Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO do proceso de selección de dúas vacantes de conserxe.

Mediante a Resolución da Alcaldía 491/2023, do 11 de maio, nomeouse a Pedro Antonio Prieto Seijas, con DNI ***0696**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de conserxe, pertencente á escala da Administración xeral, subescala subalterna, incluída na OEP de 2021.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.

Así mesmo, declarouse deserto o proceso de selección para a cobertura en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira dunha praza pertencente á escala da Administración xeral/especial, subescala subalterna/servizos especiais, clase de persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na OEP de 2021.

Fene, 19 de maio de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde