Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39119

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023 pola que se convoca o IX Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: mundo dixital e reformas de 2021.

Conforme os fins que a Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, lle asigna á Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), e financiado pola Axencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia e Innovación) e a Unión Europea para o proxecto PID2021-126422OB-I00 (AEI/Feder, UE), anúnciase a convocatoria do IX Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: mundo dixital e reformas de 2021.

1. Datos da actividade.

Denominación: congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: mundo dixital e reformas de 2021.

Tipo: xornada.

Horas lectivas: 16.00 horas.

Modalidade: presencial.

Datas: 6 e 7 de xullo de 2023.

2. Persoas destinatarias.

Persoal das forzas e corpos de seguridade, xudicatura, Ministerio Fiscal, universidades e demais persoal interesado.

Prazas ofertadas: sen límite.

Programa:

• 6 de xullo de 2023.

9.15-9.30 h. Inauguración.

Sección profesional, financeira, administrativa, económica, constitucional, comparada e tecnolóxica.

9.30-10.00 h. Os dereitos a ter un avogado e a non declararse culpable na lexislación española sobre branqueo e na Directiva 2018/1673.

10.00-10.30 h. A viabilidade reclamada pola Directiva 2018/1673 de novas normas comúns sobre o comiso.

10.30 -11.00 h. Limitación de pagamentos en efectivo da Lei 11/2021, do 9 de xullo, na loita contra a fraude fiscal e o branqueo.

11.00-11.30 h. Mundo dixital, delito fiscal e branqueo.

11.30-11.45 h. Descanso.

11.45-12.15 h. Novos suxeitos obrigados pola normativa de prevención do Real decreto lei 7/2021, do 27 de abril.

12.15-12.45 h. Criptoactivos e branqueo.

12.45-13.15 h. Estatísticas sobre a aplicación da normativa administrativa de prevención do branqueo en España da Lei de 2010 e a súa reforma de 2021.

13.15-13.45 h. Novo modelo de identificación da titularidade real do Real decreto lei 7/2021 e adaptación á Directiva 2018/843 dos sistemas automatizados de bases de datos centralizadas de contas.

13.45-14.15 h. Adaptación polo Real decreto lei 7/2021 do tratamento de datos persoais á Directiva 2018/843.

16.00-17.00 h. Comunicacións.

17.00-17.30 h. Evidencia dixital e branqueo de diñeiro.

17.30-18.00 h. O proxecto arxentino de reforma da lexislación preventiva e represiva do branqueo de diñeiro.

18.00-18.30 h. O risco de branqueo para as profesións xurídicas.

18.30-18.45 h. Descanso.

18.45-19.15 h. A detección do branqueo no mundo dixital e as novas tecnoloxías para facilitar o cumprimento da normativa de prevención.

19.15-19.45 h. Os feitos previos do branqueo, con especial consideración á ciberdelincuencia, e os delitos antecedentes na Directiva 2018/1673.

• 7 de xullo de 2023.

Sección penal.

9.30-10.00 h. Análise da incidencia no mundo dixital da COVID-19 e o branqueo.

10.00-10.30 h. O autobranqueo no Código penal español e a exixencia dun dano adicional ao abeiro da Directiva 2018/1673.

10.30-11.00 h. Os bens, documentos e instrumentos xurídicos electrónicos ou dixitais como obxecto material do branqueo na Directiva 2018/1673.

11.00-11.30 h. Os asesores fiscais e os avogados como suxeitos activos do delito de branqueo en Alemaña tras a reforma de 2021.

11.30-12.00 h. Descanso.

12.00-12.30 h. Tipos agravados de branqueo de diñeiro procedente da trata, prostitución e explotación sexual, delitos contra os cidadáns estranxeiros e corrupción de menores, introducidos pola Lei orgánica 6/2021.

12.30-13.00 h. O novo tipo agravado de branqueo de diñeiro procedente da corrupción nos negocios.

13.00-13.30 h. Análise estatística do volume e evolución do delito de branqueo en España ata 2023.

16.00-17.00 h. Comunicacións.

17.00-17.30 h. A resposta penal ao branqueo de diñeiro cometido por medios informáticos.

17.30-18.00 h. As penas previstas para as persoas xurídicas en España e as sancións da Directiva 2018/1673.

18.00-18.15 h. Descanso.

18.15-18.45 h. A responsabilidade criminal das persoas xurídicas no Código penal español e a Directiva 2018/1673.

18.45-19.15 h. O tipo agravado de branqueo no exercicio profesional da Lei orgánica 6/2021.

19.15-19.30 h. Conclusións da primeira sección do Congreso.

19.30-19.45 h. Conclusións da segunda sección do Congreso.

3. Solicitudes de inscrición.

a) O persoal que desexe inscribirse no congreso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á súa exclusión automática, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso ou xornada durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar a selección, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 5 de xullo de 2023.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) O formulario de solicitude a que se refire a base anterior deberá ser cuberto pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, dispoñible no enderezo da internet http://agasp.xunta.gal

b) Para cubrir correctamente o formulario de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) O formulario de solicitude poderá ser cuberto ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

A Agasp publicará diariamente a listaxe de persoas admitidas desde o día 5 de xullo de 2023 no sitio web: agasp.xunta.gal

Obrigas das persoas admitidas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comuniquen a súa imposibilidade de asistencia con 48 horas como mínimo de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp a través do correo electrónico ao enderezo formacion.agasp@xunta.gal

En caso contrario, serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen para as cales reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Datas: 6 e 7 de xullo de 2023.

Horario: das 9.15 ás 19.45 horas.

6. Dereitos e deberes das persoas participantes.

Durante o desenvolvemento da actividade ás persoas participantes seranlle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado mediante a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 16 de xuño de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director da Academia Galega de Seguridade Pública