Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37948

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio da convocatoria de promoción interna horizontal de setenta e nove (79) postos de traballo de persoal laboral fixo.

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 113 do xoves, 15 de xuño de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37528, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.».