/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integradas no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a auxiliar de programación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integrada no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a auxiliar de sistemas, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integrada no grupo C1.

– Sete prazas de técnico/a auxiliar de educación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integradas no grupo C1.

– Unha praza de técnico/a auxiliar pasador/a de ferro retocador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar, integrada no grupo C1.

– Catro prazas de administrativo/a rama tributaria, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1.

– Vinte e unha prazas de auxiliar da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2.

– Unha praza de oficial/la de montaxe, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2.

– Unha praza de auxiliar de comunicación, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, integrada no grupo C2.

– Cinco prazas de oficial/la de servizos xerais e subalternos, encadradas na escala da Administración xeral, subescala subalterna, integradas no grupo C2.

– Unha praza de limpador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E.

– Oito prazas de subalterno de oficios varios, encadradas na escala da Administración xeral, subescala subalterna, integradas no grupo E.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Pontevedra, 9 de xuño de 2023

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL