Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38863

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

A Resolución do 25 de abril de 2023 (DOG núm. 84, do 3 de maio) aproba e fai públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, convocadas polo sistema de concurso-oposición.

A Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) nomea o tribunal para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do departamento de servizos (grupo II).

En sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2023, o tribunal, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Aprobar as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, tendo en conta que os exames non se realizarán antes da primeira quincena de outubro, ao proceso selectivo extraordinario para o ingreso nos grupos e categorías seguintes:

– Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I).

– Profesor/a do departamento de servizos (grupo II).

As listas definitivas completas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran no anexo I e tamén se poderán consultar no taboleiro de anuncios do portal web corporativo https://www.turismo.gal/espazo-institucional

Consonte o disposto no punto I.4.2 das bases da convocatoria, o feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando, da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

A Axencia de Turismo de Galicia devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listas, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas. Para iso será necesaria a presentación dun escrito dirixido á Dirección da Axencia de Turismo de Galicia no cal se solicite a devolución e se indique un número de conta bancaria para o seu aboamento. A presentación deste escrito fóra de prazo ou a non inclusión dos datos bancarios solicitados suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado. Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante o presidente do tribunal, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal

ANEXO I

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas, segundo grupo e categoría, é a seguinte:

Admitidos/as. Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1

***9945**

Beiro

Sanromán

Patricia María

2

***9086**

Midón

De la Fuente

Lía

3

***4695**

Marcos

Cardo

Elena

Admitidos/as. Profesor/a do departamento de servizos (grupo II)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1

***0713**

Tasende

Cotelo

Patricia

2

***6596**

Lis

Prieto

Rocío

3

***1570**

Gómez

Leiras

Ana Isabel

4

***8254**

De Toro

Santos

Óscar Santiago

A lista provisional de persoas aspirantes excluídas, segundo grupo e categoría, é a seguinte:

Excluídos/as. Profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I)

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Causa

***9135**

De la Fuente

Cid

Ricardo

1, 2, 4, 6

ANEXO II

Causas

Concepto

Observacións

1

Titulación exixida

Punto I.2.3

2

Coñecemento da lingua galega

Punto I.2.4

3

Persoal fixo

Punto I.2.8

4

Aboamento ou motivo de exención do pagamento da taxa

Punto I.3.1

5

Solicitude fóra de prazo

Punto I.3.2

6

Non se acredita a praza a que se presenta

Bases convocatoria