Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38251

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se aproba a convocatoria da consulta preliminar ao mercado no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde.

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, como órgano de contratación, vista a documentación do Plan de innovación sanitaria Precisaúde,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar os seguintes documentos que integran a convocatoria á consulta preliminar ao mercado, conforme o artigo 115 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde, nos cales se establecen as condicións que deben rexer o dito procedemento:

• Bases da convocatoria.

• Anexo I. Descrición de necesidades non cubertas.

• Anexo II. Formulario para o envío de propostas.

• Anexo III. Declaracións asociadas ao anexo II.

• Anexo IV. Formulario para a identificación de capacidades e colaboracións.

Segundo. Dispoñer a apertura da consulta preliminar do mercado no marco do Plan de innovación sanitaria Precisaúde.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos