Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38818

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN421W).

Os programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos regúlanse polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, e foron convocados pola Resolución do Inega do 29 de setembro de 2021, publicada no DOG núm. 193, do 6 de outubro.

A dita resolución foi modificada pola Resolución do 9 de febreiro de 2022, co obxectivo de adaptarse aos requisitos exixidos nas ordes HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 234, do 30 de setembro).

O Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, distribuíu o orzamento segundo o sinalado no seu anexo V, sen prexuízo da posibilidade de ampliación. A Comunidade Autónoma de Galicia solicitou a ampliación orzamentaria que foi concedida mediante Resolución do 10 de xuño de 2022 da presidenta da E.P.E Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, M. P. (IDAE), ditándose Resolución do 21 de xullo de 2022 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), pola que se aproba a ampliación e redistribución do crédito orzamentario establecido na Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do programa de incentivos 1, 2 e 3.

Posteriormente, á vista das solicitudes presentadas no ámbito do compoñente 8 para cada programa, observouse a necesidade de solicitar ao IDAE unha redistribución do dito compoñente entre os diferentes programas, sendo esta autorizada.

En virtude de todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados aos programas de incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos modificando os puntos 1 e 2 do artigo 4 da Resolución do 29 de setembro de 2021, que quedará redactado do seguinte xeito:

«1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiarase con fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 35.606.908 euros.

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Importe total (€)

294.960,71

30.143.783,49

5.168.163,80

35.606.908,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.770.7, 06.A3.733A.781.7, 06.A3.733A.740.0 e 06.A3.733A.760.8.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Estrutura por programas.

Tipo de actuación

Distribución por tecnoloxía

Orzamento tras a ampliación (€)

Orzamento total tras a redistribución por compoñentes (€)

Programa de incentivos 1

Fotovoltaica

10.912.473

10.017.093,00

Programa de incentivos 1

Eólica

279.807,00

279.807,00

Programa de incentivos 2

Fotovoltaica

22.633.156,65

22.110.670,60

Programa de incentivos 2

Eólica

580.337,35

580.337,35

Programa de incentivos 3

Almacenamento

5.208.462,00

2.619.000,00

Estrutura por compoñentes.

Tipo de actuación

Compoñente

Orzamento ampliado

Programa de incentivos 1

Compoñente 7

9.093.727,50

10.296.900,00

Solar

Compoñente 8

923.365,50

Programa de incentivos 1

Compoñente 7

233.172,50

Eólica

Compoñente 8

46.634,50

Programa de incentivos 2

Compoñente 7

19.570.207,80

22.691.008,00

Solar

Compoñente 8

2.540.462,85

Programa de incentivos 2

Compoñente 7

501.800,20

Eólica

Compoñente 8

78.537,15

Programa de incentivos 3

Compoñente 8

5.208.462,00

2.619.000,00

Esta repartición orzamentaria non poderá modificarse entre programas nin entre as categorías de autoconsumo renovable ou almacenamento, sen prexuízo das ampliacións do orzamento que poderían acordarse para cada programa ou categoría, segundo o disposto no artigo 10.10 das bases reguladoras.

Non obstante, dentro de cada programa, poderán redistribuírse os orzamentos por tecnoloxía renovable (recollidos nas táboas anteriores) pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse a evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes».

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos nos artigos 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia