Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37946

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de convocatoria do concurso de méritos para a provisión de postos de traballo.

Número de expediente: 2023/02 ps (referencia: 2023000010).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 94, do 18 de maio de 2023, publicouse o anuncio das bases e a convocatoria do concurso de méritos para a provisión dos seguintes postos de traballo no Concello de Nigrán:

1. Postos vacantes.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Secretaría e Administración Xeral.

Unidade: Unidade Central.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Secretaría e Administración Xeral.

Unidade: Unidade de Información e Rexistro.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Servizos Económicos.

Unidade: Unidade de Intervención.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Urbanismo.

Unidade: Unidade Administrativa.

2. Postos a resultas.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Secretaría e Administración Xeral.

Unidade: Servizos Xerais.

Denominación: administrativo/a-xefe/a de negociado.

Departamento: Departamento de Tesouraría.

Unidade: Tesouraría e Recadación.

As bases estarán expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello: http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=10806402

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nigrán, 19 de maio de 2023

Juan Antonio González Pérez
Alcalde