Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37529

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2023, reservadas a promoción interna (CPI2023M).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 111, do 9 de xuño de 2023, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2023, reservadas a promoción interna (CPI2023M).

O número de prazas e a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

– Tres prazas de técnica/o de laboratorio, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integradas no grupo A1, polo sistema de concurso-oposición.

– Unha praza de técnica/o media/o de xestión tributaria, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

– Tres prazas de administrativa/o de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, unha delas reservada a persoas con discapacidade.

– Seis prazas de administrativa/o, rama tributaria, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición.

– Seis prazas de vixilante de residuos, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación, será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Pontevedra, 9 de xuño de 2023

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL