Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38237

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2023 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo uso de modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación, programa iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, este ano renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, pois a persoa participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, esta modalidade permite achegar as actividades da Escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquelas que, por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, non poden optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.

Polo demais, o programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, mediante a oferta dun amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribírense na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos procesos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2023 da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Contidos das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. As actividades

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

ANEXO I

Código

Curso

Horas

Prazas

AF23001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

20

200

AF23002

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

20

200

AF23003

A protección do menor ante os medios de comunicación

30

200

AF23004

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

30

200

AF23005

A transformación e evolución do emprego público desde a Lei 2/2015

20

200

AF23006

A xurisdición contencioso-administrativa

25

200

AF23007

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

30

200

AF23008

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

50

200

AF23009

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)

50

200

AF23010

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

200

AF23011

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)

50

200

AF23012

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

30

200

AF23013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)

30

200

AF23014

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

30

200

AF23015

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)

30

200

AF23016

Aproximación á violencia de xénero

30

200

AF23017

Básico de protocolo e organización de eventos

20

200

AF23018

Básico de subvencións e normativa aplicable

30

200

AF23019

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

20

200

AF23020

Básico en prevención de riscos laborais

50

200

AF23021

Cambio e motivación nas organizacións

15

200

AF23022

Contratación estratéxica

35

200

AF23023

Correo electrónico corporativo

12

200

AF23024

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

20

200

AF23025

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

30

200

AF23026

Dixitalización de documentos

25

200

AF23027

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

20

200

AF23028

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

20

200

AF23029

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

18

200

AF23030

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

30

200

AF23031

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

24

200

AF23032

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

30

200

AF23033

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

20

200

AF23034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

25

200

AF23035

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia

25

200

AF23036

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

25

200

AF23037

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia

25

200

AF23038

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

25

200

AF23039

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

25

200

AF23040

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

20

200

AF23041

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

30

200

AF23042

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

20

200

AF23043

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

25

200

AF23044

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral

20

200

AF23045

Organización e simplificación do traballo administrativo

12

200

AF23046

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación

20

200

AF23047

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

30

200

AF23048

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

15

200

AF23049

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

20

200

AF23050

Prevención e xestión de conflitos

25

200

AF23051

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público

25

200

AF23052

Revisión dos actos en vía administrativa

25

200

AF23053

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

15

200

AF23054

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)

30

200

AF23055

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)

30

200

AF23056

Técnicas efectivas para preparar presentacións

20

200

AF23057

Técnicas elementais de arquivos

25

200

AF23058

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

15

200

AF23059

Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica

30

200

AF23060

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

200

AF23061

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

200

AF23062

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica

25

200

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 28 de decembro de 2023.

Os/as participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 y 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 h).

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual>.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

ANEXO II

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. Participación nas probas

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que non estea en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:

Código

Curso

Horas

Prazas

Data e hora exame

AF23001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

20

200

14.11.2023 17.00

AF23002

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación

20

200

18.12.2023 19.30

AF23003

A protección do menor ante os medios de comunicación-Proba de avaliación

30

200

12.12.2023 19.30

AF23004

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Proba de avaliación

30

200

20.12.2023 16.30

AF23005

A transformación e evolución do emprego público desde a Lei 2/2015-Proba de avaliación

20

200

14.11.2023 20.00

AF23006

A xurisdición contencioso-administrativa-Proba de avaliación

25

200

5.12.2023 16.30

AF23007

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia-Proba de avaliación

30

200

4.12.2023 19.30

AF23008

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Proba de avaliación

50

200

13.12.2023 16.30

AF23009

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

50

200

13.12.2023 17.30

AF23010

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

50

200

12.12.2023 16.30

AF23011

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

50

200

12.12.2023 17.30

AF23012

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

30

200

11.12.2023 16.30

AF23013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

30

200

11.12.2023 17.30

AF23014

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Proba de avaliación

30

200

14.12.2023 16.30

AF23015

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

30

200

14.12.2023 17.30

AF23016

Aproximación á violencia de xénero-Proba de avaliación

30

200

20.11.2023 20.00

AF23017

Básico de protocolo e organización de eventos-Proba de avaliación

20

200

11.12.2023 19.30

AF23018

Básico de subvencións e normativa aplicable-Proba de avaliación

30

200

23.11.2023 18.00

AF23019

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero-Proba de avaliación

20

200

20.11.2023 19.30

AF23020

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

50

200

17.11.2023 17.00

AF23021

Cambio e motivación nas organizacións-Proba de avaliación

15

200

19.12.2023 19.30

AF23022

Contratación estratéxica-Proba de avaliación

35

200

11.12.2023 18.30

AF23023

Correo electrónico corporativo-Proba de avaliación

12

200

13.12.2023 19.30

AF23024

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Proba de avaliación

20

200

14.11.2023 18.00

AF23025

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Proba de avaliación

30

200

5.12.2023 18.30

AF23026

Dixitalización de documentos-Proba de avaliación

25

200

20.12.2023 19.30

AF23027

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas-Proba da avaliación

20

200

17.11.2023 19.00

AF23028

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero-Proba de avaliación

20

200

13.11.2023 17.00

AF23029

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Proba de avaliación

18

200

21.12.2023 18.30

AF23030

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Proba de avaliación

30

200

13.11.2023 19.00

AF23031

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Proba da avaliación

24

200

13.12.2023 18.30

AF23032

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Proba de avaliación

30

200

4.12.2023 18.30

AF23033

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Proba de avaliación

20

200

20.11.2023 18.00

AF23034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

25

200

23.11.2023 17.00

AF23035

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-Proba de avaliación

25

200

19.12.2023 17.30

AF23036

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

25

200

20.11.2023 17.00

AF23037

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia-Proba de avaliación

25

200

20.12.2023 17.30

AF23038

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia-Proba de avaliación

25

200

19.12.2023 18.30

AF23039

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia-Proba de avaliación

25

200

14.12.2023 19.30

AF23040

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social-Proba de avaliación

20

200

17.11.2023 20.00

AF23041

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Proba de avaliación

30

200

23.11.2023 20.00

AF23042

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais-Proba de avaliación

20

200

12.12.2023 18.30

AF23043

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Proba de avaliación

25

200

18.12.2023 18.30

AF23044

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Proba de avaliación

20

200

21.12.2023 17.30

AF23045

Organización e simplificación do traballo administrativo-Proba de avaliación

12

200

21.12.2023 19.30

AF23046

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación-Proba de avaliación

20

200

5.12.2023 17.30

AF23047

Prestacións da seguridade social e cotizacións-Proba de avaliación

30

200

18.12.2023 17.30

AF23048

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Proba de avaliación

15

200

15.12.2023 19.30

AF23049

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Proba de avaliación

20

200

4.12.2023 17.30

AF23050

Prevención e xestión de conflitos-Proba de avaliación

25

200

17.11.2023 18.00

AF23051

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Proba da avaliación

25

200

20.12.2023 18.30

AF23052

Revisión dos actos en vía administrativa-Proba de avaliación

25

200

4.12.2023 16.30

AF23053

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Proba de avaliación

15

200

23.11.2023 19.00

AF23054

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)-Proba de avaliación

30

200

15.12.2023 17.30

AF23055

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)-Proba de avaliación

30

200

15.12.2023 16.30

AF23056

Técnicas efectivas para preparar presentacións-Proba de avaliación

20

200

15.12.2023 18.30

AF23057

Técnicas elementais de arquivos-Proba de avaliación

25

200

14.12.2023 18.30

AF23058

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

15

200

14.11.2023 19.00

AF23059

Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Proba de avaliación

30

200

21.12.2023 16.30

AF23060

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

50

200

18.12.2023 16.30

AF23061

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

50

200

19.12.2023 16.30

AF23062

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica-Proba de avaliación

25

200

5.12.2023 19.30

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2023.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade, ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (9.00 a 14.00 h).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente, incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto nos criterios de participación nas actividades de formación da EGAP.

2. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2023 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra V.

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas e excluídas para participar na dita proba, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas na proba. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación dun mes con respecto á data da proba de avaliación. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

3. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

4. As persoas seleccionadas que non realicen as probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Décima. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de toda a información no enderezo <https://egap.xunta.gal>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.